O IES Xu­lián Ma­ga­ri­ños con­ver­teu­se nun cen­tro de re­fe­ren­cia

Ob­tén bos re­sul­ta­dos aca­dé­mi­cos e desen­vol­ve múl­ti­ples ac­ti­vi­da­des

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Educación - ADELINO PO­SE Adelino Po­se Reino é o di­rec­tor do IES Xu­lián Ma­ga­ri­ños

O IES Xu­lián Ma­ga­ri­ños sem­pre se ca­rac­te­ri­zou po­lo seu ni­vel e ca­li­da­de de en­sino. Du­ran­te es­te cur­so 2016–2017 ob­ti­vé­ron­se ta­mén moi bos re­sul­ta­dos aca­dé­mi­cos. Un exem­plo de­mós­trao a por­cen­ta­xe al­ta de alum­na­do que se pre­sen­tou á nova Ava­lia­ción de Ba­cha­re­la­to pa­ra o Ac­ce­so á Uni­ver­si­da­de (ABAU), cun 100% de apro­ba­dos. Así, a co­mar­ca bar­ca­le­sa dis­po­rá de 37 no­vos es­tu­dan­tes uni­ver­si­ta­rios ou de es­tu­dos avan­za­dos, na li­ña dos cur­sos an­te­rio­res. Ta­mén nas pro­bas de ac­ce­so a ci­clos me­dio e su­pe­rior, as cua­li­fi­ca­cións fo­ron moi acep­ta­bles.

Par­ti­ci­pa­mos en gran nú­me­ro de pro­gra­mas e pro­xec­tos. En­tre eles, po­de­mos des­ta­car: o Plan de For­ma­ción Con­ti­nua do Pro­fe­so­ra­do, con dous iti­ne­ra­rios de con­vi­ven­cia e bi­blio­te­ca; e o con­tra­to-pro­gra­ma, con ca­tro li­ñas, en­tre elas a de me­llo­ra da con­vi­ven­cia no cen­tro. Co­la­bo­ra­mos ade­mais na or­ga­ni­za­ción dos quin­tos En­con­tros de Cen- tros pa­ra un­ha Con­vi­ven­cia Po­si­ti­va, no ám­bi­to ga­le­go.

No mar­co do Plan Pro­xec­ta in­cluíu­se a ac­ti­vi­da­de do Par­la­men­to Xo­ve, on­de o no­so alum­na­do aca­dou pre­mios in­di­vi­duais e co­lec­ti­vos. Vol­ve­mos ale­dar­nos cos re­sul­ta­dos do Club de De­ba­te, por ser­mos un ano máis ga­ña­do­res na fa­se co­mar­cal, e na fi­nal de Ga­li­cia. E na Olim­pía­da Ma­te­má­ti­ca de se­gun­do de Se­cun­da­ria, un­ha alum­na re­sul­tou cla­si­fi­ca­da pa­ra a fa­se es­ta­tal, ce­le­bra­da re­cen­te­men­te en Va­lla­do­lid.

Den­tro da gran can­ti­da­de de ac­ti­vi­da­des complementarias e ex­tra­es­co­la­res que se desen­vol­ve­ron es­te cur­so, te­mos as cin­co vi­si­tas di­dác­ti­cas: Gre­cia; Por­tu­gal; Pa­rís; Lon­dres e Du­blín. Po­de­mos di­cir que o no­so alum­na­do se sen­te eu­ro­peo, sen per­der as súas raí­ces ga­le­gas. Con­ti­nua­mos un ano máis coa ex­cur­sión fin de ci­clo que se rea­li­za, por par­te do alum­na­do de cuar­to de ESO, a As­tu­rias e a Can­ta­bria. E po­de­ría­mos ci­tar os múl­ti­ples cur­sos, char­las, co­lo­quios, via­xes e ex­po­si­cións ( Lu­ces de alén mar —so­bre as es­co­las da emi­gra­ción—, Ro­sa­lía de Cas­tro, Día da Mu­ller, ac­ti­vi­da­des das Le­tras Ga­le­gas...), a edi­ción di­xi­tal da re­vis­ta, ou­tra con­vo­ca­to­ria do premio cien­tí­fi­co anual, as ac­ti­vi­da­des no­vi­do­sas en Co­mer­cio, De­bu­xo, Bio­lo­xía, Tec­no­lo­xía... e a ela­bo­ra­ción do li­bro Xen­te e Te­rra de Bar­ca

la po­lo alum­na­do de pri­mei­ro e se­gun­do de Ba­cha­re­la­to, no que nos van con­tar his­to­rias das pa­rro­quias da no­sa co­mar­ca, cun­ha es­cri­ta xu­ve­nil.

Con­gre­so de en­si­nan­tes

Tam­pou­co que­ro es­que­cer as da­tas do pa­sa­do mes de no­vem­bro, can­do o no­so ins­ti­tu­to aco­lleu o XXIX Con­gre­so de En­si­nan­tes de Cien­cias de Ga­li­cia, que trou­xo á vi­la, a va­rios cen­tos de pro­fe­sio­nais na ma­te­ria. Pa­ré­ce­me que foi a se­gun­da oca­sión en que o no­so po­bo foi se­de dun con­gre­so aca­dé­mi­co des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas, se nos lem­bra­mos do de­di­ca­do ó cen­te­na­rio do es­cri­tor Xu­lián Ma­ga­ri­ños, ce­le­bra­do en se­tem­bro de 2004. Eo X Con­gre­so da Aso­cia­ción de Di­rec­to­res e Di­rec­ti­vos de Ga­li­cia, ce­le­bra­do no Mu­seo Pe­da­gó­xi­co Ga­le­go (Mu­pe­ga), que se­rá o úl­ti­mo or­ga­ni­za­do po­lo equi­po en­ca­be­za­do po­lo di­rec­tor do cen­tro, co­mo pre­si­den­te da aso­cia­ción, des­pois de oi­to anos ne­sa pre­si­den­cia.

Es­pe­ra­mos se­guir no mes­mo ca­mi­ño pa­ra o cur­so 2017-2018, me­llo­ran­do no que se poi­da. E iso a pe­sar dos cam­bios que te­re­mos no per­soal, po­lo pro­fe­so­ra­do que se tras­la­da ou que se xu­bi­la. Nes­te sen­ti­do, e sen des­me­re­cer o tra­ba­llo rea­li­za­do por to­do es­te con­xun­to do­cen­te du­ran­te es­tes cur­sos, en­ten­do que nos toca ares­to­ra re­sal­tar o la­bor tan en­tre­ga­do e po­si­ti­vo da orien­ta­do­ra, Be­go­ña Cor­tés, e do xe­fe de es­tu­dos, Ci­priano Nú­ñez, que tra­ba­lla­ron moi es­trei­ta­men­te coa di­rec­ción pa­ra lo­grar que o no­so Ins­ti­tu­to se­xa cen­tro de re­fe­ren­cia. Que­ro aquí fa­cer pú­bli­co o meu agra­de­ce­men­to máis pro­fun­do e os meus me­llo­res desexos nas no­vas eta­pas que am­bos co­me­zan.

Alum­nos do Club de De­ba­te do IES Xu­lián Ma­ga­ri­ños ga­ña­ron por se­gun­do ano a fa­se ga­le­ga

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.