O fu­tu­ro de­pen­de de nós

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Sabor -

A im­por­tan­cia do sec­tor lác­teo en Ga­li­cia é un­ha evi­den­cia des­ta­ca­la. Des­de o pun­to de vis­ta eco­nó­mi­co re­pre­sen­ta ci­fras se­me­llan­tes aos sec­to­res da pes­ca, da ma­dei­ra e do téx­til, e ca­se tan­to como o do au­to­mó­bil, pe­ro coa par­ti­cu­la­ri­da­de de que ten un­ha im­por­tan­cia es­tra­té­xi­ca na or­de­na­ción do te­rri­to­rio, na con­ser­va­ción da pai­sa­xe e no man­te­men­to dos equi­li­brios me­dioam­bien­tais.

Foi un sec­tor moi in­ter­vi­do po­la po­lí­ti­ca co­mu­ni­ta­ria cun ré­xi­me de co­tas que re­ma­tou no 2015 e que pro­vo­cou un­ha cri­se non pre­vis­ta, lon­xe da ate­rra­xe sua­ve que se pre­ten­día: a pro­du­ción au­men­tou a ni­vel mun­dial, os pre­zos bai­xa­ron e por pri­mei­ra vez en Ga­li­cia dei­xou de au­men­tar a pro­du­ción o que po­de ser sín­to­ma dun­ha cer­ta des­lo­ca­li­za­ción.

Des­pois da cri­se de pre­zos, es­tes re­cu­pe­rá­ron­se ace­le­ra­da­men­te po­lo al­to pre­zo al­can­za­do po­la man­tei­ga mo­ti­va­do po­lo des­cré­di­to das gra­xas ve­xe­tais. No en­tan­to, ob­ser­va­mos como es­ta suba non se tras­la­da nas mes­mas mag­ni­tu­des aos pro­du­to­res en Es­pa­ña, e so­bre todo en Ga­li­cia, on­de os di­fe­ren­ciais son de es­cán­da­lo con res­pec­to aos prin­ci­pais paí­ses pro­du­to­res. A ex­pli­ca­ción dis­to po­de ato­par­se na de­bi­li­da­de in­dus­trial que nos ca­rac­te­ri­za e nun pa­que­te lác­teo de­ma­sia­do rí­xi­do, on­de os gan­dei­ros non te­ñen nin­gun­ha po­si­bi­li­da­de de ne­go­cia­ción. En cal­que­ra ca­so, os pre­zos ac­tuais do lei­te e os dos in­su­mos, per­mi­ten aos gan­dei­ros un­ha si­tua­ción de cer­ta tran­qui­li­da­de no cur­to pra­zo, pe­ro is­to non de­be ser­vir pa­ra es­que­cer que hai grandes amea­zas la­ten­tes. A si­tua­ción é moi com­ple­xa e ten mu­da­do moi­to. Des­de que en­tra­mos na UE hou­bo un­ha re­con­ver­sión ace­le­ra­da que nos le­vou das 100.000 ex­plo­ta­cións ás 8.000 ac­tuais, das ca­les me­nos de 3.000 pro­du­cen máis do 80%. As in­dus­trias vi­vi­ron nun cer­to pa­raí­so sen com­pe­ten­cia ex­ter­na e o sec­tor ti­ña moi­to pe­so po­lí­ti­co po­la ele­va­da po- boa­ción ru­ral.

As es­tru­tu­ras aso­cia­ti­vas, sin­di­ca­tos e coope­ra­ti­vas que ho­xe per­ma­ne­cen, fo­ron con­ci­bi­das pa­ra aque­la si­tua­ción e xa non re­pre­sen­tan ben aos ac­to­res ac­tuais, que tam­pou­co crea­ron ou­tras máis axei­ta­das. Moi­tas in­dus­trias des­apa­re­ce­ron ou fo­ron com­pra­das por ou­tras fo­rá­neas, con pou­co ape­go ao país, e que en lu­gar de asu­mir a súa res­pon­sa­bi­li­da­de pa­ra or­de­nar a ca­dea lác­tea, pre­fi­ren es­pe­rar a que os seus com­pe­ti­do­res lles vaia peor pa­ra ocu­par eses es­pa­zos. Por ou­tra ban­da as or­ga­ni­za­ción in­ter­pro­fe­sio­nais e as ad­mi­nis­tra­cións se­guen sen in­ter­lo­cu­to­res, men­tres que a dis­tri­bu­ción con­ti­núa em­pre­gan­do o lei­te como pro­du­to re­cla­mo, tras­pa­san­do va­lor des­te ca­ra a ou­tros sec­to­res.

En de­fi­ni­ti­va, te­mos un sec­tor po­ten­te, moi des­equi­li­bra­do e cheo de amea­zas e opor­tu­ni­da­des. Te­mos un­ha pro­du­ción exi­to­sa con ma­te­rias pen­den­tes como a de au­men­tar a súa ba­se te­rri­to­rial, a de man­ter o re­le­vo xe­ra­cio­nal, ou a de do­tar­se de or­ga­ni­za­cións re­pre­sen­ta­ti­vas pa­ra a de­fen­sa do seu. A de­bi­li­da­de in­dus­trial é evi­den­te e a ver­te­bra­ción da ca­dea dei­xa moi­to que desexar, po­lo que nes­te con­tex­to re­sul­ta im­pres- cin­di­ble ela­bo­rar un­ha es­tra­te­xia on­de ca­da quen asu­ma as súas res­pon­sa­bi­li­da­des e com­pro­mi­sos.

A si­tua­ción non é boa pe­ro po­de ser peor. De­pen­de do que es­tean dis­pos­tos a fa­cer os ver­da­dei­ros pro­ta­go­nis­tas. Te­mos gan­dei­ros e con­di­cións pa­ra se­guir me­dran­do. Pa­sa­mos de ser in­sig­ni­fi­can­tes a es­tar en­tre as dez re­xións máis pro­du­to­ras de Eu­ro­pa.

O go­berno es­pa­ñol e so­bre todo o ga­le­go, non po­den se­guir mi­ran­do pa­ra ou­tro la­do. O Lei­te é a úni­ca al­ter­na­ti­va real pa­ra man­ter un ru­ral vi­vo que evi­te o aban­dono e as con­se­cuen­cias que di­so de­ri­van e que pui­de­mos ver en Por­tu­gal ou no ou­tono en Ga­li­cia. Todo de­pen­de de nós.na e o ca­mi­ño dese in­dis­pen­sa­ble re­de­sen­vol­ve­men­to ru­ral ga­le­go.

En de­fi­ni­ti­va, te­mos un sec­tor po­ten­te, moi des­equi­li­bra­do e cheo de amea­zas e opor­tu­ni­da­des

Xosé Tur­nes Pre­si­den­te da Aso­cia­ción Ga­le­ga de Te­rra e Lei­te

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.