Lu­cía No­vas, en­tre o “kitsch” e a sub­ver­sión

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Am­plía­se e en­ri­qué­ce­se o ca­tá­lo­go da se­rie poé­ti­ca Tam­bo, que di­ri­xe en Fak­to­ría K o es­cri­tor Luís Rei, ao in­cor­po­rar un li­bro tan in­no­va­dor e es­cin­ti­lan­te co­mo o que subs­cri­be a poe­ta Lu­cía No­vas. Cer­va­tos, inevi­ta­ble e fe­liz­men­te, dia­lo­ga con Ne­ve, o seu tí­tu­lo an­te­rior pu­bli­ca­do hai xa oi­to anos, no que xa sa­lien­ta­ba un uso re­co­rren­te e cons­cien­te das enu­me­ra­cións lé­xi­cas e a von­ta­de ex­plí­ci­ta de fo­ca­li­zar a aten­ción na di­men­sión se­mán­ti­ca e sim­bó­li­ca da pa­la­bra, cons­ti­tuí­da e re­cons­ti­tuí­da a lu­me len­to e ago­ra es­pi­da e de­pu­ra­da ca­se ata a ex­te­nua­ción. A poe­sía de No­vas re­vís­te­se sem­pre dun sig­ni­fi­ca­do im­pre­si­vo que cóm­pre, li­bre­men­te, co­di­fi­car des­de as fron­tei­ras dun­ha lin­gua­xe que, co­mo en Ma­ría Ma­ri­ño, se di­na­mi­tan. E re­vé­la­se así ou, se se quer, po­tén­cia­se es­te ex­tre­mo es­ta­ble­cen­do un­ha di­ná­mi­ca par­ti­cu­lar que abra­za o sím­bo­lo do cer­va­to, vin­cu­la­do ta­mén coa poe­sía e a mú­si­ca: a cría do cer­vo, frá­xil e fer­mo­sa, lo­xi­ca­men­te de­pen­den­te da nai e da man­da, é un ser un tan­to des­va­li­do e, tal­vez, inocen­te. Con­tra esa lec­tu­ra, ou tal­vez, so­bre esa lec­tu­ra ér­gue­se es­te li­bro. O cer­va­to, así pois, pre­sén­ta­se co­mo o nú­cleo que sos­tén un con­tras­te con­ti­nuo por­que des­de o bos­que, on­de o cer­va­to vi­ve alleo ao pa­so do tem­po e abei­ra­do a un­ha con­tor­na pro­tec­to­ra, aso­cia­do á fer­ti­li­da­de e ao amor, ao cor­po e á pro­pia vi­da, a súa pre­sen­za so­mé­te­se ago­ra a un­ha olla­da hí­bri­da na que se des­ve­la ese diá­lo­go cun en­torno de as­fal­to, coa at­mos­fe­ra máis kitsch e cun son no que re­ver­be­ra un­ha crí­ti­ca á post­mo­der­ni­da­de pe­ro á que non se lle dá as cos­tas re­uti­li­zan­do os seus re­fe­ren­tes, tan­tas ve­ces es­mal­ta­dos cun ver­niz de iro­nía. E to­do is­to mer­cé o re­cur­so da co­la­xe e do frag­men­ta­ris­mo; gra­zas á ima­xe vi­sio­na­ria por­que a idea ca­se sem­pre é ima­xe; xo­gan­do coa per­cep­ción li­bé­rri­ma que ob­te­mos ao ler ou oír as enu­me­ra­cións, en­tre as que es­tán ta­mén as deses es­pa­zos e lu­ga­res ver­da­dei­ros que aquí se no­mean: cer­tos por­que non es­tán en mapa nin­gún. Cer­va­tos rou­ba a trans­pa­ren­cia e in­ter­pé­la­nos des­de a trans­gre­sión, des­de a cer­na da sub­ver­sión. Non é pou­co.

É inevi­ta­ble que dia­lo­gue con Ne­ve, o an­te­rior li­bro

FO­TO: C. QUIAN

A poe­sía de No­vas in­ter­pé­la­nos des­de a trans­gre­sión

CER­VA­TOS AU­TO­RA

LU­CÍA NOVÁS EDI­TO­RIAL

FAC­TO­RÍA K 96 PÁ­XI­NAS 12 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.