Un fér­til asal­to á tra­di­ción

Moi­to es­tán dan­do que fa­lar as ra­pa­zas de A Ban­da da Lo­ba co seu pri­mei­ro dis­co. Mo­der­nas ban­do­lei­ras da mú­si­ca que to­man co­mo ar­mas as súas raí­ces e a poe­sía

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA - TEX­TO: CAR­LOS CRES­PO

Non é in­fre­cuen­te que o eclecticismo im­pe­re no pri­mei­ro dis­co dun gru­po. Adoi­ta ser con­se­cuen­cia da her­dan­za dun­ha in­cer­ta tra­xec­to­ria e dos de­va­neos cun­has aín­da más in­cer­tas in­fluen­zas. Non é o ca­so do de­but de A Ban­da da Lo­ba. Ou po­lo me­nos non é o ca­so no que á ra­zón se re­fi­re. Por­que Bai­lan­do as rúas é, co­mo ti­ve­ron a ben ad­xe­ti­var as súas crea­do­ras, un «ca­lei­dos­co­pio mu­si­cal», si. Pe­ro ne­se la­bi­rin­to de co­lo­rin­chos har­mó­ni­cos non hai azar se­nón un­ha von­ta­de ma­ni­fes­ta de non pe­char can­ce­las, de to­mar ao asal­to tri­lla­dos ca­mi­ños so­no­ros e de non pór­lle por­tas ao cam­po.

Ha­bía tem­po que un pri­mei­ro dis­co non da­ba tan­to que fa­lar en Ga­li­cia. Má­xi­me ten­do en conta que aín­da que va­rias de­las con­tan cun­ha cer­ta tra­xec­to­ria no ei­do da mú­si­ca tra­di­cio­nal, as cin­co ra­pa­zas de en­tre 19 e 34 anos que con­for­man A Ban­da da Lo­ba pa­san por ser un­has des­co­ñe­ci­das pa­ra boa par­te da es­ce­na, dos me­dios e, por su­pos­to, do pú­bli­co. Pe­ro aí es­tán, ocu­pan­do es­ce­na­rios ata non hai na­da re­ser­va­dos pa­ra aque­les aos que ad­mi­ra­ban.

En­tre as cla­ves de que is­to acon­te­za es­tá, sen dú­bi­da, a co­ne­xión des­tas cin­co mu­lle­res coa ne­ce­sa­ria ac­tua­li­za­ción do con­cep­to e da es­té­ti­ca da mú­si­ca po­pu­lar que ir­man­da coas raí­ces e a tra­di­ción.

A Ban­da da Lo­ba fo­xe, sen re­ne­gar, dos tó­pi­cos do folk. E non amo­sa es­crú­pu­los á ho­ra de co­que­tear co blues, co jazz ou co swing. Co­mo non os mos­tra á ho­ra de ver­te­brar o con­xun­to do dis­co arre­dor dunn­ha idea que ten máis que ver co pop que co tra­di­cio­nal. Mes­tras non lle faltan e, se ca­dra, Gua­di Ga­le­go, quen co­la­bo­ra nun­ha can­ción, al­go te­rá que ver.

Máis alá do mu­si­cal a gran ache­ga des­ta ban­da é o seu com­pro­mi­so coa poe­sía. Ca­se sem­pre con­tem­po­rá­nea. Con tex­tos pro­pios e pres­ta­dos que se­du­cen e con­mo­ven e que apor­tan un­ha men­sa­xe com­pro­me­ti­da que moi­tas ve­ces re­qui­re dun­ha se­gun­da es­coi­ta fron­te ao di­rec­to im­pac­to que su­pón a súa mú­si­ca.

«Mú­si­ca con M de mu­ller», su­bli­ñan nas súas can­les de pro­mo­ción. «Ser cin­co mu­lle­res im­pli­ca cer­tas reivin­di­ca­cións», di­me Xia­na Las­tra, a voz da ban­da. «Atre­ver­nos a en­trar en máis te­rri­to­rios, a abor­dar cer­tos es­ti­los, a que nos bo­te­mos a crear», en­ga­de.

É o tem­po de xi­rar, de cons­truír, de non fu­xir, de in­ven­tar, de voar, co­mo di a le­tra de Ca­lei­dos­co­pio, can­ción que ten moi­to de de­cla­ra­ción de prin­ci­pios. E de to­do iso se en­car­gan es­tas cin­co «se­reas pre­sas na ul­tra­mar». De «tron­zar o me­do reor­dean­do o cris­tal». Que non é pou­co.

BAI­LAN­DO AS RÚAS [SEISPÉS] O folk es­tá sen dú­bi­da na ba­se des­tes on­ce te­mas e o vio­lín encárgase de re­mar­car esa esen­cia. Pe­ro as fei­tu­ras que os en­vol­ven e ador­nan trans­cen­den moi­to a eti­que­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.