A vi­da bai­xo os bon­sais

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO -

En pa­ra­le­lo ao seu ofi­cio co­mo no­ve­lis­ta de al­tu­ra, o li­miao An­tón Ri­vei­ro Coe­llo deu en pro­bar a re­cep­ción in­me­dia­ta dal­gúns tex­tos breves da súa au­to­ría, un­has su­xes­ti­vas mi­cro­pos­tais que foi com­par­tin­do nas re­des so­ciais cun­ha res­pos­ta en­tu­sias­ta por par­te dos seus lec­to­res. Esa acep­ta­ción ani­mouno a tei­mar nun­ha se­rie de pe­zas que ago­ra aparecen reuni­das en for­ma de libro, un con­xun­to he­te­ro­xé­neo que ten que ver máis coa ur­xen­cia da ins­pi­ra­ción que cun plan te­má­ti­co ela­bo­ra­do á man­ten­ta. Pe­ro non xo­ga na súa con­tra esa dis­pa­ri­da­de. Todo o con­tra­rio. A me­di­da que se vai de­bu­llan­do o libro, me­dra a sen­sa­ción de que hai al­guén de­trás da por­ta pre­pa­rán­do­nos pa­ra o asom­bro. Ri­vei­ro Coe­llo ten a vir­tu­de, entre ou­tras, dese úl­ti­mo xi­ro. Non todo que­da dis­pos­to ata que alu­mea a úl­ti­ma pa­la­bra. E aín­da que os tex­tos com­par­ten an­tes un­ha bre­vi­da­de de­cre­cen­te ca un asun­to na­rra­ti­vo es­pe­cí­fi­co, man­te­ñen fol­gos abon­dos ata a de­rra­dei­ra pá­xi­na pa­ra que, en nin­gún ca­so, pen­se­mos nun mon­llo de re­la­tos re­com­pi­la­dos ás toas. Todo ate­sou­ra un sen­ti­do. Un sus­tra­to ac­ce­si­ble ás ve­ces nun­ha se­gun­da lec­tu­ra, ou­tras nun­ha ob­ser­va­ción máis ur­xen­te. Po­si­ble­men­te se­xan al­gúns dos máis su­cin­tos, ape­nas un­has liñas, aque­les que máis en­chan o ollo po­lo es­tra­ñe­za que gar­dan. Ma­né­xa­se con pul­so Ri­vei­ro Coe­llo nas dis­tan­cias cur­tas. Tal­vez a dis­pa­ri­da­de des­tes com­pri­mi­dos seus se­xa só un­ha apa­ren­cia. Lemos pro­cu­ran­do a som­bra dos bon­sais e ato­pa­mos o fío con­du­tor da vi­da.

Á SOM­BRA DOS BON­SAIS

AU­TOR

AN­TÓN RI­VEI­RO COE­LLO EDI­TO­RIAL

GA­LA­XIA 212 PÁXINAS 15 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.