O cir­co de Ben­pos­ta sal­ta a un­ha gran no­ve­la

Alberto Ca­nal re­la­ta a his­to­ria dun ado­les­cen­te que que­re con­ver­ter­se en tra­pe­cis­ta na Ci­da­de dos Mu­cha­chos

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Do es­cri­tor ou­ren­sán Alberto Ca­nal nun­ca se po­de­rá afir­mar que re­sul­ta re­co­rren­te ou reite­ra­ti­vo na es­co­lla ar­gu­men­tal das súas no­ve­las. Ve­laí co­mo tan­to nos po­de fa­cer per­co­rrer os vim­bios dun­ha tra­ma ins­pi­ra­da na exis­ten­cia de Deus, pa­sear­nos por un­ha his­to­ria de amor e mor­te que acon­te­ce no campo de con­cen­tra­ción na­zi de Bir­ke­nau co­mo, ares­to­ra, alén de si­tuar na car­to­gra­fía li­te­ra­ria de no­so un es­pa­zo nun­ca tra­ta­do li­te­ra­ria­men­te, ar­ti­cu­lar un­ha atrac­ti­va no­ve­la de fron­tei­ra na que se ofre­ce un mon­llo de vi­das cru­za­das que des­can­san ne­sa uto­pía que foi o Cir­co dos Mu­cha­chos e a fun­da­ción da ci­da­de de Ben­pos­ta en Sei­xal­bo (Ourense).

En­ten­do co­mo al­go acaí­do, e mes­mo natural e ló­xi­co, que o pro­ta­go­nis­ta idea­do pa­ra es­ta no­ve­la se­xa un ra­paz que es­per­ta á vi­da e que se sen­te atraí­do mag­ne­ti­ca­men­te po­lo mun­do do cir­co. Pa­ra cum­prir es­ta fun­ción xor­de Fi­del, un ado­les­cen­te que, alén de adop­tar ou­tro no­me que se­xa con­for­me coas súas ex­pec­ta­ti­vas de con­ver­ter­se en tra­pe­cis­ta, tra­ba­lla­rá arreo pa­ra aca­dar o seu so­ño. Xus­ta­men­te se­rá a súa vi­sión a que fa­ci­li­te asis­tir, co­ma se dal­gún xei­to se tra­ta­se dun­ha no­ve­la de apren­di­za­xe, á des­cu­ber­ta ou re­des­cu­ber­ta da­quel so­ño igua­li­ta­rio, so­li­da­rio e de­mo­crá­ti­co que ma­te­ria­li­zou o pa­dre Sil­va. O tra­pe­cis­ta, así pois, mó­ve­se ás ve­ces na su­til fron­tei­ra que bei­rea por ve­ces o ve­ro­sí­mil e o má­xi­co, fa­cen­do ga­la do re­cur­so ao fan­tás­ti­co que tan­tas ve­ces se po­de dar, dun xei­to ou dou­tro, na no­sa vi­da. Quen du­bi­da, por ou­tro la­do, que a pro­pos­ta na­rra­ti­va, ao meu ver in­ten­sa­men­te do­cu­men­ta­da, re­sul­ta ope­ra­ti­va pa­ra pór ao día aque­la reali­da­de que foi Ben­pos­ta e que sem­pre le­vou un­ha men­sa­xe po­lí­ti­ca e so­cial po­lo mun­do en­tei­ro. Des­ta ma­nei­ra per­có­rren­se así os con­fli­tos que es­ta vi­viu ao lon­go da súa vi­da a tra­vés dos ollos dun neno, aín­da car­ga­do dun­ha inocen­cia que non é in­com­pa­ti­ble coa von­ta­de de de­fen­der aqui­lo no que cre con con­vic­ción e re­bel­día; un neno que sa­be dis­tin­guir o que son fe­lo­nías e trai­zóns do que non o son, con­fian­do en que a xus­ti­za, se res­pon­de ver­da­dei­ra­men­te ao que sim­bo­li­za, de­be­ría de es­tar do seu la­do. Es­te li­bro de Alberto Ca­nal res­ca­ta a fe que se de­po­si­tou nun pro­xec­to fer­mo­so e con­vér­te­se nun re­to re­sol­to li­te­ra­ria­men­te con efec­ti­vi­da­de e emo­ción. Bo é.

O TRA­PE­CIS­TA DA MA­LLA DE ROMBOS AU­TOR ALBERTO CA­NAL EDI­TO­RIAL XE­RAIS

216 PÁX. 15 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.