A vi­da su­ce­de na pas­te­la­ría

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO -

A me­mo­ria, co pa­so do tem­po, con­vér­te­nos en his­to­ria­do­res de nós mes­mos. Bo­ta­mos a vis­ta atrás e en­fron­tá­mo­nos ao no­so pa­sa­do co­ma quen asis­te á re­pre­sen­ta­ción dun dra­ma pro­ta­go­ni­za­do por un es­tra­ño. Qui­zais por­que vol­ver so­bre o vi­vi­do aca­ba sen­do un­ha re­crea­ción in­tere­sa­da, un axus­te de con­tas cun­ha bré­te­ma dis­tan­te que non sem­pre nos de­vol­ve un­ha ima­xe fa­vo­re­ci­da do que fo­mos. As pro­ta­go­nis­tas, tres mu­lle­res que se en­ca­mi­ñan con lu­ci­dez aos seus úl­ti­mos días, adoi­tan xun­tar­se nun­ha pas­te­la­ría dun­ha vi­la vas­ca para vi­vir a ce­ri­mo­nia do pre­sen­te, pe­ro coa cer­te­za de que so­mos ca­se to­do o que so­mos ca­pa­ces de lem­brar. E as ve­llas ami­gas Mar­ti­ña, Te­re­sa e Eu­la­li, o trío de an­ciás que co­ñe­ce­mos en­tre con­ver­sas e evo­ca­cións ín­ti­mas, com­par­ten un pa­sa­do co­mún atra­ve­sa­do po­los dra­mas vi­vi­dos na Gue­rra Ci­vil, esa gran tra­xe­dia aín­da pen­den­te de na­rra­ción co­lec­ti­va. Te­mos aquí a me­mo­ria per­soal dun­has vidas mar­ca­das po­la re­pre­sión e o lon­go si­len­cio da pos­gue­rra. Un fer­mo­so re­la­to cons­truí­do cos ma­te­riais do amor, o des­am­pa­ro e a bru­ta­li­da­de, le­va­do con ex­ce­len­te pul­so aos te­rreos da épi­ca si­len­cio­sa, que ras­tre­xa con fon­du­ra e sen­si­bi­li­da­de nas de­li­ca­das cos­tu­ras do re­cor­do. Un­has né­boas dis­tan­tes, en mans da Uxue Al­ber­di, que nos re­tor­nan a ima­xe aco­lle­do­ra des­tas tres se­ño­ras que to­man in­fu­sións na pas­te­la­ría. Elas vol­ven os seus ollos can­sos so­bre to­do o que lles ne­ga­ron os se­ño­res da gue­rra. Nós es­coi­ta­mos a his­to­ria do mun­do en voz bai­xa.

O XO­GO DAS CADEIRAS AU­TO­RA

UXUE AL­BER­DI

TRADUCIÓN

ISAAC XUBÍN

EDI­TO­RIAL

HUGUIN E MUNIN 116 PÁ­XI­NAS 14,50 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.