“Pa­ra nós vol­ver a Or­ti­guei­ra é vol­ver á ori­xe de Mi­lla­doi­ro”

No fes­ti­val de 2016 Mi­lla­doi­ro gra­vou un di­rec­to e ago­ra aca­ban de sa­car o pri­mei­ro dis­co de es­tu­do en oi­to anos, «Atlán­ti­co», con no­vos ai­res, «pe­ro sen per­der o nor­te»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA / FESTIVAL DE ORTIGUEIRA - TEX­TO: ANA F. CU­BA

En 1978, no pri­mei­ro Fes­ti­val do Mun­do Cel­ta de Or­ti­guei­ra, Pe­pe Ferreirós acu­diu co gru­po de gai­tas Faís­cas do Xia­bre; e An­tón Seoa­ne e Ro­dri­go Ro­ma­ní ac­tua­ron po­la súa con­ta. Da fu­sión xur­diu Mi­lla­doi­ro, que de­bu­tou co­mo tal na se­gun­da edi­ción.

—To­do co­me­zou en Or­ti­guei­ra.

—Si, nós xa es­ti­ve­mos no pri­mei­ro fes­ti­val, pe­ro non to­ca­mos por­que cae­ra un di­lu­vio e sus­pen­dé­ran­se ac­tua­cións.

—Con­ta Xa­vier Ga­rro­te que vos­te­de era al­go es­cép­ti­co so­bre o fes­ti­val.

—Can­do me dixo o que que­ría fa­cer, dí­xen­lle que con­ta­ra con nós [da­que­la, Faís­cas do Xia­bre], pe­ro ti­ña as mi­ñas dú­bi­das de que fo­ran ca­pa­ces de le­var adian­te al­go tan gran­de co­mo o que pre­ten­dían. Pe­ro un­ha vez que o lo­gra­ron, viu­se que moi­ta xen­te es­ta­ba es­pe­ran­do que nos em­pe­zá­ra­mos a abrir ao mun­do. Xa aquel pri­mei­ro ano, no pa­tio do co­le­xio, ha­bía moi­tí­si­ma xen­te, con es­pe­ran­zas de que se ía con­ver­ter en al­go im­por­tan­te.

—A tra­xec­to­ria de Mi­lla­doi­ro dis­co­rreu pa­ra­le­la á do Mun­do Cel­ta.

—Si, es­ti­ve­mos có­ba­do con có­ba­do, era pre­cio­so que xur­di­ra al­go así nun mo­men­to no que non che­ga­ban gru­pos de fó­ra, nin se co­ñe­cían. Nos pri­mei­ros fes­ti­vais, Mi­lla­doi­ro apos­tou por eles de mo­do de­sin­te­re­sa­do, ia­mos ao que fo­se e o no­so equi­po era o do fes­ti­val. Com­par­tia­mos a ilu­sión da xen­te, res­pi­rá­ba­se un am­bien­te moi de ‘te­mos que re­mar to­dos ca­ra ao mes­mo la­do’.

—O seu com­pa­ñei­ro Mon­cho Gar­cía fa­la­ba «dun­ha ven­tá aber­ta á cul­tu­ra».

—Á cul­tu­ra e a to­do. Na­quel mo­men­to, Ga­li­cia e Es­pa­ña eran so­cie­da­des moi pe­cha­das, fa­cía fa­lla abrir as ven­tás, que en­tra­se ai­re. Nos fes­ti­vais e na mú­si­ca em­pe­zou aí; os meus pri­mei­ros dis­cos de folk fran­cés ou bre­tón tí­ve­nos gra­zas a que fa­cías al­gun­ha es­ca­pa­di­ña fó­ra ou que ía un com­pa­ñei­ro e en­car­gá­bas­llos, por­que aquí non che­ga­ba na­da, era im­po­si­ble. O Mun­do Cel­ta foi un re­vul­si­vo.

—O es­pí­ri­to ini­cial foi­se per­den­do.

—Non ten na­da que ver o que vi­vi­mos nos pri­mei­ros anos, ago­ra xa é un fes­ti­val pro­fe­sio­nal, co­ma en Chica­go ou en Xa­pón. Da­que­la, en Or­ti­guei­ra, eran días de con­vi­ven­cia, in­vo­lu­crá­ba­se to­do o po­bo e a xen­te da Es­co­la de Gai­tas alo­xa­ba aos mú­si­cos nas súas ca­sas. To­dos se en­tre­ga­ban a aque­la idea que ti­ña Ga­rro­te. Re­cor­do mo­men­tos pre­cio­sos, no co­me­dor do co­le­xio, nas ceas, que sem­pre ter­mi­na­ban cun­has jam ses­sions es­tu­pen­das. Esa par­te ro­mán­ti­ca

per­deu­se.

—O día 14 es­coi­ta­re­mos en Or­ti­guei­ra os te­mas do novo dis­co, «Atlán­ti­co».

—En 2016 sa­ca­mos o di­rec­to de Or­ti­guei­ra, polo que sig­ni­fi­ca pa­ra nós. E ago­ra xa le­va­ba­mos oi­to anos sen un dis­co de es­tu­do, ti­ña­mos ga­ñas... Des­pois de ca­se co­ren­ta anos, non imos in­ven­tar a pól­vo­ra, pen­so que o se­lo de Mi­lla­doi­ro es­tá moi cla­ro, se­gue ha­ben­do a fres­cu­ra do no­so tra­ba­llo de mú­si­ca tra­di­cio­nal, e ta­mén qui­xe­mos que os no­vos com­po­ñen­tes do gru­po trou­xe­ran te­mas no­vos. Nó­ta­se e dá­lle un­ha di­men­sión dis­tin­ta á so­no­ri­da­de do gru­po, sen per­der o nor­te, nun­ca me­llor di­to [na por­ta­da apa­re­ce un com­pás].

—Or­ti­guei­ra se­gue es­tan­do lon­xe, co­mo lle di­cía no 78 á or­ga­ni­za­ción.

—Pe­ro ho­xe é máis le­va­dei­ro, me­llo­ra­ron as es­tra­das, no dous ca­ba­los che­ga­ba moí­do. Pe­ro par­te do éxi­to pen­so que vén de aí, un si­tio pou­co ac­ce­si­ble e moi fer­mo­so, que re­qui­ría un es­for­zo a maio­res, era un­ha pe­re­gri­na­ción, e iso apor­tá­ba­lle mis­te­rio [...]. Pa­ra nós to­car en Or­ti­guei­ra sem­pre é es­pe­cial, pa­ra nós vol­ver a Or­ti­guei­ra é vol­ver á no­sa ori­xe.

—No 14 desexá­ban­lle lon­ga vi­da ao fes­ti­val... Ao fes­ti­val, e a Mi­lla­doi­ro.

—Men­tres nos si­ga­mos di­ver­tin­do so­bre o es­ce­na­rio e co­nec­tan­do coa xen­te, ha­be­rá Mi­lla­doi­ro pa­ra tem­po.

O Mun­do Cel­ta foi un re­vul­si­vo pa­ra aque­la so­cie­da­de tan pe­cha­da

FOTO: ÁLVARO BA­LLES­TE­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.