«Per­mi­ten no­vas can­les de pro­mo­ción e de co­mer­cia­li­za­ción»

LA­RA DA SILVA Pre­si­den­ta del con­se­jo re­gu­la­dor de Monterrei

La Voz de Galicia (A Coruña) - Gastronomia y Vinos - - El Debate: Los Premios -

No úl­ti­mo ano fo­ron va­rios os ga­lar­dóns aca­da­dos po­los blan­cos e tin­tos da de­no­mi­na­ción de ori­xe Monterrei. Re­co­ñe­ce­men­tos nos Pre­mios Bac­chus, Mag­num, Ca­ta dos Vi­ños de Ga­li­cia, In­ter­na­tio­nal Wi­ne Cha­llen­ge ou Con­cur­so Na­cio­nal de Vi­nos No­vos, en­tre ou­tros, que ava­lan a ca­li­da­de di­fe­ren­cia­da dos vi­ños da no­sa de­no­mi­na­ción. Pré­mia­se o es­for­zo dos no­sos vi­ti­cul­to­res e ade­guei­ros, e o tra­ba­llo que hai que adi­car­lle aos no­sos vi­ñe­dos pa­ra ob­ter o seu froi­to máis pre­za­do: a uva, e por en­de, o vi­ño. A má­xi­ma pri­mor­dial do no­so Con­se­llo Re­gu­la­dor é res­pec­tar e fa­cer res­pec­tar a ca­li­da­de do no­so pro­duc­to, que é a ori­xe da no­sa di­fe­ren­za. E a par­ti­ci­pa­ción en con­cur­sos, coa con­se­guin­te con­se­cu­ción des­tes re­co­ñe­ce­men­tos, ava­lan que to­dos os que con­for­ma­mos es­ta de­no­mi­na­ción apos­ta­mos de xei­to in­elu­di­ble por es­ta cues­tión.

Por ou­tra ban­da, a to­do es­to de­be­mos en­ga­dir­lle as ex­ce­len­tes pun­tua­cións en pu­bli­ca­cións es­pe­cia­li­za­das co­mo as De­can­ter, Guía Pe­ñín, Ga­llae­cia ou The Wi­ne Ad­vo­ca­te, que ta­mén re­co­ñe­cen aos tin­tos e blan­cos que op­tan por non pre­sen­tar­se a con­cur­sos vi­ti­vi­ní­co­las. Pe­ro ta­mén son nu­me­ro­sas as men­cións rea­li­za­das so­bre a de­no­mi­na­ción en me­dios de co­mu­ni­ca­ción na­cio­nal e internacional, que des­ta­can as no­sas ca­rac­te­rís­ti­cas eda­fo­cli­má­ti­cas, que lle ou­tor­gan ti­pi­ci­da­de aos no­sos blan­cos e tin­tos, e os di­fe­ren­cian do res­to dos ga­le­gos.

Tan­to pre­mios co­mo dis­tin­cións ou a apa­ri­ción en pu­bli­ca­cións es­pe­cia­li­za­das axu­dan tan­to a re­for­zar a ima­xe de mar­ca Monterrei, así co­mo a pro­mo­cio­nar o te­rri­to­rio no que se ela­bo­ran os no­sos vi­ños, e no que se es­tán a re­cu­pe­rar o pa­tri­mo­nio vi­ti­vi­ní­co­la, co­mo ade­gas e la­ga­res ru­pes­tres, o que amo­sa que Monterrei ten a súa pro­pia his­to­ria, un­ha his­to­ria vi­va que se trans­mi­te de xe­ra­ción en xe­ra­ción.

Pe­ro es­tes re­co­ñe­ce­men­tos ta­mén per­mi­ten que se es­ta­blez­can no­vas can­les de pro­mo­ción e de co­mer­cia­li­za­ción, no sec­to­res de dis­tri­bu­ción e hos­ta­le­ría, se co­ñe­za o no­so tra­ba­llo en cen­tros e es­co­las de hos­ta­le­ría; así co­mo ache­gar o no­so pro­du­to ao público en xe­ral e im­pul­sar o con­su­mo mo­de­ra­do e res­pon­sa­ble dos vi­ños da de­no­mi­na­ción de ori­xe Monterrei.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.