Los nue­vos pre­si­den­tes de las D.O. Val­deo­rras y O Ri­bei­ro.

O que fo­ra lí­der do con­se­llo re­gu­la­dor des­de 2006 a 2015 re­cu­pe­ra o man­do coa pre­mi­sa de que non pen­sa eter­ni­zar­se no posto e que lle gus­ta­ría dar o re­le­vo nun par de anos

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - M. CO­BAS O BAR­CO

Foi o pre­si­den­te do Con­se­llo Re­gu­la­dor da De­no­mi­na­ción de Ori­xe Val­deo­rras des­de 2006 ata 2015, can­do a fal­ta de apoio o le­vou a di­mi­tir. Ago­ra Jo­sé Luis Gar­cía Pan­do vol­ve ao car­go, apoia­do po­la maio­ría dos vo­cais.

—¿Co­mo vai a ate­rra­xe?

—Es­ta­mos re­vi­san­do o estado de con­tas, e as cou­sas pen­den­tes, pa­ra ver co­mo se afron­ta to­do. Ha­bía un­ha pe­que­na fal­ta de li­qui­dez pe­ro ago­ra coas ta­xas xa se arran­xa, e ta­mén te­mos que ver as sub­ven­cións pen­den­tes de xus­ti­fi­car.

—Moi­to se ten fa­la­do das con­tas, ¿vi­ron al­go ra­ro?

—Aín­da non deu tem­po. Pe­ro tam­pou­co se tra­ta de bus­car na­da ra­ro; só que­re­mos sa­ber co que con­ta­mos. Ha­bía un­has par­ti­das pen­den­tes ás que hai que fa­cer­lles fron­te co­mo as nó­mi­nas dos tra­ba­lla­do­res e a Fei­ra do Vi­ño, e ha­bía un pe­queno des­fa­se de li­qui­dez. Que­re­mos fa­cer un cálcu­lo dos po­si­bles in­gre­sos e ver co­mo se es­tá a día de ho­xe pa­ra ver as in­ver­sións que se po­den fa­cer, so­bre to­do en pro­mo­ción.

—¿Que ideas trae? ¿Que hai que fa­cer que non se fi­xe­ra?

—As ideas te­ñen que par­tir do gru­po que le­va­mos tem­po tra­ba­llan­do, fa­lan­do de co­mo ve­mos o con­se­llo. A fun­ción do pre­si­den­te é po­ñe­las en prác­ti­ca. Os ob­xec­ti­vos sem­pre son os mes­mos: po­ten­ciar a mar­ca Val­deo­rras e axu­dar a que as ade­gas ven­dan ben o vi­ño, que dea mar­xe de be­ne­fi­cios, e que os vi­ti­cul­to­res ta­mén te­ñan un pre­zo de uva máis que ra­zoa­ble. Son fá­ci­les de diag­nos­ti­car, pe­ro as for­mas de con­se­gui­lo é on­de te­mos que rom­per a ca­be­za, con ideas crea­ti­vas, por­que con di­ñei­ro non po­de­mos com­pe­tir con ou­tras D.O. que nos su­pe­ran. Os no­sos re­cur­sos son li­mi­ta­dos. Por iso pre­ten­de­mos que o con­se­llo re­gu­la­dor se­xa a ca­sa de to­dos. As ini­cia­ti­vas non só te­ñen que par­tir dos que nes­te mo­men­to es­ta­mos aí. Tan­to vi­ti­cul­to­res co­mo ade­gas po­den ter ideas tan boas ou me­llo­res que os que es­ta­mos den­tro. Ímo­las ana­li­zar to­das pa­ra ver as que po­de­mos le­var a ca­bo.

—¿Al­gún mer­ca­do na ca­be­za pa­ra entrar?

—Os mer­ca­dos son moi cam­bian­tes duns anos pa­ra ou­tros. O que pa­re­ce un mer­ca­do mor­to, en dous ou tres anos po­de ser un mer­ca­do im­por­tan­te... Pe­ro hai mer­ca­dos clá­si­cos nos que hai que in­ci­dir: o na­cio­nal, os co­mu­ni­ta­rios, e Es­ta­dos Uni­dos, fun­da­men­tal­men­te, sen qui­tar ou­tras zo­nas co­mo Mé­xi­co. Se­guen sen­do mer­ca­dos de to­da a vi­da de consumo de vi­ño on­de é máis fá­cil es­tar, pe­ro ta­mén hai máis com­pe­ten­cia pa­ra ven­der.

—¿Que lle fal­ta de pro­mo­ción ao go­de­llo?

—Qui­zais é máis que lle fal­ta de pro­mo­ción a Val­deo­rras, non ao go­de­llo. Non te­mos que pro­mo­cio­nar va­rie­da­des, co­mo se fai a ve­ces, por­que po­de dar moi bos froi­tos a curto pra­zo, pe­ro á lar­ga ou­tras de­no­mi­na­cións po­den plan­tar a va­rie­da­de e co­ller mer­ca­do. O que te­mos que po­ten­ciar é a mar­ca Val­deo­rras, que a po­de­mos aso­ciar a go­de­llo de Val­deo­rras, a men­cía de Val­deo­rras... A idea é po­ten­ciar Val­deo­rras, co­mo zo­na de pro­du­to de ca­li­da­de. E en go­de­llo so­mos a úni­ca D.O. que obri­ga­mos que te­ña que ser o 100% da va­rie­da­de pa­ra le­var a eti­que­ta.

—Coa súa mar­cha pa­rou­se a cer­ti­fi­ca­ción Enac. ¿Interesa re­to­mar o pro­ce­so?

—Non é que non in­te­re­se, é que aín­da que non quei­ra­mos, non que­da máis re­me­dio. Hai dúas for­mas de ve­lo, entrar can­do nos po­ñan a pis­to­la no pei­to e te­ña­mos que entrar, ou sa­ca­la an­tes con von­ta­de de fa­ce­lo ben. E esa é a no­sa von­ta­de. A acre­di­ta­ción é un pa­pel que acre­di­ta que es­tás fa­cen­do as cou­sas ben, se­gun­do o que mar­ca o ma­nual de ca­li­da­de e o re­gu­la­men­to da D.O. Te­mos a von­ta­de de fa­ce­lo cum­prir.

—¿Can­do fa­la en plu­ral, de quen fa­la?

—Os vo­cais e o gru­po que es­tá apoian­do, ade­gas, o SLG e Vi­ti- cul­to­res In­de­pen­den­tes; os que me eli­xi­ron pre­si­den­te.

—¿Pro­pú­xo­se pa­ra o car­go ou ofre­cé­ron­llo?

—Ha­bía un­ha si­tua­ción crea­da de moi­tas cou­sas que non vía­mos cla­ras; e pen­sa­mos que se­ría com­pli­ca­do le­var o tra­ba­llo pa­ra adian­te pa­ra al­guén que non ti­ve­ra ex­pe­rien­cia co­mo vo­cal ou pre­si­den­te. Che­ga­mos a un acor­do de que eu se­ría a per­soa ade­cua­da. Iso non qui­ta que igual den­tro de cer­to tem­po, se to­do vai co­mo de­be­ría ir, e as cou­sas fun­cio­nan, se con­si­gue a acre­di­ta­ción e hai un­ha si­tua­ción máis le­va­dei­ra, poi­da cal­que­ra dos com­pa­ñei­ros to­mar o re­le­vo. Non me ve­xo eterno nes­te posto. Es­ta­ría en­can­ta­do de que un com­pa­ñei­ro to­ma­ra as rien­das, pe­ro gus­ta­ría­me dar­lle o re­le­vo con ga­ran­tías de que van cou­sas ben.

—¿Co­mo vén a ven­di­ma?

—Com­pli­ca­da, por­que ha­be­rá un­ha ven­di­ma, des­pois ou­tra, e po­de alar­gar­se bas­tan­te tem­po. On­de non caeu pe­dra hai uvas lis­tas e a fi­nais de mes cal­cu­la­mos que a moi­tas ade­gas, ca­se a me­ta­de, es­tean em­pe­zan­do a ven­di­mar. Pe­ro ta­mén de­pen­de do tem­po. Son pre­vi­sións, por­que de mo­men­to non hai pers­pec­ti­vas de chu­vias, pe­ro se en 10 días vén a chu­via, re­tra­sa to­do.

—¿E a tar­día?

—As ce­pas que re­bro­ta­ron e te­ñen pro­du­ción, van es­tar con tres se­ma­nas de di­fe­ren­za coas ini­ciais. Igual nun si­tio em­pe­zan a co­ller to­do o go­de­llo e des­pois en tres se­ma­nas te­ñen que fa­cer ou­tra ven­di­ma por­que as que re­bro­ta­ron ma­du­ran máis tarde, ve­ñen con dúas ou tres se­ma­nas de re­tra­so

—¿Re­cu­pe­rou­se moi­to do que se per­deu?

—Re­cu­pe­rou­se un­ha parte, pe­ro é moi de­sigual, se­gun­do a zo­na e a va­rie­da­de re­cu­pe­rou­se moi­to ou ape­nas na­da.

—Co­mo vén a uva?

—A uva es­tá nun estado sa­ni­ta­rio óp­ti­mo, con es­tes ca­lo­res, sen pro­ble­mas de mil­deu nin nin­gún ti­po de en­fer­mi­da­des. Es­tá san, ideal. Fa­ría­lle fal­ta un día de chu­vias pa­ra que in­cha­ran e au­men­ta­ran a pro­du­ción... pe­ro co­mo non de­pen­de de nós.

Gar­cía Pan­do que­re po­ten­ciar a ima­xe de ca­li­da­de do vi­ño de Val­deo­rras

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.