«Foi un ano moi bo en qui­los; en eu­ros ta­mén, pe­ro non me­dra­ron á par»

Acha­ca ao ca­ba­lón o im­por­tan­te as­cen­so do vo­lu­me subas­ta­do

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - TERRA - A. BUÍNCAS

«Non hai quei­xa». Jo­sé An­to­nio Gó­mez Cas­tro, Jo­se­li­to, coin­ci­de en que o 2017 foi un bo ano pa­ra a pes­ca ga­le­ga. Non hai máis que mi­rar os nú­me­ros da lon­xa da con­fra­ría da que é pa­trón maior. Me­dra­ron tan­to os do vo­lu­me po­xa­do co­mo os da fac­tu­ra­ción. Má­goa que es­tes úl­ti­mos non me­dra­sen á par.

—No­tou o sec­tor ese ano his­tó­ri­co nas súas con­tas?

—No­tou. Foi un ano moi bo en qui­los. En eu­ros ta­mén, pe­ro ese in­cre­men­to non se co­rres­pon­de co que ti­ve­ron as descargas. A ex­pli­ca­ción é que na no­sa lon­xa o que máis se ven­de é pei­xe azul, es­pe­cies de pre­zo es­ta­ble, pe­ro re­la­ti­va­men­te bai­xo. Por iso subimos moi­to en vo­lu­me de descargas, pe­ro non me­dra­mos na mes­ma por­cen­ta­xe en eu­ros. Aín­da así, foi un ano es­plén­di­do e a flo­ta foi ren­di­ble to­do o ano. Foi bo pa­ra to­dos, pa­ra os bar­cos gran­des e pa­ra os pe­que­nos.

—E iso a pe­sa­res de to­dos os pro­ble­mas que ten o cer­co...

—Si, ca­se sen sar­di­ña, con pou­co xu­re­lo, me­nos co­ta de xar­da... O ano sal­vouno o ca­ba­lón, ou es­tor­ni­ño. Foi un ano de cap­tu­ras his­tó­ri­cas. É un­ha es­pe­cie que an­tes prac­ti­ca­men­te non ti­ña mer­ca­do e agora ten de­man­da e, aín­da que os pre­zos non son moi al­tos, man­ti­vé­ron­se es­ta­bles.

—¿Quen mer­ca agora o ca­ba­lón?

—An­tes ía pa­ra car­na­da nos pa­lan­gres ou nas na­sas, pe­ro de un tem­po a es­ta par­te, os máis gran­des, de­mán­da­nos as fá­bri­cas con­ser­vei­ras e ta­mén os paí­ses do les­te e de Orien­te Me­dio. Pa­sou co­mo coa bo­ga, que an­tes se de­vol­vía ao mar ou se man­da­ba pa­ra ce­bo e agora xa va­le tan­to ou máis que o xu­re­lo, den­de que se em­pe­za­ron coas xor­na­das de pro­mo­ción dos pro­du­tos me­nos co­ñe­ci­dos ou va­lo­ra­dos.

—Na Con­se­lle­ría do Mar din que agora a asig­na­tu­ra pen­den­te é a co­mer­cia­li­za­ción. Opi­na o mes­mo?

—Nós, por moi­to que pro­mo­cio­ne­mos o no­so pro­du­to, non vai su­bir moi­to de pre­zo, por­que te­mos, so­bre to­do, pei­xe dos po­bres, que non va­len co­mo o po­de fa­cer o ro­da­ba­llo, o len­gua­do ou o ma­ris­co.

—Sen em­bar­go, si que par­ti­ci­pan nun pro­xec­to con ou­tras lon­xas pa­ra me­llo­rar a co­mer­cia­li­za­ción. En que con­sis­te?

—En per­mi­tir a par­ti­ci­pa­ción on­li­ne na subas­ta de pei­xe. As lon­xas de Bueu, Ma­rín, Portonovo e Cam­pe­lo te­mos un­ha pla­ta­for­ma, pes­ca­doar­te­sa­nal.com, que per­mi­te ao mi­no­ris­ta ac­ce­der aos da­tos das es­pe­cies que se van po­ñer a subas­ta e lan­zar or­des de com­pra por In­ter­net den­de cal­que­ra das lon­xas, den­de o seu do­mi­ci­lio, ou mes­mo den­de o seu ne­go­cio. Ten­do esa or­de por adian­ta­do, no mo­men­to en que o pre­zo aca­de o que o com­pra­dor ofre­ceu on­li­ne, pá­ra­se a po­xa e se re­ti­ra a mer­can­cía que se lle gar­da ata que a ve­ña a bus­car.

—Non se lle en­vía?

—Por agora, non. Eso xa se­ría si o pro­xec­to da re­sul­ta­do. Hou­bo xa ou­tros intentos de ven­ta por In­ter­net e fra­ca­sa­ron pre­ci­sa­men­te por­que em­pe­za­ron po­la lo­xís­ti­ca. Pri­mei­ro imos ver se fun­cio­na e máis adian­te pen­sa­re­mos o do trans­por­te e a dis­tri­bu­ción.

—E fun­cio­na?

—Vai len­to. Te­mos di­fi­cul­ta­des pa­ra que o sec­tor se im­pli­que. Pa­ra que is­to fun­cio­ne, o pes­ca­dor ten que en­viar con an­te­la­ción os da­tos do que vai traer á lon­xa pa­ra que os de­ta­llis­tas te­ñan pre­sen­te que vai ha­ber e poi­dan pla­ni­fi­car a súas com­pras.

—E o sec­tor non se im­pli­ca.

—Non. Cos­ta. Ou non o fan ou tar­dan en fa­ce­lo. De na­da sir­ve que no­lo co­mu­ni­quen can­do vai xa em­pe­zar a subas­ta.

—Non hai pi­ques ou ri­va­li­da­des en­tre as ru­las do pro­xec­to por­que se com­pre máis a un que a ou­tro?

—A cla­ve es­tá en que te­mos di­fe­ren­zas en pro­du­to. Cam­pe­lo ten so­bre to­do ma­ris­queo e ar­tes me­no­res; Ma­rín ten ta­mén bai­xu­ra, pe­ro é for­te no arras­tre; Bueu ven­de pei­xe das na­sas, per­ce­be e al­go de ar­tes me­no­res e en Portonovo te­mos da bai­xu­ra e, so­bre to­do do cer­co. O pro­ble­ma que ve­mos é que un­ha pes­can­ti­na, se que­re ter va­rie­da­de de pei­xe no seu posto, te­ría que ir ás ca­tro lon­xas e non po­de, é im­po­si­ble, po­lo que ten que com­prar to­do nun­ha ou pa­gar­lle a un co­mi­sio­nis­ta pa­ra que lle mer­que nas ou­tras. E con es­ta pla­ta­for­ma, ao po­der po­xar en to­das, po­de fa­cer­se con xé­ne­ro das ca­tro e ter a va­rie­da­de. Is­to po­de­ría ser un­ha so­lu­ción pa­ra a ría de Arou­sa, que son moi­tí­si­mas con­fra­rías ca­da un­ha coa súa lon­xa, con subas­tas ao mes­mo tem­po ou con moi pou­ca di­fe­ren­za.

—E non se­ría me­llor con­cen­trar as ven­das to­das nun­ha soa, xa que o sec­tor non se im­pli­ca?

—Eu non son par­ti­da­rio. As no­vas tec­no­lo­xías fan po­si­ble que non ha­xa que des­lo­ca­li­zar nin­gun­ha lon­xa e fa­cer per­der a un po­bo a vi­da do seu por­to pes­quei­ro, que é o cen­tro so­cial, cul­tu­ral e eco­nó­mi­co das lo­ca­li­da­des de­pen­den­tes da pes­ca. ¡Mi­ra! En Portonovo te­mos un ce­na­dor, con ban­cos pa­ra sen­tar­se, que lle cha­ma­mos A Mon­cloa. Aí reúne­se a xen­te, so­bre to­do xu­bi­la­dos, pa­ra char­lar: os luns de fút­bol, os mar­tes de po­lí­ti­ca... Eso si, can­do to­ca a si­re­na, to­do o mun­do vai pa­ra a lon­xa. Mi­ra o que pes­cou un, o que co­lleu o ou­tro... E é dia­rio. Esa é a reali­da­de dos postos pes­quei­ros. Per­der a lon­xa é per­der a esen­cia. E iso é al­go que nós que­re­mos man­ter.

«Cos­ta que o sec­tor se im­pli­que pa­ra sa­car adian­te o pro­xec­to de ven­ta por In­ter­net»

SAN­DRA ALON­SO

Gó­mez Cas­tro non é par­ti­da­rio nes­te mo­men­to de pe­char nin­gun­ha lon­xa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.