O par­dal co­mún, eli­xi­da ave do ano en Es­pa­ña

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - NEWS - > An­to­nio San­do­val Rey

A si­tua­ción des­te pa­xa­ro tan abun­dan­te e fá­cil

de ver non é tan doa­da como apa­ren­ta

A fi­nais de 2015 a So­cie­da­de Es­pa­ño­la de Or­ni­to­lo­xía SEO/ Bir­dLi­fe con­vo­cou aos seus so­cios e sim­pa­ti­zan­tes a un­ha vo­ta­ción pa­ra eli­xir que ave me­re­ce­ría es­te ano a aten­ción de todos po­lo seu es­ta­do de con­ser­va­ción. Re­sul­tou ga­ña­dor un deses pa­xa­ros tan abun­dan­tes e fá­ci­les de ver que cal­que­ra cre­ría que non so­fren amea­za al­gun­ha, se­nón máis ben ao con­tra­rio: o par­dal co­mún.

Re­sul­ta que a súa si­tua­ción non é tan ama­ble como apa­ren­ta. A tra­vés de di­fe­ren­tes programas de se­gui­men­to des­ta e ou­tras aves co­múns, SEO/Bir­dLi­fe des­cu­briu que des­de 1996 a po­boa­ción es­pa­ño­la de par­dal co­mún des­cen­deu nun 10 %. E que es­te des­cen­so foi máis acu­sa­do so­bre to­do en Ma­drid, Cas­te­la e León e Va­len­cia. Nes­tas tres co­mu­ni­da­des au­tó­no­mas es­tí­ma­se a per­da en pre­to de 400.000 exem­pla­res ao ano. Aín­da hai moi­tos par­dais. De fei­to, es­tí­ma­se que es­ta es­pe­cie é o ver­te­bra­do máis abun­dan­te de Es­pa­ña, cuns 160 mi­llóns de in­di­vi­duos. En­tón ¿por que preo­cu­par­se?

A his­to­ria es­tá chea de exem­plos de como es­pe­cies de aves moi abun­dan­tes pasan a des­apa­re­cer en pou­cas dé­ca­das. En Ga­li­cia te­mos o exem­plo do arao co­mún. Si­mi­lar a un pe­queno pin­güín, ata me­dia­dos do sécu­lo pa­sa­do era a ave ma­ri­ña máis abun­dan­te como re­pro­du­to­ra nas no­sas cos­tas. Os pes­ca­do­res de máis ida­de re­cor­dan ben as súas abun­dan­tes co­lo­nias en di­fe­ren­tes can­tís. Ho­xe só que­dan un­has pou­cas pa­re­llas no ca­bo Vi­lán, en Ca­ma­ri­ñas. A cap­tu­ra ac­ci­den­tal en ar­tes de pes­ca de ny­lon e as ma­reas ne­gras fo­ron os prin­ci­pais res­pon­sa­bles da súa des­apa­ri­ción.

Peor é a his­to­ria da pom­ba mi­gra­to­ria norteamericana. Hai 200 anos for­ma­ba ban­da­das tan es­pe­sas que ao seu pa­so, di­cía­se, ocul­ta­ban a luz do sol. Cre­se que por en­tón era a ave máis abun­dan­te de to­do o pla­ne­ta. O seu nú­me­ro rol­da­ba en­tre os 3.000 e os 5.000 mi­llóns de exem­pla­res. His­to­ri­ca­men­te a súa po­boa­ción flu­tua­ra se­gun­do a dis­po­ñi­bi­li­da­de de ali­men­to. Pe­ro na­quel sécu­lo foi ca­za­da sen des­can­so, al­go que nun­ca an­tes su­ce­de­ra. Ata que des­apa­re­ceu do to­do. O úl­ti­mo exem­plar mo­rreu no zoo de Cin­cin­na­ti en 1914. En Es­ta­dos Uni­dos moi­tos se pre­gun­tan aín­da como foi po­si­ble al­go así.

QUE ACON­TE­CE

Pe­ro os par­dais non se ca­zan. Nin co­rren o ris­co de ser cap­tu­ra­dos en re­des de pes­ca. En­tón ¿que lles po­de­ría su­ce­der?

Quen su­po­ña que is­to só de­be preo­cu­par aos ornitólogos equi­vó­ca­se. A saú­de das aves coas que com­par­ti­mos a no­sa ci­da­de ou o no­so po­bo di moi­to da saú­de do no­so me­dio am­bien­te. Ao es­tu­dar as cau­sas do seu de­cli­ve ana­li­za­mos que po­de ir mal e se é mo­ti­vo de preo­cu­pa­ción pa­ra o no­so pro­pio be­nes­tar. Así é como os par­dais, e quen es­tu­dan es­ta e ou­tras aves, con­vér­ten­se en sen­ti­ne­las da saú­de am­bien­tal de todos.

IAN WHI­TE

O par­dal co­mún é un pa­xa­ro moi fa­mi­liar e fá­cil de ver nos po­bos e ci­da­des

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.