ac­ti­vi­da­des

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - NEWS -

Ob­ser­van­do par­dais

Ao vi­vir tan pre­to de nós, os par­dais son moi fá­ci­les de ob­ser­var. Canto ne­ce­si­tas é ache­gar­che a eles e só un pou­co de pa­cien­cia. Se ade­mais po­des con­se­guir uns pris­má­ti­cos pa­sa­ra­lo aín­da me­llor. Fí­xa­te: os ma­chos lo­cen un­ha am­pla man­cha ne­gra na gar­gan­ta, te­ñen a ca­lu­ga de cor cas­ta­ña e o dor­so raia­do de ne­gro, cas­ti­ñei­ro e bei­xe. As fe­mias e os mo­zos son de co­res moi­to máis dis­cre­tas. O canto dos pri­mei­ros é ese mo­nó­tono chrrip, chrrip, chrrip que tan­to soa nas no­sas rúas, pra­zas ou po­bos. Adoi­tan ir de aquí pa­ra alá con rá­pi­dos sal­tos, e tan­to re­co­llen fa­ra­gu­llas do chan como cap­tu­ran in­sec­tos ao voo. No ou­tono e no in­verno gús­ta­lles vi­vir en ban­da­das. Na pri­ma­ve­ra os ma­chos che­gan a ser moi pe­le­xa­do­res can­do de­fen­den o seu te­rri­to­rio. O seu cor­te­xo é moi es­pec­ta­cu­lar e as fe­mias eli­xen ao ma­cho se­gun­do as súas pro­por­cións e como é ca­paz de acol­char con plu­mas o ni­ño. Os ovos, en­tre tres e cin­co, adoi­tan ser abran­ca­za­dos e sen mar­cas. Non son aves via­xei­ras, de mo­do que adoi­tan pa­sar to­da a vi­da pre­to de on­de na­cen.

Con­vér­te­te en sen­ti­ne­la

Co­la­bo­rar nos programas de se­gui­men­to de SEO/ Bir­dLi­fe é moi sin­xe­lo. O com­pli­ca­do, ao prin­ci­pio, se­rá fa­mi­liari­zar­te con al­gun­has das es­pe­cies de aves co­múns na túa con­tor­na. Pe­ro, como tan­tas ou­tras cou­sas, iso é al­go que pre­ci­sa­men­te só se apren­de coa prác­ti­ca. Un­ha boa idea é fa­ce­lo en­tre va­rios, por exem­plo to­da a cla­se, com­par­tin­do dú­bi­das, ex­plo­ra­cións da con­tor­na e acha­dos. Ne­ce­si­ta­re­des pris­má­ti­cos, un ca­derno, un­ha guía de cam­po de aves, ga­nas de saír a pa­sear e cu­rio­si­da­de por co­ñe­cer me­llor as aves que vi­ven no vo­so po­bo ou ci­da­de. É di­cir, por sa­ber al­go máis acer­ca de como é o lu­gar on­de vi­vi­des.

Pa­ra axu­dar­vos, SEO/ Bir­dLi­fe pon a dis­po­si­ción de todos un ma­te­rial moi útil nes­ta web: http:// www.se­gui­mien­to­dea­ves. org/

20 de mar­zo: Día Mun­dial do Par­dal

O pró­xi­mo 20 de mar­zo ce­lé­bra­se en to­do o pla­ne­ta o Día Mun­dial do Par­dal. ¿Ani­má­des­vos a ce­le­bra­lo a cla­se, por exem­plo com­pro­ban­do se vi­ven par­dais pre­to do vo­so co­le­xio e can­tos?

Tes máis in­for­ma­ción nes­ta web: http://www. worlds­pa­rrow­day.org/

Ta­mén na web de SE/ Bir­dLi­fe, acer­ca da mes­ma con­me­mo­ra­ción o ano pa­sa­do: http://bit.ly/1FJ­yA­nF

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.