Da es­ta­ción es­pa­cial á Lúa

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS -

A es­ta­ción es­pa­cial in­ter­na­cio­nal (ISS, po­la súa si­glas en in­glés) cons­ti­túe na ac­tua­li­da­de un so­por­te moi útil pa­ra as in­ves­ti­ga­cións cien­tí­fi­cas no es­pa­zo, pe­ro nun fu­tu­ro pro­ba­ble­men­te se­rá in­su­fi­cien­te pa­ra os pro­xec­tos de ex­plo­ra­ción a lu­ga­res máis afas­ta­dos do cos­mos. A Axen­cia Es­pa­cial Eu­ro­pea (ESA) aca­ba de dar a co­ñe­cer o pro­xec­to Moon Vi­lla­ge, que pre­ten­de cons­truír un­ha ba­se per­ma­nen­te na Lúa que com­ple­men­ta­ría á ISS e que po­de­ría che­gar a subs­ti­tuí­la can­do a es­ta­ción dei­xa­se de ser ope­ra­ti­va.

Coa in­ten­ción de man­ter a co­la­bo­ra­ción in­ter­na­cio­nal no seu desen­vol­ve­men­to e ac­ti­vi­da­de, a ba­se lu­nar ache­ga­ría no­vas re­fe­ren­cias so­bre como su­pe­rar lon­gos pe­río­dos de tem­po no cos­mos, que con­tras­ta­rían en cer­ta me­di­da cos ob­ti­dos das via­xes en ór­bi­ta pró­xi­ma á Te­rra, como oco­rre na es­ta­ción es­pa­cial.

O pro­xec­to xa em­pe­zou a desen­vol­ver­se con al­gun­has pro­bas en te­rra nas que se bus­ca, por exem­plo, un illan­te pa­ra o re­cin­to lu­nar que pro­te­xa aos seus ha­bi­tan­tes da in­ten­sa ra­dia­ción cós­mi­ca. Pe­ro aín­da ten di­ver­sas cues­tións que re­sol­ver, como desen­vol­ver de no­vo fo­gue­tes que poi­dan le­var aos as­tro­nau­tas á Lúa, pois os que exis­ten ac­tual­men­te es­tán pen­sa­dos pa­ra os tras­la­dos á ISS, a só 400 qui­ló­me­tros do no­so pla­ne­ta.

Re­crea­ción do pro­xec­to Moon Vi­lla­ge

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.