A in­cer­te­za xu­rí­di­ca dos ha­bi­tan­tes de Ons

Du­ran­te o ve­rán, a illa, no­vo ob­ser­va­to­rio das es­tre­las, te­rá vi­si­tas guia­das po­la noi­te pa­ra ob­ser­var o ceo

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Cris­tó­bal Ra­mí­rez

Dúas no­ti­cias vol­ve­ron po­ñer de mo­da á Illa de Ons, un­ha das que in­te­gran o Par­que Na­cio­nal das Illas Atlán­ti­cas. E ben di­fe­ren­tes. Por un­ha ban­da o par­que pa­sou ser un Des­tino Star­light, é di­cir, un lu­gar idó­neo pa­ra ob­ser­var os ceos po­la noi­te, e por iso ha­be­rá es­te ve­rán, por pri­mei­ra vez, vi­si­tas guia­das des­pois do sol­por. E por ou­tra ban­da, es­cri­biu­se nos xul­ga­dos un ca­pí­tu­lo máis so­bre a pro­pie­da­de de­sa illa alon­ga­da que ten co­mo pra­to es­tre­la o pol­bo con ca­che­los.

A illa de Ons ten dono par­ti­cu­lar. Ou me­llor, ti­ña. Cha­má­ba­se Di­dio Rio­bó e mo­rreu en 1936. A illa que­dou an­co­ra­da a un fon­do do mar gra­ní­ti­co, pe­ro so­cial e hu­ma­na­men­te á de­ri­va. Hai pou­co o Tri­bu­nal Su­pre­mo po­ñía fin a esa si­tua­ción tan anó­ma­la e re­xei­ta­ba que o pe­queno ar­qui­pé­la­go vol­ve­se a mans dos her­dei­ros de Rio­bó, pe­ro acep­tou –re­bai­xa por me­dio- a súa pe­ti­ción de per­ci­bir un­ha in­dem­ni­za­ción: 605.601 eu­ros fo­ron a pa­rar ao pe­to da so­cie­da­de Is­la de Ons S. L. O li­ti­xio du­ra­ra 18 anos, e xa no 2014 o Tri­bu­nal Su­pe­rior de Jus­ti­cia de Ma­drid fa­lla­ra do mes­mo xei­to, de ma­nei­ra que o Su­pre­mo o que fi­xo foi ra­ti­fi­car a sen­ten­za.

Con in­de­pen­den­cia da can­ti­da­de eco­nó­mi­ca (os her­dei­ros do dono pe­dían 1,1 mi­llóns de eu­ros), nin­guén pen­sa­ba que a illa pui­de­se ser pri­va­ti­za­da de no­vo xa que pri­mei­ro foi ex­pro­pia­da en 1940 den­tro dun pro­xec­to mi­li­tar de de­fen­sa sen ter en con­ta pa­ra na­da aos seus ve­ci­ños, trans­fe­ri­da no 1984 á Xun­ta e na ac­tua­li­da­de for­ma par­te do Par­que Na­cio­nal das Illas Atlán­ti­cas. O que si hai é un lon­go con­ten­cio­so, ago­ra ador­me­ci­do, po­la pro­pie­da­de das vi­ven­das e mais dos te­rreos cul­ti­va­bles, to­dos eles na aba do les­te, xa que o oes­te é sin­xe­la­men­te un can­til en ver­ti­cal.

Ma­ría Je­sús Acu­ña, em­pre­sa­ria e un­ha re­fe­ren­cia den­tro da illa, non oculta que os ve­ci­ños es­tán «amo­la­dos, por­que no 2001 acor­dou­se un­ha con­ce­sión por 90 anos e po­si­ble pró­rro­ga, pe­ro co­mo non se desen­vol­veu o re­gu­la­men­to, no 2011 saíu un­ha lei es­ta­tal que di que non po­de ha­ber con­ce­sión de máis de 75 anos». Pe­ro a sen­ten­za con re­la­ción á pro­pie­da­de da illa non preo­cu­pa a Ma­ría Je­sús Acu­ña: « Xa can­do re­cla­ma­ron es­ta­ba to­do en­la­za­do, to­do ata­do, por­que Ons nun­ca vol­ve­ría ás súas mans xa que é par­que na­cio­nal». En efec­to, xun­to con On­za ou On­ce­ta (ve­ci­ña), Cor­te­ga­da, Sál­vo­ra e o ar­qui­pé­la­go das Cíes, in­te­gra ese par­que na­cio­nal, con­ver­ti­do nun po­lo de atrac­ción tu­rís­ti­ca pe­ro ta­mén en re­ser­va or­ni­to­ló­xi­ca e pai­sa­xís­ti­ca.

¿E Di­dio Rio­bó? Sá­be­se pou­co del. Na­ce­ra en Bueu no 1888. Fí­xo­se mé­di­co e par­ti­ci­pou na vi­da política do país na­que­les axi­ta­dos anos, im­pul­san­do a Agru­pa­ción Re­pu­bli­ca­na Ra­di­cal da súa lo­ca­li­da­de, on­de ta­mén foi con­ce­llei­ro. En 1931 de­ci­diu ir vi­vir á illa de Bueu e preo­cu­pou­se da me­llo­ra da vi­da dos co­lo­nos, her­dan­do o es­pí­ri­to do seu pai. Per­se­gui­do po­los seus ideais po­lí­ti­cos en 1936 por par­te de aque­les mi­li­ta­res que se su­ble­va­ron con­tra a Se­gun­da Re­pú­bli­ca, non aguan­tou a pre­sión e qui­tou­se a vi­da.

O par­que na­cio­nal das Illas Atlán­ti­cas, do que for­ma par­te Ons, pa­sou ser un Des­tino Star­light

F. REY DA­LUZ

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.