ac­ti­vi­da­des

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS >> -

Bus­ca ou­tros exem­plos de ban­dei­ras que in­cor­po­ren es­pe­cies ani­mais ou ve­xe­tais e in­ves­ti­ga por que: http://bit.ly/1TBNhMl e http:// www.flags.net/

Cla­si­fi­car é un­ha das ha­bi­li­da­des que to­do cien­tí­fi­co de­be do­mi­nar. Cla­si­fi­ca as ban­dei­ras des­ta pá­xi­na aten­den­do a di­ver­sos cri­te­rios e es­tu­da a in­ter­sec­ción (que ele­men­tos com­par­ten) dos con­xun­tos que crea­ches. Com­pa­ra os teus cri­te­rios cos dos teus com­pa­ñei­ros de cla­se.

Adi­vi­ña or­ni­to­ló­xi­ca: co­mo ves hai moi­tas ban­dei­ras que in­cor­po­ran aves, pe­ro só hai un pa­xa­ro que in­clúe un­ha ban­dei­ra. ¿Sa­bes cal é? Un­ha pis­ta: aten­de ao no­me cien­tí­fi­co de «Mo­ta­ci­lla». Un­ha vez que deas coa res­pos­ta ela­bo­ra un­ha fi­cha cos prin­ci­pais da­tos e ca­rac­te­rís­ti­cas dal­gun­ha das es­pe­cies que in­te­gran de­van­di­to xé­ne­ro. Pre­pa­ra fi­chas si­mi­la­res pa­ra as ou­tras es­pe­cies de aves que apa­re­cen nes­tas ban­dei­ras

Bus­ca en­tre a rou­pa da túa ca­sa, ou pre­gun­ta aos teus fa­mi­lia­res, al­gun­ha pe­za ela­bo­ra­da con al­pa­ca e com­pá­raa con ou­tra con­fec­cio­na­da con la de ove­lla. ¿Que di­fe­ren­zas apre­cias en­tre elas?

Exa­mi­na que ti­po de re­cheos es­con­den os dis­tin­tos co­xíns, al­mo­fa­das e rou­pas de abri­go que ato­pes por ca­sa. ¿Al­gún de­les é de ka­pok? Com­pá­raos co al­go­dón e ano­ta as di­fe­ren­zas e si­mi­li­tu­des.

Fai un­ha lis­ta cos bó­vi­dos de maior ta­ma­ño e ou­tra aten­den­do ao ta­ma­ño da súa cor­na­men­ta. ¿Son iguais? ¿Que con­clu­sións po­des ti­rar?

¿Co­ñe­ces o teo­re­ma das ca­tro co­res? Po­des con­sul­ta­lo aquí: http://bit.ly/1ER­kH3q. In­ten­ta de­du­cir un teo­re­ma si­mi­lar pa­ra o co­lo­rea­do das ban­dei­ras.

Se a ve­xi­co­lo­xía é o es­tu­do das ban­dei­ras, a ve­xi­lo­gra­fía en­cár­ga­se do seu deseño. De­se­ña un­ha ban­dei­ra pa­ra o teu país, a túa co­mu­ni­da­de au­tó­no­ma e a túa ci­da­de que re­flic­ta al­gún dos ele­men­tos iden­ti­fi­ca­ti­vos, ben al­gun­ha es­pe­cie ani­mal ou ve­xe­tal, ben al­gún sím­bo­lo in­dus­trial ou un­ha com­bi­na­ción de va­rios.

Se­gu­ro que vi­ches a pe­lí­cu­la de ani­ma­ción es­pa­ño­la «Atra­pa a ban­dei­ra». En­tón re­cor­da­rás que se men­cio­na o he­lio 3 exis­ten­te na Lúa co­mo fon­te de ener­xía do fu­tu­ro. In­ten­ta deseñar un­ha ban­dei­ra lu­nar que re­flic­ta es­te recurso.

O si­ro­pe de pra­dai­ro é un edul­co­ran­te moi uti­li­za­do en Nor­tea­mé­ri­ca. ¿Que ou­tros edul­co­ran­tes po­des ci­tar? ¿Son de ori­xe na­tu­ral ou ar­ti­fi­cial? No pri­mei­ro ca­so, ¿de que fon­te se ob­te­ñen? E no se­gun­do, ¿quen os in­ven­tou? ¿Ca­les son as súas ca­rac­te­rís­ti­cas quí­mi­cas, nu­tri­cio­nais e or­ga­no­lép­ti­cas?

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.