A USC aplau­de a Bermejo po­la súa de­fen­sa do ga­le­go

La Voz de Galicia (Santiago) - Santiago local - - SANTIAGO -

SUSANA LUAÑA No Pa­ra­nin­fo de Historia, no mes­mo lu­gar on­de o 16 de se­tem­bro de 1915 o pro­fe­sor Porteiro, ca­te­drá­ti­co de De­rei­to Ci­vil da USC, leu a pri­mei­ra lec­ción en ga­le­go da que se ten cons­tan­cia, o ca­te­drá­ti­co de Quí­mi­ca Inor- gá­ni­ca Ma­nuel Bermejo Pa­ti­ño re­co­lleu o pre­mio que le­va o no­me do pri­mei­ro e que re­co­ñe­ce a pro­mo­ción e o uso do ga­le­go no ei­do universitario. O xu­ra­do ou­tor­gou o pre­mio ao pro­fe­sor emé­ri­to de en­tre quin­ce pro­pos­tas de oi­to can­di­da­tos, e o fi­xo para re­co­ñe­cer que Bermejo xa desde os anos 70 em­pre­gou o ga­le­go con nor­ma­li­da­de tan­to nas cla­ses como nos seus tra­ba­llos de in­ves­ti­ga­ción. De­se es­for­zo dei­xou pe­ga­da o mes­tre en­tre os alum­nos que ago­ra son pro­fe­so­res e que se­guen a em­pre­gar o ga­le­go, tal e como re­co­ñe­ceu o ho­me­na­xea­do no seu dis­cur­so. Bermejo Pa­ti­ño mos­trou­se emocionado e agra­de­ci­do po­lo ga­lar­dón e di­xo, an­te o au­di­to­rio do Pa­ra­nin­fo, que el non fi­xe­ra na­da ex­tra­or­di­na­rio máis que «vi­vir como o que son, como ga­le­go».

Con­fe­sou que nun­ca se sen­tiu per­se­gui­do nin amea­za­do por ex­pre­sar­se en ga­le­go, pe­ro fi­xo un­ha cha­ma­da de aten­ción á USC e, en par­ti­cu­lar, ao reitor Juan Via­ño, que foi quen lle en­tre­gou o pre­mio, po­la fa­lla dun pro­to­co­lo que pro­mo­va o uso da lin­gua au­tóc­to­na no ei­do académico, on­de, se­gun­do o ca­te­drá­ti­co, quen se ex­pre­sa en ga­le­go faino a tí­tu­lo in­di­vi­dual. «Es­ta­mos per­den­do a ba­ta­lla da lin­gua», ase­gu­rou.

SAN­DRA ALON­SO

Ma­nuel Bermejo, no cen­tro co reitor Juan Via­ño e ou­tras au­to­ri­da­des pre­sen­tes no ac­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.