«Non son só as pe­zas da fa­mi­lia Fran­co, hai máis en mans pri­va­das que saí­ron de aquí»

La Voz de Galicia (Santiago) - Santiago local - - SANTIAGO -

Xoán Pau­lo II vi­si­tou a tum­ba do Após­to­lo no ano san­to de 1982 — vol­ve­ría en 1989 pa­ra ter un en­con­tro con mo­zos de to­do o mun­do—, e Biei­to XVI fí­xoo no ano san­to do 2010.

—¿Es­ta­rá o pa­pa no ano san­to do 2021?

—Vé­xoo di­fí­cil por­que es­te pa­pa vai a paí­ses po­bres on­de hai pro­ble­mas. Eu dí­xen­llo nun­ha con­ver­sa que ti­ven con el, e res­pon­deu de bro­ma que iso non de­pen­día del se­nón de quen lle or­ga­ni­za as via­xes. Te­ría­se que dar un­ha cir­cuns­tan­cia moi es­pe­cial pe­ro non o creo, e é un­ha má­goa.

—¿Co­mo van as súas re­la­cións co al­cal­de?

—Eu co al­cal­de lé­vo­me moi ben aín­da que no ins­ti­tu­cio­nal gus­ta­ría­me que me fi­xe­ran al­go máis de ca­so; os pe­re­gri­nos pro­tes­tan moi­to po­la ma­la si­na­li­za­ción da Ca­te­dral e da Ofi­ci­na de Pe­re­gri­nos e vai to­do moi len­to, pe­ro per­soal­men­te te­ño un­ha re­la­ción cor­dial, tan­to con el co­mo coa con­ce­llei­ra de Cul­tu­ra.

—Pe­ro non o vai con­ver­ter á fe...

—Eu res­pec­to a li­ber­da­de das per­soas e el ta­mén ten res­pec­to po­las cren­zas dos ca­tó­li­cos e iso é o que im­por­ta.

—No­rie­ga vén de fa­cer pú­bli­cos os do­cu­men­tos que de­mos­tran que as pe­zas do Pór­ti­co da Glo­ria en po­der da fa­mi­lia Fran­co son pro­pie­da­de do Con­ce­llo de San­tia­go. ¿Pen­sa que de­be­rían de­vol­ve­las?

—Non son só esas, hai máis en mans pri­va­das que saí­ron de aquí, que sa­be­mos per­fec­ta­men­te que se le­va­ron da Ca­te­dral un día e lo­go se ven­de­ron, iso é in­con­tro­la­ble, pe­ro ¡cla­ro que se­ría bo que as de­vol­ve­ran!

—Coas obras apa­re­ce­ron al­gun­has es­cul­tu­ras que es­ta­ban so­te­rra­das. ¿Po­de­ría ha­ber máis?

—Se­gu­ra­men­te po­de­rían apa­re­cer máis co de­sen­vol­ve­men­to das obras. Na Ca­te­dral, pe­ro ta­mén en to­do San­tia­go, se es­ca­vas, apa­re­cen cou­sas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.