Oi­ten­ta anos do pri­mei­ro voo «co­mer­cial»

La Voz de Galicia (Santiago) - Santiago local - - AGENDA - editor@al­va­re­llos.in­fo QUI­QUE AL­VA­RE­LLOS

O pró­xi­mo xo­ves 21 de se­tem­bro cúm­pren­se 80 anos do pri­mei­ro voo «co­mer­cial» rea­li­za­do den­de o no­vo ae­ro­por­to de San­tia­go de Com­pos­te­la, den­de un­has ins­ta­la­cións que fo­ran inau­gu­ra­das dous anos an­tes, en xu­llo de 1935. Pu­xe­mos co­mi­ñas a «co­mer­cial» por­que es­ta­mos en ple­na gue­rra (in)ci­vil, en se­tem­bro do ano 1937, e na­da po­día ser nor­mal na­que­les días. Lo­go con­ta­mos os de­ta­lles.

Pa­ra via­xar nes­ta Fo­tohis­to­ria a aque­las da­tas e ás ori­xes do ae­ro­por­to de La­va­co­lla te­mos a axu­da de to­do un ex­per­to, quen le­va anos in­ves­ti­gan­do e do­cu­men­tan­do a his­to­ria dos no­sos ai­res com­pos­te­láns, Xe­rar­do Ro­drí­guez, no seu día Xe­fe de Di­vi­sión de Con­trol de Trá­fi­co Aé­reo en San­tia­go, e quen pre­ci­sa­men­te nas pró­xi­mas se­ma­nas pu­bli­ca­rá o li­bro Cen anos de avia­ción en Com­pos­te­la, que reúne cen­tos de do­cu­men­tos e ou­tras tan­tas ima­xes des­ta sin­gu­lar his­to­ria.

Di­cia­mos que se cum­pren oi­ten­ta anos do pri­mei­ro voo «co­mer­cial» de La­va­co­lla. O ae­ro­por­to, coa gue­rra, con­ver­té­ra­se en mi­li­tar, pe­ro as au­to­ri­da­des fran­quis­tas que­rían man­ter un­ha apa­ren­te nor­ma­li­da­de, aín­da que só fo­se nos no­mes. De «co­mer­cial» ti­ña pou­co. Aque­la pri­mei­ra via­xe uniu San­tia­go con Sa­la­man­ca nun apa­ra­to Jun­ker. A li­ña era San­tia­go-Za­ra­go­za; a com­pa­ñía, Ibe­ria e os apa­re­llos e pi­lo­tos, ale­máns. Fran­co in­ten­ta­ba co­nec­tar os puntos cla­ve das zo­nas «li­be­ra­das». Den­de Za­ra­go­za — co­mén­ta­nos Xe­rar­do Ro­drí­guez— voá­ba­se lo­go a Ber­lín. Por es­ta ra­zón, aquí via­xa­ban mi­li­ta­res, po­lí­ti­cos, e al­gún em­pre­sa­rio... Na via­xe de vol­ta da­quel pri­mei­ro Jun­ker che­ga­ron ta­mén a Ga­li­cia

as pri­mei­ras mer­ca­do­rías que eran trans­por­ta­das po­lo ai­re, ba­si­ca­men­te úti­les de ci­rur­xía pa­ra aten­der ás ví­ti­mas da gue­rra nos hos­pi­tais na ci­da­de.

Os so­rri­sos que con­xe­la a ima­xe de ho­xe evi­den­te­men­te non po­den ser do 37. Son de dous anos an­tes. A da­ta é ex­cep­cio­nal: trá­ta­se, co­mo di­cia­mos, da inau­gu­ra­ción das

ins­ta­la­cións: 28 de xu­ño de 1935. A fo­to­gra­fía, que apa­re­ce­rá no vin­dei­ro li­bro de Xe­rar­do Ro­drí­guez, per­ten­ce ao ar­qui­vo fa­mi­liar dos her­dei­ros de Manuel Pe­na Pe­na, o pri­mei­ro pre­si­den­te do Ae­ro Club Com­pos­te­la. Ne­la, po­san fa­mi­lia­res e so­cias da­quel xa mí­ti­co Ae­ro Club, un­ha aso­cia­ción que foi o ver­da­dei­ro ar­tí­fi­ce da exis­ten­cia do ac­tual

ae­ro­por­to e que la­men­ta­ble­men­te se di­sol­ve­ría a fi­nais dos anos 40 (non con­fun­dir co Real Ae­ro­club de ho­xe). En fin, a his­to­ria com­ple­ta axi­ña a po­de­re­mos ler, ver e go­zar na obra de Xe­rar­do. Por cer­to, un da­to pa­ra ini­cia­dos: o apa­ra­to que aso­ma na ima­xe é un De Ha­vi­lland DH-82-Ti­ger Moth.

FO­TO CE­DI­DA POR J. M. PE­NA FAN­DI­ÑO

A ima­xe foi to­ma­da dous anos an­tes da­quel pri­mei­ro voo, un día úni­co: 28 de xu­llo de 1935, inau­gu­ra­ción do Ae­ro­por­to de La­va­co­lla-San­tia­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.