Pro­pos­tas ur­ba­nís­ti­cas pa­ra o cen­tro de Ne­grei­ra

La Voz de Galicia (Santiago) - Santiago local - - ÁREA METROPOLITANA - X. Aman­cio Li­ña­res Gi­raut

Os que na­ce­mos e op­ta­mos por vi­vir en Ne­grei­ra su­fri­mos a dia­rio as ei­vas, o mal gus­to e os de­sas­tres ur­ba­nís­ti­cos exe­cu­ta­dos so­bre a no­sa vi­la nas úl­ti­mas dé­ca­das. Mes­mo po­de­ría re­dac­tar­se un me­mo­rial de agra­vios. Ben á vis­ta es­tán. Só un gro­sei­ro con­so­lo se­ría di­cir que non so­mos ex­cep­ción —al­gun­has hai, e no­ta­bles— nos plans de ur­ba­nis­mo erra­dos, no sus­pen­so en cons­tru­cións caó­ti­cas e agre­sións ao pa­tri­mo­nio ar­qui­tec­tó­ni­co en moi­tos fe­rra­dos do país. A maio­res, co reclamo da ru­ta San­tia­go-Fis­te­rra, so­mos máis vi­si­ta­dos ca nun­ca, e a im­pre­sión es­té­ti­ca dos fo­rá­neos non abro­lla po­si­ti­va. O te­ma re­bor­da o tex­to dun ar­ti­go, pero, en bre­ve, ve­la­quí tres pro­pos­tas pa­ra o nú­cleo cen­tral (o cen­tro do me­dio, que te­mos es­coi­ta­do) da no­sa vi­la. To­das na re­don­da da pra­za do Con­ce­llo. Pa­ra ma­te­ria­li­za­las, o go­berno lo­cal te­ría que in­xec­tar os re­cur­sos pre­ci­sos, non tan­to pa­ra edi­fi­car, se­nón pa­ra ad­qui­rir, de­rru­bar, deseñar. Su­ma de eu­ros e boa xes­tión.

1. Hai un am­plo apar­ca­doi­ro en dous pre­dios pri­va­dos á bei­ra da Ca­chu­rra, cun ai­re pro­vi­so­rio ou inaca­ba­do, den­de hai tem­po. Fan fal­ta pra­zas pa­ra os vehícu­los. Con­vén mer­car esas her­da­des e con­ver­te­las nun es­ta­cio­na­men­to de­fi­ni­ti­vo, an­tes de que se es­tra­guen.

2. O es­pa­zo si­to no cru­za­men­to do Car­me, en­tre as ca­sas do Ban­co Pas­tor e do Con­ce­llo, fa­ría un­ha lin­da pra­ci­ña cen­tral, re­sal­tan­do am­bos edi­fi­cios e abrin­do un­ha an­cha vía ca­ra á pra­za ane­xa. Un lu­gar pa­ra xar­díns e te­rra­zas hos­ta­lei­ras. Tal idea xa a lan­za­ra a cul­tu­ral Afon­so Ea­nes na dé­ca­da de 1990. Al­gún ar­qui­tec­to ami­go ten­se fi­xa­do no pro­xec­to. Ne­go­cian­do ta­mén cos seus do­nos, só ha­be­ría que com­prar e de­rruír un edi­fi­cio de pou­ca va­lía ar­qui­tec­tó­ni­ca e deseñar o con­xun­to anova­do.

3. Feo, es­cu­ro de máis vai o ca­le­llo que une o Ca­mi­ño Ve­llo coa pra­za do Con­ce­llo. As pa­re­des que o pe­chan po­de­rían en­cher­se de ma­sas de cor —for­mas ti­po Mon­drian— ou de mu­rais con fo­tos his­tó­ri­cas lo­cais, co­mo olla­mos en Foz, Bu­re­la, Carballo, Alla­riz... Tra­tán­doo coa ve­ci­ñan­za, e co seu plá­cet, mu­da­ría a ser un­ha vía ben ar­tís­ti­ca.

Son só tres exem­plos. A de­ci­sión de ha­bi­tar­mos aquí leva a ma­ti­nar e so­ñar con in­ter­ven­cións así, que fa­rían máis gra­ta a vi­da na vi­la.

No ae­ro­por­to ro­mano de Fiu­mi­cino lo­ce un car­tel cun pro­xec­to so­bre a ci­da­de pom­peia­na. Re­tra­teino, por­que amo­sa un­ha fra­se que subs­cri­bo: «Pre­ser­var a no­sa his­to­ria pa­ra pro­mo­ver o tu­ris­mo e va­lo­ri­zar o te­rri­to­rio». Si. Ne­grei­ra non é Pom­peia, nin foi se­pul­ta­da po­lo Ve­su­bio. Mais ne­sa li­ña da re­cu­pe­ra­ción de­be me­llo­rar tal cen­tro do me­dio, po­lo go­zo dos que mo­ra­mos ne­la e de quen nos vi­si­tan.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.