TO­DOS A LEER

BI­BLIO­TE­CAS MU­NI­CI­PA­LES

La Voz de Galicia (Vigo) - El Comarcal Vigo - - PORTADA - [MÍ­RIAM V. F.]

A Bi­blio­te­ca Mu­ni­ci­pal do Po­rri­ño qui­xo apos­tar po­lo fo­men­to da lec­tu­ra dun xei­to di­fe­ren­te. A ma­nei­ra de fa­ce­lo ten no­me pro­pio: chá­ma­se Lúa Co­nLu­vas e é un­ha via­xei­ra in­can­sa­ble que ten a pro­pia bi­blio­te­ca co­mo lu­gar de re­si­den­cia, pe­ro que en reali­da­de pa­ra pou­co por alí, xa que pa­sa a se­ma­na via­xan­do pa­ra lo­go po­der con­tar ás súas pe­ri­pe­cias aos ca­ti­vos que se ache­gan a par­ti­ci­par des­ta ac­ti­vi­da­de.

«Lúa Co­nLu­vas é un­ha ex­plo­ra­do­ra sen pau­sa. To­das as se­ma­nas par­te ca­ra a un país dis­tin­to, le­van­do sem­pre un­ha ma­le­ta que a acom­pa­ña en to­das as súas aven­tu­ras», des­crí­be­na des­de a bi­blio­te­ca. Esa bol­sa non é un ele­men­to se­cun­da­rio no per­so­na­je, se­nón que é alí on­de gar­da as lem­bran­zas de ca­da país, e non só as in­ma­te­riais, se­nón ta­mén al­gun­has ou­tras que os ne­nos po­den tocar coas suás pro­pias mans.

En­tre eses re­cor­dos fí­si­cos es­tán, por exem­plo, as froi­tas máis con­su­mi­das nos lu­ga­res po­los que pa­sa. Acos­tu­ma a traér­llas aos pe- que­nos pa­ra que poi­dan pro­ba­las e, de pa­so, pro­fun­di­zar un pou­co máis nou­tras cul­tu­ras. «En ca­da se­sión os ne­nos me­ren­dan un­ha froi­ta tí­pi­ca de ca­da des­tino no que es­tá e tráeo á bi­blio­te­ca», ahon­dan los res­pon­sa­bles de la ini­cia­ti­va.

Es­te per­so­na­xe fic­ti­cio une as his­to­rias coa di­vul­ga­ción da cul­tu­ra e os cos­tu­mes do país de ori­xe. Des­de esas froi­tas que dá a pro­bar aos par­ti­ci­pan­tes ata a cul­tu­ra ou a mú­si­ca. «Des­te xei­to con­sé­gue­se unir a lec­tu­ra con ou­tros ele­men­tos sen­si­ti­vos: a tra­vés de­les, o neno en­tra en con­tac­to cun­ha cul­tu­ra allea á reali­da­de na que se mo­ve no seu día a día». E con is­to bús­ca­se, pre­ci­sa­men­te, «en­si­nar que hai ou­tros mun­dos, pe­ro que ta­mén es­tán nes­te, e a bi­blio­te­ca é un lu­gar que ser­ve pa­ra po­der des­pe­gar ca­ra a eses ou­tros mun­dos».

A idea é desen­vol­ver un­ha pro­pos­ta di­dác­ti­ca e di­ver­ti­da a un tem­po. « O ob­xec­ti­vo pri­mor­dial é pro­mo­cio­nar a lec­tu­ra, pe­ro fai­se a tra­vés da pre­sen­ta­ción da bi­blio­te­ca co­mo un lu­gar má­xi­co de en­con­tro de cul­tu­ras e de li­bros». Ou­tra fi­na­li­da­de que se busca é me­llo­rar o con­cep­to que o neno ten de si mes­mo, con­tri­buír á for­ma­ción da súa per­so­na­li­da­de. «Desen­vol­ven a así a súa iden­ti­da­de no ám­bi­to cog­ni­ti­vo, afec­ti­vo e mo­ral, fo­men­tan­do ac­ti­tu­des co­mo a so­li­da­rie­da­de, a em­pa­tía, o mul­ti­cul­tu­ra­lis­mo e, a par­tir do co­ñe­ce­men­to, o res­pec­to a ou­tras so­cie­da­des».

Así son as se­sións

Aín­da que Lúa Co­nLu­vas poi­da pa­re­cer a prio­ri a pro­ta­go­nis­ta to­tal e ab­so­lu­ta des­ta ac­ti­vi­da­de, os que real­men­te o son son os ne­nos que par­ti­ci­pan nes­ta ac­ti­vi­da­de.

Ca­da xo­ves, a par­tir das 18.30 ho­ras, Lúa che­ga á bi­blio­te­ca e in­tro­du­ce o te­ma que se vai tra- tar ese día, pro­me­ten­do non dei­xa­los in­di­fe­ren­tes du­ran­te o tem­po que lles agar­da con ela a con­ti­nua­ción.

Xa en ple­na se­sión, es­ta per­so­na­xe em­pre­ga di­fe­ren­tes téc­ni­cas ar­tís­ti­cas e dra­má­ti­cas pa­ra dar a co­ñe­cer as súas aven­tu­ras e des­ven­tu­ras arre­dor do mun­do. As súas an­dai­sas lé­va­na a paí­ses lon­xa­nos co­mo po­de ser Aus­tra­lia, pe­ro tam­pou­co dei­xa á mar­xe os máis pró­xi­mos, co­mo o ve­ci­ño, e non por iso ás ve­ces me­nos co­ñe­ci­do, Por­tu­gal. «Co­ñe­ce­rán de pri­me­ra man os cos­tu­mes, a re­li­xión, a his­to­ria, a mú­si­ca e a li­te­ra­tu­ra de to­dos es­tes lu­ga­res», pro­fun­di­za la or­ga­ni­za­ción.

Non dei­xa­rá de la­do o nú­cleo da ac­ti­vi­da­de: o con­to. E acom­pa­ñan­do á súa es­coi­ta es­ta­rán as froi­tas, in­clui­das al­gun­has exó­ti­cas co­mo li­chis ou ca­quis, así co­mo ou­tras máis tra­di­cio­nais coas que ta­mén é in­tere­san­te que se fa­mi­lia­ri­cen e que lles co­llan o gus­to co­mo po­de ser o ca­so da ma­zá ou a ce­rei­xa. «O ob­xec­ti­vo de Lúa se­rá sem­pre bus­car can­tos máis ven­ce­llos me­llor co país pro­ta­go­nis­ta de ca­da se­sión».

Lo­go do tem­po da froi­ta che­ga­rá o do xo­go. Po­de ser un­ha ma­nua­li­da­de ou cal­que­ra ou­tro xo­go do que to­dos se­xan par­tí­ci­pes can­da ela. Por úl­ti­mo, Lúa com­pro­mé­te­se sem­pre a aga­sa­llar aos asis­ten­tes con al­gún ob­xec­to pro­pio do país vi­si­ta­do. Apar­te des­tas pau­tas, o que pro­me­te sem­pre en to­dos os ca­sos é sor­pre­sas que po­den che­gar en for­ma de can­cións ou ou­tros ob­xec­tos.

Lúa Co­nLu­vas reúne­se cos ne­nos porriñeses na bi­blio­te­ca lo­cal to­dos os xo­ves.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.