«‘Som­bras de lu­na’ é un li­bro que ma­du­rei du­ran­te vin­te anos»

La Voz de Galicia (Vigo) - El Comarcal Vigo - - O BAIXO MIÑO - [M. V. F.]

Opoe­ta ga­le­go afin­ca­do en No­va York Francisco Ál­va­rez, Ko­ki ( A Guar­da, 1957) vén de pu­bli­car un­ha no­va obra bai­xo o tí­tu­lo de Som­bras de lu­na, un poe­ma­rio que su­ce­de a Un neno na emi­gra­ción, o seu an­te­rior tra­ba­llo.

—¿Que vai ato­par o lec­tor en «Som­bras de lu­na»?

—Son 72 poe­mas que re­flic­ten a mi­ña vi­sión de No­va York. É un li­bro on­de ti con­tas as in­xus­ti­zas que ves, as túas ilu­sións... Non é al­go fei­to por ins­pi­ra­ción rá­pi­da, se­nón un li­bro que fun ma­du­ran­do du­ran­te vin­te anos. Moi­tos saen da re­la­ción con ou­tros poe­tas de paí­ses de fa­la his­pa­na co­mo Pe­rú ou Chi­le cos que coin­ci­do alá.

—Ho­xe en día non é doa­do pu­bli­car un li­bro...

—An­dou por moi­tas edi­to­riais sen éxi­to e ao fi­nal foi Pig­ma­leon a que a edi­tou, co­mo xa fi­xe­ra con ou­tros au­to­res ga­le­gos co­mo Fer­nán Ve­llo. Ti­vo que ser en cas­te­lán, iso si.

—Lin­gua á mar­xe, ¿es­tá ta­mén pre­sen­te Ga­li­cia dal­gún xei­to?

—Cla­ro. Ga­li­cia sem­pre es­tá pre­sen­te na mi­ña obra, é inevi­ta­ble que se­xa así. Ade­mais ago­ra pa­so máis tem­po aquí por mo­ti­vos fa­mi­lia­res. Can­do non es­tou, a sau­da­de sem­pre apa­re­ce.

—¿Ten xa al­gún pró­xi­mo pro­xec­to no que es­tea a tra­ba­llar?

—Si, cla­ro, eu an­te to­do con­si­dé­ro­me un obrei­ro da poe­sía. Sem­pre vou gar­dan­do poe­mas, cam­bián­doos se­gun­do cam­bio eu co pa­so do tem­po... Lo­go al­gúns ser­ven e ou­tros que­dan apar­ca­dos, pe­ro al­go en­tre mans no que tra­ba­llar hai sem­pre.

Francisco Ál­va­rez, «Ko­ki», en A Guar­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.