El pin­tor Ma­rio Rodríguez, ho­me­na­jea­do

O artista foi a per­soa eli­xi­da pa­ra o ac­to cí­vi­co no que se re­co­ñe­ce a tra­xec­to­ria dun per­soei­ro des­ta­ca­do da lo­ca­li­da­de; mós­tra­se or­gu­llo­so e sor­pren­di­do de que se pen­sa­se nel

La Voz de Galicia (Vigo) - Especial1 - - Portada - M. V. F.

Aos seus 86 anos, o pin­tor to­mi­ñés Ma­rio Rodríguez Gómez co­men­ta cun enor­me sen­ti­do do hu­mor que iso de ter si­do es­co­lli­do co­mo ho­me­na­xea­do nas Fes­tas do Ali­vio 2017 dá­lle que pen­sar. «¡A ver se vai ser que cren que vou es­ti­rar a pa­ta axi­ña!», ex­cla­ma en­tre gar­ga­lla­das. Bro­mas apar­te, ser a per­soa es­co­lli­da pa­ra que se lle de­di­que o ac­to cí­vi­co co que Tomiño re­co­ñe­ce ca­da ano a un­ha per­so­na­li­da­de des­ta­ca­da da vi­la é un or­gu­llo pa­ra es­te artista que nun­ca pen­sou ver­se ne­sa te­si­tu­ra.

«Vía co­mo ho­me­na­xea­ban a ou­tras per­soas en anos an­te­rio­res e nun­ca se me pa­sou pola ca­be­za que me fo­sen eli­xir a min. Foi un­ha ver­da­dei­ra sor­pre­sa can­do me cha­mou a al­cal­ce­sa pa­ra co­mu­ni­car­mo e fí­xo­me moi­tí­si­ma ilu­sión», lem­bra. Ese día es­ta­rá acom­pa­ña­do por fa­mi­lia­res e ami­gos que se des­pra­za­rán ex­pre­sa­men­te a Tomiño pa­ra com­pa­ña­lo nun mo­men­to tan en­tra­ña­ble. «Pa­ra eles van ser as pri­mei­ras pa­la­bras de agra­de­ce­men­to. Pe­ro non vou le­var na­da es­cri­to. Non son di­so, se­nón que o le­va­rei na ca­be­za e co­mo saia no mo­men­to. Vai ser un­ha oca­sión moi es­pe­cial».

Aín­da que hai quen pen­sa que Ma­rio aban­do­nou por com­ple­to a ac­ti­vi­da­de na que tan­to so­bre­saíu, a reali­da­de é que se­gue pin­tan­do. «A pin­tu­ra foi moi im­por­tan­te na mi­ña vi­da e se­gue sen­do. Pe­ro tes que pin­tar can­do tes ga­nas, can­to es­tás mo­ti­va­do e can­do o sen­tes, por­que se non as cou­sas non sane por moi­to que quei­ras. E iso é o que fa­go ago­ra», re­la­ta.

Se bo­ta a vis­ta atrás, re­me­mo­ra co­mo na súa mo­ci­da­de a súa pri­mei­ra vo­ca­ción era a de ser poe­ta. A raíz de co­ñe­cer a La­xei­ro vol­veu so­bre os seus pa­sos e de­ci­diu orien­tar­se ca­ra ou­tra pers­pec­ti­va da ar­te na que non tar­dou en des­ta­car. Es­ti­vo en con­tac­to du­ran­te os seus anos na emi­gra­ción, así mes­mo, con ou­tras fi­gu­ras des­ta­ca­das co­mo Blan­co Amor, Ne­ru­da ou Ra­fael Al­ber­ti. «Son xen­te da que apren­dín moi­to e que mar­cou de ma­nei­ra im­por­tan­te a mi­ña tra­xec­to­ria», afon­da.

Ta­mén lem­bra de fei­to es­pe­cial a seus pro­xen­to­res, fi­gu­ras esen­ciais na súa vi­da. «Fi­xé­ran­nos xa un­ha ho­me­na­xe a min e a meu pai coin­ci­din­do co aniver­sa­rio do seu fu­si­la­men­to de meu pai es­te mes­mo ano e o úl­ti­mo que es­pe­ra­ba era ou­tra ho­me­na­xe pa­ra min», ad­mi­te. A mor­te do seu pro­xe­ni­tor cam­bio­uno to­do e im­pe­diu­lle ir á Uni­ver­si­da­de. Con­ver­teu­se así nun artista au­to­di­dac­ta que pou­co a pou­co foi or­ga­ni­zan­do al­gun­has ex­po­si­cións e que aca­bou ga­ñán­do­se o pan co­mo pin­tor.

Rodríguez le­va ago­ra un­ha exis­ten­cia tran­qui­la na súa ca­sa de Tomiño en com­pa­ñía dos seus tres cans. Go­za dun­ha vi­da «moi cal­ma, en paz, na glo­ria», des­cri­be. E go­zan­do da súa te­rra co­mo non pui­do fa­cer no exi­lio du­ran­te dé­ca­das nas que vi­viu en Ar­xen­ti­na e In­gla­te­rra. «Que te re­co­ñe­zan no si­tio on­de na­ci­ches sem­pre é es­pe­cial. E máis den­tro dun­has fes­tas que son tan im­por­tan­tes pa­ra es­te po­bo», su­bli­ña. As súas pri­mei­ras lem­bran­zas do Ali­vio son dun­ha ro­ma­ría que pou­co ten que ver co de ho­xe. «Cam­biou moi­to, e a min gus­tá­ba­me máis an­tes. Pe­ro a mo­ci­da­de evo­lu­cio­nou e o im­por­tan­te é que a xen­te o pa­se ben». Co­mo o fa­rá el coa súa ho­me­na­xe.

FOTO GUS­TA­VO RI­VAS

Ma­rio Rodríguez Gómez ten 86 anos e se­gue pin­tan­do can­do a mo­ti­va­ción o acom­pa­ña.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.