Entrevista a la al­cal­de­sa, San­dra Gon­zá­lez

Máis alá do pro­gra­ma de ac­ti­vi­da­des lú­di­cas e re­li­xio­sas, a re­xe­do­ra des­ta­ca o am­bien­te que se vi­ve na vi­la es­tes días con mo­ti­vo das fes­tas máis agar­da­das po­los ve­ci­ños to­do o ano

La Voz de Galicia (Vigo) - Especial1 - - Portada - M. V. F.

As fes­tas de Tomiño te­ñen moi­tos ele­men­tos dis­tin­ti­vos que lles dan ese en­can­to que tan­to fai go­zar á súa po­boa­ción nes­tes días. Pe­ro se ten que que­dar cun ele­men­to que as de­fi­na, a al­cal­de­sa da vi­la, San­dra Gon­zá­lez, teno cla­ro: pa­ra ela o Ali­vio é si­nó­ni­mo de co­vi­ven­cia. Ademais, ex­pli­ca que des­de que co­me­zou o seu man­da­to bus­cou­se un no­vo en­fo­que con ini­cia­ti­vas co­ma o ac­to cí­vi­co co que ca­da ano se ho­me­na­xea a un­ha per­soa re­pre­sen­ta­ti­va.

—Che­gan os días máis agar­da­dos po­los to­mi­ñe­ses. ¿Que re­pre­sen­ta es­ta fes­ta?

—É moi es­pe­cial por­que son os fes­te­xos da pa­troa de Tomiño e to­das as pa­rro­quias se sen­ten iden­ti­fi­ca­das e re­pre­sen­ta­das. To­do o Con­ce­llo úne­se pa­ra ce­le­brar es­tas da­tas xun­tos, a di­fe­ren­za con ou­tras ce­le­bra­cións. Ademais, mar­can o fi­nal do ve­rán, a vol­ta ao co­le. Pa­ra to­dos os ve­ci­ños sig­ni­fi­can moi­to.

—¿Ca­les son as súas pri­mei­ras lem­bran­zas do Ali­vio?

—Lem­bro esa idea de que mar­ca­ban a fin das va­ca­cións e que os ne­nos ti­ña­mos opor­tu­ni­da­de de re­en­con­trar­nos nas fes­tas uns días an­tes. Ta­mén te­ño o re­cor­do de vi­vi­las na ca­sa dos meus pa­dri­ños, no Sei­xo. E te­ño esa idea da mú­si­ca, as bandas, as po­xas, a ti­ra­da de fo­gos... To­das as cou­sas tra­di­cio­nais que pen­so que non de­be­mos per­der.

—Se ti­ve­se que que­dar cun ele­men­to sen o que pen­sa que non se en­ten­de­ría o Ali­vio, ¿cal se­ría?

—Pa­ra min o esen­cial por ri­ba de cal­que­ra ou­tra cou­sa é a con­vi­ven­cia. Di­cía­mo al­guén dou­tro país que non pa­sa por bos mo­men­tos que que sor­te ti­ña­mos de ser quen de con­vi­vir xun­tos nun­ha gran fes­ta sen que ha­xa al­bo­ro­to, en har­mo­nía, en fa­mi­lia. É o máis im­por­tan­te ter esa sen­sa­ción de que es­tás ben, ro­dea­do da túa xen­te.

—¿Co­mo cam­biou a fes­ta des­de que vos­te­de che­gou ao go- berno no ano 2011?

—In­tro­du­ci­mos o ac­to cí­vi­co pre­vio aos re­li­xio­sos da Fes­ta do Ali­vio por­que con­si­de­ra­mos que é im­por­tan­te e po­si­ti­vo ho­me­na­xear, dis­tin­guir e vi­si­bi­li­zar ás per­soas do no­so con­ce­llo. So­mos un­ha so­cie­da­de que, po­lo xe­ral, agra­de­ce moi pou­co, can­do en reali­da­de te­mos xen­te moi va­lio­sa que se de­di­ca á ar­te, que fi­xo cou­sas po­los de­mais. Es­te go­berno qui­xo des­de o pri­mei­ro ano fa­cer un­ha ho­me­na­xe a per­soas que se te­ñan dis­tin­gui­do por un fei­to es­pe­cial, pola súa pro­fe­sio­na­li­da­de ou tra­xec­to­ria de vi­da. É un ac­to xa con­so­li­da­do, que fun­cio­na moi ben. Máis alá di­so, o Con­ce­llo or­ga­ni­za to­da a se­ma­na ac­ti­vi­da­des pa­ra ne­nos e ne­nas pola noi­te pa­ra am­bien­tar fes­ti­va­men­te o cen­tro do po­bo. Apar­te de que te­mos que agra­de­cer á co­mi­sión de fes­tas o tra­ba­llo que rea­li­za du­ran­te to­do o ano pa­ra que poi­da­mos des­fru­tar des­tes días.

—¿De que ma­nei­ra con­vi­ven o com­po­ñen­te re­li­xio­so co me­ra­men­te lú­di­co?

—Os dous son im­por­tan­tes. Hai moi­ta xen­te á que lle mo­ve ese com­po­ñen­te re­li­xio­so, e es­tá moi ben, e ou­tra pa­ra a que sim­ple­men­te son días fes­ti­vos, de con­vi­ven­cia. Xún­tan­se as dúas cou­sas.

—¿Que po­de di­cir do ho­me­na­xea­do des­te ano, Ma­rio Rodríguez Gómez?

—É un pin­tor des­ta­ca­ble na no­sa co­mar­ca, cu­xa obra se po­de­rá des­fru­tar nun­ha ex­po­si­ción es­tes día. Pa­ra moi­ta xen­te é no­va por­que hai anos que non ex­pón. Ademais, po­los seus an­te­pa­sa­dos e o seu com­pro­mi­so re­pre­sen­ta moi­to. Sem­pre le­vou a ga­la ser fi­llo dun re­pre­sa­lia­do fu­si­la­do por de­fen­der a de­mo­cra­cia co­mo Pa­qui­ño Ote­ro, e de Isau­ra Gómez, un­ha mu­ller valerosa que non se vi­si­bi­li­za tan­to co­ma os ho­mes, esa des­gra­za que te­mos na no­sa his­to­ria.

«Únen­se to­das as pa­rro­quias pa­ra ce­le­brar es­tas fes­tas xun­tos»

«O ac­to cí­vi­co dis­tin­gue a per­soas va­lio­sas e dá­lles vi­si­bi­li­da­de»

FOTO GUS­TA­VO RI­VAS

O go­berno que di­ri­xe Gon­zá­lez in­tro­du­ciu cam­bios na fes­ta nos úl­ti­mos anos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.