Entrevista con el con­ce­jal de Cultura

La Voz de Galicia (Vigo) - Especial1 - - Portada - CAR­LOS PON­CE

Ocon­ce­llei­ro de Cultura e Pa­tri­mo­nio de Tui, Eduar­do Frei­ría, fai un cha­ma­men­to a tu­den­ses e fo­rá­neos pa­ra que go­cen dun­has fes­tas pa­tro­nais que con­tan con ac­ti­vi­da­des pa­ra to­dos los pú­bli­cos. En­tre a pro­gra­ma­ción, des­ta­ca a Fes­ta do mei­xón e va­lo­ra a evo­lu­ción po­si­ti­va do even­to nos úl­ti­mos anos.

—¿Que no­vi­da­des pre­sen­tan as Fes­tas de San Tel­mo des­te ano?

—Un­ha no­vi­da­de se­ría a cues­tión or­za­men­ta­ria, que se con­se­guiu re­du­cir man­ten­do a ca­li­da­de das fes­tas, que es­tán de­cla­ra­das de in­tere­se tu­rís­ti­co ga­le­go. Pre­ten­den se­guir man­ten­do ese ni­vel de ca­li­da­de de ca­ra o fu­tu­ro. Un fac­tor im­por­tan­te foi a re­cu­pe­ra­ción da Fes­ta do Mei­xón, adap­ta­da as no­vas cir­cuns­tan­cias so­cio­eco­nó­mi­cas, con un for­ma­to no­vo. Dei­xou­se de la­do a tí­pi­ca car­pa on­de se rea­li­za a ex­hi­bi­ción gas­tro­nó­mi­ca, moi tí­pi­co dos anos no­ven­ta, por ou­tro for­ma­to no que son os res­tau­ran­tes que se ad­hi­ren ao pro­xec­to e rea­li­zan os pra­tos no seu pro­pio es­ta­ble­ce­men­to.

—¿Que sig­ni­fi­ca San Tel­mo pa­ra Tui?

—Un mo­men­to de reunión de fa­mi­lias, de che­ga­da de xen­te fo­ras­tei­ra nun­ha se­ma­na en que tan­to tu­den­ses co­mo xen­te de fo­ra con­se­guen xun­tar­se e go- zar dun­ha das pri­mei­ras fes­tas lo­cais dun­ha en­ti­da­de im­por­tan­te que se ce­le­bran a co­me­zos de ano. A maio­ría das fes­tas en Ga­li­cia con­cén­tran­se no ve­rán, es­pe­cial­men­te en agos­to, e di­ga­mos que Tui da o pis­to­le­ta­zo das fes­tas en abril.

—¿Co­mo evo­lu­cio­nou San Tel­mo den­de hai vin­te anos ata as edi­cións máis re­cen­tes?

—Eu re­cor­do que de pe­queno ti­ña bas­tan­te im­por­tan­cia a fei­ra agrí­co­la-in­dus­trial. A prin­ci­pios dos anos no­ven­ta era un even­to que ache­ga­ba a bas­tan­te xen­te e que foi de­ca­en­do con tem­po ata des­apa­re­cer. Hai un par de anos in­ten­to­use reac­ti­var, con máis ou me­nos acer­to, pe­ro non fun­cio­nou. Hai que reac­ti­va­la do mes­mo xei­to que se fi­xo coa Fes­ta do mei­xón.

—¿Por que nin­guén se po­de per­der as fes­tas de San Tel­mo?

—Por­que é un mo­men­to de en­con­tro de fo­ras­tei­ros e tu­den­ses no que po­de­mos go­zar xun­tos e por­que é das pri­mei­ras fes­tas po­ten­tes que se ce­le­bran no ano en Ga­li­cia.

—¿Cal é o even­to des­tas fes­tas de San Tel­mo ao que nin­guén po­de fal­tar?

—Iso xa de­pen­de dos gus­tos das per­soas. Creo que hai pa­ra to­dos. Or­ques­tras, co­rais que ac­túan pa­ra os maio­res, ac­ti­vi­da­des in­fan­tís, de­por­ti­vas e tra­di­cio­nais co­mo po­de ser a fei­ra ca­ba­lar... Son un­has fes­tas pa­ra to­dos os pú­bli­cos. O con­ce­llei­ro Eduar­do Frei­ría ani­ma a co­ñe­cer Tui a aque­las per­soas que aín­da non ti­ve­ron o gus­to. Con­si­de­ra que nin­guén se po­de per­der as súas es­pec­ta­cu­la­res pai­sa­xes, co cas­co his­tó­ri­co co­mo a gran xoia da co­roa da ca­pi­tal da co­mar­ca do Bai­xo Mi­ño.

—¿Que lle di­ría a al­guén que non co­ñe­ce Tui pa­ra que se ani­me a vi­si­tar a ci­da­de nes­tes días?

—Á mar­xe das fes­tas, é un gran mo­men­to pa­ra co­ñe­cer a ci­da­de. Ten que co­ñe­cer un cas­co his­tó­ri­co que é o se­gun­do máis im­por­tan­te de Ga­li­cia des­pois de San­tia­go de Com­pos­te­la. Que non é un cas­co his­tó­ri­co illa­do, se­non que es­tá in­te­gra­do nun­ha pai­sa­xe cul­tu­ral, a do Mi­ño e Va­le­nça. Un te­rri­to­rio que con­tén un­has ca­rac­te­rís­ti­cas pai­sa­xís­ti­cas, cul­tu­rais e pa­tri­mo­niais ex­cep­cio­nais.

— ¿Ca­les son os gran­des re­cla­mos de Tui a ni­vel cul­tu­ral e tu­rís­ti­co?

—Eu des­ta­ca­ría as pai­sa­xes. Esa pai­sa­xe in­te­gra­do­ra en­tre un cas­co his­tó­ri­co e a ri­bei­ra do Mi­ño e Va­le­nça, que na­ceu na Ida­de Me­dia co­mo con­tras­te de Tui.

«É un gran mo­men­to pa­ra co­ñe­cer a ci­da­de»

FO­TO CAR­LOS PON­CE

O con­ce­llei­ro de Cultura de Tui, Eduar­do Frei­ría

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.