En­tre­vis­ta a la edi­la de Even­tos, Án­ge­la An­tón

Án­ge­la An­tón Con­ce­llei­ra de Even­tos de Re­don­de­la

La Voz de Galicia (Vigo) - Especial1 - - Portada - M. V. F. VI­GO

A edi­la des­ta­ca a im­por­tan­cia dun­ha fes­ta coa que bus­can exal­tar o pro­du­to, pe­ro ta­mén que to­da a ve­ci­ñan­za go­ce me­dian­te ou­tras ac­ti­vi­da­des

Acon­ce­llei­ra de Even­tos de Re­don­de­la, Án­ge­la An­tón, afron­ta a la bor or­ga­ni­za­ti­va da Fes­ta do Cho­co coa res­pon­sa­bi­li­da­de de quen sa­be que ten en­tre mans uns dos even­tos máis im­por­tan­tes da vi­la. O ob­xec­ti­vo que se mar­ca­ron nes­ta oca­sión foi in­cluír no pro­gra­ma pro­pos­tas pa­ra to­dos os pú­bli­cos e que a on­de non che­gue o gus­to cu­li­na­rio po­lo man­xar es­tre­la en torno ao cal xi­ra es­ta ci­ta, o cho­co, si o poi­dan fa­cer as ac­ti­vi­da­des pa­ra­le­las que com­ple­tan o pro­gra­ma e que in­ten­tan das res­pos­ta a to­das as sen­si­bi­li­da­des.

— ¿Co­mo se pre­sen­ta es­ta edi­ción da fes­ta?

—Es­ta­mos con­ten­tos por­que es­te ano a cli­ma­to­lo­xía vai acom­pa­ñar e o bo tem­po é fun­da­men­tal pa­ra que se­xa máis a xen­te que se ache­gue á no­sa vi­la a po­der go­zar des­te even­to. Te­mos to­do pre­pa­ra­do: o cho­co pes­ca­do, a mon­ta­xe da car­pa pa­ra ca­nod che­gue o mo­men­to de em­pe­zar a ce­le­brar a fes­ta. Es­ta­mos to­dos desexan­do que em­pe­ce por fin a ce­le­bra­ción.

— ¿Que pre­vi­sións ma­ne­xan de vi­si­tan­tes e de can­ti­da­de de pro­du­to que se vai ser­vir?

—Es­pe­ra­mos po­lo me­nos re­pe­tir a ci­fra do ano pa­sa­do, que foi dun­has 30.000 per­soas. O cálcu­lo do cho­co é máis com­pli­ca­do, por­que se ser­ve en moi­tas mo­da­li­da­des di­fe­ren­tes e non é na­da fá­cil con­ta­bi­li­za­lo.

—¿É esa gran va­rie­da­de un dos se­gre­dos da fes­ta?

—Si, sen dú­bi­da. Po­des ato­par os cho­cos na súa tin­ta, á pran­cha, en em­pa­na­da, cro­que­tas e moi­tas po­si­bi­li­da­des máis. O ano pa­sa­do, por pri­mei­ra vez, ti­ve­mos fa­xi­tas e ago­ra se­gui­mos in­no­van­do, nes­ta edi­ción vai­se es­trear a piz­za de cho­cos. Un dos en­can­tos é que te ato­pas pra­tos con cho­co que nun­ca pen­sa­ches que ve­rías.

—¿Que di­ría que su­pón es­ta fes­ta pa­ra a lo­ca­li­da­de de Re­don­de­la?

—É im­por­tan­tí­si­mo pa­ra to­dos. Por un­ha par­te es­tá a afluen­cia de vi­si­tan­tes que trae e o seu im­pac­to pa­ra a eco­no­mía, pe­ro por ou­tra ta­mén o com­po- ñen­te de enor­gu­lle­cer­nos dun pro­du­to tan no­so co­ma o cho­co. Pen­so que iso é o máis im­por­tan­te, pa­ra nós o cho­co é co­ma un te­sou­ro.

—¿Ca­les son as súas pri­mei­ras lem­bran­zas des­ta fes­ta?

—Eu te­ño ago­ra mes­mo 31 anos e a fes­ta cum­pre xa 32, así que xa se fa­cía mes­mo an­tes de que na­ce­se. Lém­bro­me des­de sem­pre, de to­da a vi­da, de le­var­me os meus pais a co­mer a em­pa­na­da. ¡Des­de aque­la te­mos moi­tos máis pra­tos!

—¿Que no­vi­da­des pre­sen­ta a edi­ción des­te ano?

—Te­mos a car­pa pa­ra que se poi­da dis­fru­tar da fes­ta con in­de­pen­den­cia do tem­po que fa­ga e nes­ta oca­sión or­ga­ni­za­mos a maio­res ta­lle­res de show co­oking pa­ra que se fa­mi­lia­ri­cen coa co­ci­ña os máis pe­que­nos, así co­ma os adul­tos. Ta­mén con­ta­mos por pri­mei­ra vez co vi­ño do Se­ño­río de So­bral, que é to­da un­ha ga­ran­tía.

—Dan­lle moi­ta im­por­tan­cia a fa­cer un pro­gra­ma con pro­pos­tas pa­ra to­dos os pú­bli­cos, ¿non é así?

—Cla­ro, por su­pos­to. Te­mos esas ac­ti­vi­da­des in­fan­tís e ta­mén van ter moi­to pro­ta­go­nis­mo as cha­ran­gas e as ac­tua­cións mu­si­cais, a idea é que to­do o mun­do poi­da dis­fru­tar e ser par­tí­ci­pe dun­ha fes­ta tan im­por­tan­te pa­ra o po­bo de Re­don­de­la.

—¿Por que eli­xi­ron co­mo pre- goei­ro ao mo­no­lo­guis­ta Ja­vier Va­re­la?

—É un ac­tor que xa ten ac­tua­do va­rias ve­ces na no­sa vi­la con moi boa aco­lli­da. Pro­pu­xé­mos­lle e des­de o prin­ci­pio es­ti­vo en­can­ta­do de vir a acom­pa­ñar­nos. Xa nos adian­tou que es­tá a pre­pa­rar un mo­nó­lo­go moi di­ver­ti­do pa­ra a oca­sión.

—¿Sín­te­se a res­pon­sa­bi­li­da­de á ho­ra de or­ga­ni­zar un­ha fes­ta con tan­ta tra­di­ción en Re­don­de­la?

—Si, é cer­to que su­pón un­ha res­pon­sa­bi­li­da­de moi im­por­tan­te, pe­ro é un tra­ba­llo no que es­tá im­pli­ca­do to­do o equi­po de go­berno, un­ha ta­re­fa co­lec­ti­va. Fa­cé­mo­lo con to­da a ilu­sión, pe­ro si que ta­mén é ver­da­de que sem­pre co me­do a que cal­que­ra cou­sa non saia ben. In­vi­ta­mos a to­do o mun­do a que ve­ña, a que par­ti­ci­pe e dis­fru­te con­nos­co.

«Na fes­ta ato­pas pra­tos con cho­co que nun­ca ima­xi­na­rías»

«Nes­ta fes­ta nos enor­gu­lle­ce­mos dun pro­du­to moi no­so»

An­tón desen­vol­ve la­bo­res de con­ce­llei­ra en Re­don­de­la des­de fi­nais do ano 2016.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.