Mes­tu­ra de ar­tes cos tí­te­res co­mo ne­xo co­mún

La Voz de Galicia (Vigo) - Especial1 - - Festival De Títeres -

Es­tes días en Re­don­de­la dá­se ci­ta a van­gar­da do mun­do dos tí­te­res a ni­vel in­ter­na­cio­nal. Me­dian­te com­pa­ñías ga­le­gas, do res­to de Es­pa­ña e máis va­rios re­pre­sen­tan­tes in­ter­na­cio­nais, po­de­ra­se ver o úl­ti­mo que se es­tá a fa­cer nes­te ám­bi­to. «Non son es­pec­tácu­los clá­si­cos, se­nón que al­gúns de­les mes­tu­ran cir­co, tea­tro e in­clu­so no­vas tec­no­lo­xías», des­cri­be Luis Cres­po.

Xa é un clá­si­co que apro­vei­ten a pre­sen­za de com­pa­ñías de paí­ses co­mo Chi­le que aco­den a ou­tro dos fes­ti­vais máis im­por­tan­tes de tí­te­res de Es­pa­ña, o Ti­ti­ri­mun­di de Se­go­via, pa­ra atrae­los ta­mén ca­da a Re­don­de­la. «Apro­vei­ta­mos a cir­cuns­tan­cia de que xa fan a via­xe, que ten un cus­te moi al­to, e de pa­so ve­ñen aquí», di. Máis aló di­so, o fes­ti­val re­ci­be ca­da ano mul­ti­tu­de de pro­pos­tas de com­pa­ñías in­tere­sa­das en ex­hi­bir o seu tra­ba­llo en Re­don­de­la.

Axu­da dos co­mer­cian­tes

Cres­po des­ta­ca que to­da a ci­da­de se vol­ca co even­to, pe­ro su­bli­ña de xei­to es­pe­cial a im­por­tan­cia da colaboración dos co­mer­cian­tes da vi­la. Máis aló dos re­tra­sos ad­mi­nis­tra­ti­vos que en oca­sións lles me­ten en al­gún que ou­tro atran­co e cos que ti­ve­ron que li­diar no ca­so con­cre­to da pre­sen­te edi­ción, con­tan cun cen­to de co­la­bo­ra­do­res que fan apor­ta­cións vo­lun­ta­rias que re­sul­tan claves pa­ra po­der sa­ca­lo adian­te. A im­pli­ca­ción da ci­da­da­nía coa ini­cia­ti­va é to­tal.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.