Ela so­rría sem­pre

XESÚS ALON­SO MON­TE­RO DE­FI­NE ASÍ Á TRA­XEC­TO­RIA DE MA­RÍA VIC­TO­RIA MO­RENO: «FOI UN ACON­TE­CE­MEN­TO NA HIS­TO­RIA DA CON­CIEN­CIA­CIÓN LIN­GÜÍS­TI­CA E SO­CIAL DE GA­LI­CIA

La Voz de Galicia (Vigo) - Especial1 - - LETRAS GALEGAS - Tex­to Xesús Alon­so Mon­te­ro

Vi­ña de lon­xe, das te­rras es­tre­me­ñas pri­mei­ro e das se­go­via­nas lo­go, te­rras on­de con­for­mou o seu pro­di­xio­so cas­te­lán, o idio­ma que ex­pli­cou e no que ex­pli­cou nas au­las de tres ins­ti­tu­tos ga­le­gos: Lu­go, Vi­la­lon­ga e Pon­te­ve­dra (en dous). Era o cas­te­lán que fun­da­men­tou e en­ri­que­ceu nas cla­ses uni­ver­si­ta­rias de don Dá­ma­so Alon­so e don Ra­fael La­pe­sa, mes­tres da Fi­lo­lo­xía dos que tan­to apren­deu. Un­ha chea de alum­nas e alum­nos ga­ba­ron e ga­ban non só os sa­be­res lin­güís­ti­cos e li­te­ra­rios de Ma­ría Vic­to­ria se­nón ta­mén as vir­tu­des pe­da­gó­xi­cas da­que­la pro­fe­so­ra ver­da­dei­ra­men­te vo­ca­cio­nal e en­tre­ga­da. Por se fo­se pou­co, can­do ex­pli­ca­ba ou can­do pro­nun­cia­ba un­ha con­fe­ren­cia, coida­ba a pro­so­dia, era ri­go­ro­sa na es­co­lla do lé­xi­co e cons­truía as cláu­su­las aten­ta sem­pre ao rit­mo. Ta­mén cer­ti­fi­can moi­tas alum­nas que can­do en­tra­ba en ma­te­ria, di­ser­ta­se so­bre o Qui­xo­te ou so­bre An­to­nio Ma­cha­do, to­dos per­ci­bían que es­ta­ban dian­te «dun ho­me de ben», co­mo ela mes­ma se de­fi­nía.

Pois ben, des­pois da súa ex­pe­rien­cia pro­fe­so­ral e so­cial de Lu­go (1965-1967), Ma­ría Vic­to­ria, ca­da vez máis com­pro­me­ti­da coa cau­sa da lin­gua ga­le­ga (que era, ta­mén, un­ha cau­sa ex­tra-lin­güís­ti­ca), tras­la­da os seus sa­be­res e a súa ac­ti­tu­de fi­lo­ló­xi­ca e es­té­ti­ca ao idio­ma que vai ser o seu úni­co idio­ma li­te­ra­rio des­de 1970, ma­lia que xa ti­ve­ra un éxi­to non des­pre­za­ble, en 1969, con Al­co­res de

Do­nal­var, no­ve­la so­cial en cas­te­lán na que fi­gu­ra un ca­pí­tu­lo moi sig­ni­fi­ca­ti­vo pro­ta­go­ni­za­do, na Me­se­ta, por se­ga­do­res ga­le­gos de fou­ce con­tes­ta­ta­ria. Na pren­sa dos anos 1971-1974 hai ar­ti­gos e no­tas nas que os au­to­res ex­pre­san o seu des­con­cer­to e a súa ad­mi­ra­ción an­te aque­la pro­fe­so­ra de tan ri­go­ro­so e fer­mo­so di­cir nas cla­ses non ofi­ciais de idio­ma ga­le­go, pro­fe­ri­das en Pon­te­ve­dra, Vi­la­gar­cía, Ou­ren­se… en ins­ti­tu­cións que es­ta­ban no pun­to de mi­ra da Po­li­cía, tan­to que, pa­ra in­ti­mi­da­la, en 1973, os xen­dar­mes re­ti­rá­ron­lle o pa­sa­por­te (así as cou­sas, Ma­ría Vic­to­ria non po­de­ría fu­xir a Por­tu­gal e, me­nos, a Bél­xi­ca ou Suí­za). Pe­ro Ma­ría Vic­to­ria se­guiu po­ñen­do cátedra de lin­gua ga­le­ga sem­pre que os go­ber­na­do­res ci­vís non eran moi ob­tu­sos.

«Co­ra­zón vi­ril»

En reali­da­de, a dis­cre­ta pro­fe­so­ra Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno era, pa­ra a Po­li­cía, un­ha pro­vo­ca­ción: mu­ller «de co­ra­zón vi­ril», fo­rá­nea e ac­ti­vis­ta dun apos­to­la­do lin­güís­ti­co que non ti­ña pre­ce­den­tes na his­to­ria da cul­tu­ra ga­le­ga. Is­to foi Ma­ría Vic­to­ria: un acon­te­ce­men­to na his­to­ria da con­cien­cia­ción lin­güís­ti­ca (e so­cial) de Ga­li­cia.

Ago­ra ben, es­ta con­di­ción — tan gran­de e exem­plar— non de­be­ría eclip­sar a va­lía li­te­ra­ria, a au­ten­ti­ci­da­de e a ori­xi­na­li­da­de da súa obra, da súa po­li­fa­cé­ti­ca obra: na­rra­ti­va, en­saio, poe­sía, tra­du­ción e al­gúns es­tu­dos li­te­ra­rios me­mo­ra­bles co­mo o que es­cri­biu en 1985 so­bre os poe­mas ga­le­gos de Lor­ca, ago­ra edi­ta­do por Ga­la­xia. Na prehis­to­ria da na­rra­ti­va in­fan­til ga­le­ga, Ma­ría Vic­to­ria pu­bli­ca Mar adian­te (1973), un­ha pre­sa de con­ti­ños pa­ra ne­nos, ex­tra­or­di­na­rios no seu tem­po, en­gaio­lan­tes. De 1988 é Anag­nó­ri­se, his­to­ria con­ta­da por un ado­les­cen­te co­mo un pro­di­xio­so exer­ci­cio de re­co­ñe­ce­men­to que gus­ta, ca­da vez máis, aos lec­to­res adul­tos. Tan­tas ve­ces re­edi­ta­da, fai­nos pen­sar nas Me­mo­rias dun neno la­bre­go (1961), de Neira Vilas. Son dous re­la­tos que non só ga­ña­ron pa­ra a cau­sa do ga­le­go a mi­les de lec­to­res se­nón, a to­dos eles, pa­ra a cau­sa da lec­tu­ra. Me­nos co­ñe­ci­da é a poe­sía de Ma­ría Vic­to­ria (en par­te, iné­di­ta), au­to­ra de so­ber­bios so­ne­tos amo­ro­sos cons­truí­dos por quen, nas cla­ses, se de­bru­za­ba con in­ten­si­da­de so­bre Gar­ci­la­so, Que­ve­do e Mi­guel Her­nán­dez. Hai un li­bro, Dia­rio

da luz e a som­bra (2004), que é un dos gran­des en­saios das Le­tras ga­le­gas. Trá­ta­se da cró­ni­ca e da re­fle­xión so­bre o seu can­cro de ma­ma, on­de Ma­ría Vic­to­ria es­tá de cor­po en­tei­ro: na súa dor, na súa bon­da­de e xe­ne­ro­si­da­de e nas súas raio­las de es­pe­ran­za.

Foi un­ha mu­ller —un­ha mu­ller ex­tra­ga­le­ga— que cons­truíu un dis­cur­so li­te­ra­rio nun ga­le­go ri­co

e fer­mo­so que ela (au­tó­fo­na, non aló­fo­na) es­cri­bía des­de den­tro, des­de tan den­tro que, arre­dor de 1970, a lin­gua ga­le­ga xa fun­cio­na­ba ne­la co­mo a súa ma­tria idio­má­ti­ca. Nes­te ga­le­go tan coida­do e atei­ga­do de re­cur­sos li­te­ra­rios efi­ca­ces es­cri­biu pá­xi­nas e pá­xi­nas que, dun xei­to ou dou­tro, emi­ten sig­nos que re­ve­lan a bon­da­de da au­to­ra —a súa esen­cial bon­da­de— e a mú­si­ca mo­ral do seu fra­terno es­pí­ri­to re­li­xio­so case he­ré­ti­co no seu tem­po.

La Voz pre­sen­ta ho­xe un li­bro

meu ti­tu­la­do Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno: a proeza da súa vi­da e da

súa li­te­ra­tu­ra. Nel aché­go­me aos te­mas e as­pec­tos aquí es­bo­za­dos con moi­ta máis am­pli­tu­de, de­bi­do, en par­te, a que po­súo da­tos, tex­tos e do­cu­men­tos que ou­tros es­tu­do­sos non po­súen. O meu tra­to de anos e anos, e o da mi­ña fa­mi­lia con ela e cos seus, pu­xo nas mi­ñas mans un ma­te­rial moi va­lio­so. Con­ta­da ou non con es­te ma­te­rial, a bio­gra­fía cí­vi­ca e in­te­lec­tual de Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno é un­ha lu­mi­no­sa no­ve­la exem­plar na que os pro­ble­mas e os in­for­tu­nios non fo­ron un­ha cues­tión me­nor. Pe­ro ela so­rría sem­pre.

Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno de­fi­nía­se a si mes­ma co­mo «un ho­me de ben».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.