O amor e as súas anacro­nías

FRANCISCO CAS­TRO VOL­VE TRAN­SI­TAR CUN­HA FIC­CIÓN QUE SE ASEN­TA NO TE­RRI­TO­RIO DAS RE­LA­CIÓNS SEN­TI­MEN­TAIS E FAINO CUES­TIO­NAN­DO CON SOL­VEN­CIA OS PIA­RES DO CHA­MA­DO AMOR RO­MÁN­TI­CO

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS -

RA­MÓN NI­CO­LÁS | Po­de re­sul­tar doa­do cons­truír ho­xe en día un­ha no­ve­la so­bre o amor, ou tal­vez non, aín­da que o díficil sem­pre se­rá apro­vei­tar os ali­cer­ces de­sa his­to­ria pa­ra al­bis­car­mos a on­de nos le­va per­pe­tuar de­ter­mi­na­das cren­zas xe­ne­ra­li­za­das que te­ñen efec­tos per­ver­sos. So­bre es­te asun­to, e ou­tras cou­sas, ideou Francisco Cas­tro un­ha pro­pos­ta ve­ris­ta e con­tem­po­rá­nea on­de as vi­das de dous per­so­na­xes —Car­la, un­ha mu­ller que sa­cri­fi­cou to­do por na­da, e Cé­sar, un enig­má­ti­co fo­tó­gra­fo—, con­flúen ines­pe­ra­da­men­te tras a apa­ri­ción na ca­sa da pri­mei­ra dun ca­dá­ver, o que a vai abei­ran­do aos pou­cos ca­ra a un­ha to­na­li­da­de de cor­te de­tec­ti­ves­co.

Con to­do, tal­vez os de­van­di­tos Car­la e Cé­sar, a ca­rón dou­tras pre­sen­zas, non cons­ti­túan o fo­co cen­tral des­ta his­to­ria pois, ao meu pa­re­cer, o pro­ta­go­nis­mo re­pou­sa na voz na­rra­ti­va, en­vol­ven­te e ca­ti­va­do­ra, ca­se un de­miúr­go: ela é quen nos con­du­ce, mar­can­do o rit­mo acaí­do nos ca­pí­tu­los que son to­rren­tei­ra e nou­tros de in­ten­si­da­de máis apra­ci­ble, alí on­de exac­ta­men­te que­re que nos si­tue­mos, is­to é, fai­nos vi­vir arreo no mundo das con­xec­tu­ras pa­ra des­viar­nos ou apro­xi­mar­nos á re­so­lu­ción do enig­ma fi­nal, sem­pre so­me­ti­dos á súa von­ta­de. Por ela sa­be­mos, cla­ro é, o que os per­so­na­xes din, re­ve­la o que tan­to Car­la co­ma Cé­sar pen­san e, por ve­ces, os re­cri­mi­na, acon­se­lla, com­pren­de ou dei­xa en evi­den­cia. Aín­da máis, esa voz fai máis trans­pa­ren­te o le­ne fío que se­pa­ra a vi­da da mor­te e, so­bre to­do, ex­hi­be as ra­zóns da re­sis­ten­cia dese con­cep­to anacró­ni­co, pe­ro aín­da tan pre­sen­te, do amor ro­mán­ti­co. Ne­sa voz agro­ma, ás ve­ces, o pro­fe­sor de fi­lo­so­fía que o au­tor non dei­xou de ser, que abra­za a iro­nía can­do é pre­ci­so e nos con­du­ce a que o re­le­van­te é apren­der, se non se sa­be ou se non se pui­do sa­ber, a sen­tir.

JO­SÉ PAR­DO

«AMOR É UN­HA PA­LA­BRA CO­MA OU­TRA CAL­QUE­RA» Francisco

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.