O pai da len­da Ser­pi­co

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS - DIE­GO AMEI­XEI­RAS

Hai moi­tas in­cóg­ni­tas na bio­gra­fía do xor­na­lis­ta e es­cri­tor neior­quino Pe­ter Maas (1929-2001), au­tor de máis dun­ha du­cia de li­bros so­bre cri­mes, co­rrup­tos e ma­fio­sos. Ape­nas se sa­be na­da da súa vi­da pri­va­da (can­do mo­rreu, a fa­mi­lia non qui­xo des­ve­lar a cau­sa do seu fa­le­ce­men­to) e con­tan que na épo­ca en que fa­cía re­por­ta­xes pa­ra o He­rald Tri­bu­ne en Pa­rís, a prin­ci­pios dos 50, adoi­ta­ban con­fun­di­lo cun axen­te dos ser­vi­zos se­cre­tos nor­te­ame­ri­ca­nos. Ins­ta­la­do xa en Man­hat­tan, os que o tra­ta­ron nos seus anos de re­por­tei­ro no Saturday Eve­ning Post, como Tom Wol­fe, ti­ve­ron que ren­der­se ao seu ol­fac­to im­ba­ti­ble pa­ra a in­ves­ti­ga­ción. Con Os pa­peis de Va­la­chi (1969), es­cri­ta a par­tir das re­ve­la­cións que lle fi­xo na ca­dea Joe Va­la­chi (o pri­mei­ro gran arre­pen­ti­do da Co­sa Nos­tra nos EE.UU.), inau­gu­rou o sub­xé­ne­ro da fic­ción ma­fio­sa que con tan­to éxi­to ex­plo­tou Ma­rio Pu­zo. Di­ri­xi­do en 1972 por Te­ren­ce Young, fí­xo­se un es­ti­ma­ble fil­me ba­sea­do no li­bro, con Char­les Bron­son e Lino Ven­tu­ra como pro­ta­go­nis­tas, pe­ro a Maas nun­ca lle pres­tou. Qui­zais co­me­teu o erro de com­pa­ra­lo coa des­co­mu­nal ver­sión d’O pa­dri­ño asi­na­da por Cop­po­la aquel mes­mo ano. O cu­mio da súa tra­xec­to­ria pro­fe­sio­nal al­can­zouno coa co­ñe­ci­da Ser­pi­co (1973), his­to­ria real dun de­tec­ti­ve da po­li­cía de No­va York, Frank Ser­pi­co, que se ne­ga a acep­tar subor­nos e de­nun­cia as prác­ti­cas co­rrup­tas dos seus co­le­gas. Ese re­tra­to dun ho­me digno e hon­ra­do con­ver­teu­se nun fe­nó­meno de ven­das, im­pul­sa­do po­la ver­sión ci­ne­ma­to­grá­fi­ca de Sid­ney Lu­met e a so­ber­bia in­ter­pre­ta­ción de Al Pa­cino que afian­zou o mi­to ao re­dor do per­so­na­xe. Tras uns anos pro­ban­do sor­te coa fic­ción «pu­ra», o Maas re­por­tei­ro vol­veu á in­ves­ti­ga­ción pe­rio­dís­ti­ca con Ma­rie: un­ha his­to­ria ver­da­dei­ra (1983), re­la­to dun­ha fun­cio­na­ria —Sissy Spa­cek pú­xo­lle ca­ra no ci­ne— que se re­be­la con­tra a corrupción ad­mi­nis­tra­ti­va. Nos 90 re­to­mou de no­vo os te­mas ma­fio­sos cun de­bu­xo do ca­po Bull Gra­vano en Un­der­boss (1997), pe­ro cun im­pac­to me­nor ao aca­da­do con Ser­pi­co. A súa de­rra­dei­ra no­ve­la, As ho­ras te­rri­bles (1999), re­creou o res­ca­te dun sub­ma­rino nos pro­le­gó­me­nos da II Gue­rra Mun­dial.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.