Quin­ce te­mas arre­dor do uni­ver­so poé­ti­co de Ma­nuel Ma­ría

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA - SAN­TIA­GO

DO­LO­RES VÁZQUEZ | Se no 2013 o mundo cul­tu­ral e mu­si­cal con­ci­to­use, con di­ver­sos tra­ba­llos e in­clu­so al­bo­ra­das de glo­ria coin­ci­den­tes, po­lo 150.º aniver­sa­rio da pu­bli­ca­ción de Can­ta­res Ga­lle­gos, es­te 2016 ven mar­ca­do por Ma­nuel Ma­ría. O poeta da Te­rra Chá recupérase en pro­xec­tos edi­to­riais como Uxía can­ta a Ma­nuel Ma­ría, que in­clúe un ce­dé gra­va­do ao vi­vo o 6 de ou­tu­bro do con­cer­to po­lo 86.º aniver­sa­rio do es­cri­tor, o deu­ve­dé De amor e can­te­ría e 52 poe­mas de ca­be­cei­ra, un por e pa­ra ca­da semana do ano, que se acom­pa­ñan dun­ha fo­lla de carballo da car­ba­llei­ra de Santa Isa­bel, lu­gar ga­ba­do por Ma­nuel Ma­ría na súa obra.

Máis aló des­te com­pen­dio de coida­da fac­tu­ra pa­ra en­gro­sar as bi­blio­te­cas par­ti­cu­la­res, Uxía can­ta a Ma­nuel Ma­ría con­vér­te­se nun­ha pro­pos­ta que re­co­rre es­ce­na­rios e que a vin­dei­ra semana che­ga ao Tea­tro Prin­ci­pal de Com­pos­te­la. Non é a pri­mei­ra vez que Uxía can­ta le­tras do au­tor chai­re­go, xa o fi­xe­ra en Canto o Cuco, un tra­ba­llo xun­to a Ma­gin Blan­co, pe­ro des­ta re­co­lle ou­tro con­cep­to de es­pec­tácu­lo e o de­fen­de cun­ha du­cia de te­mas que in­clúen tan­to no­vas com­po­si­cións como adap­ta­cións de te­mas em­ble­má­ti­cos como O Ca­rro, que sal­tou ao can­cio­nei­ro po­pu­lar gra­zas ao tra­ba­llo de Fu­xan os Ventos ou o Ma­nual do Per­fec­to Se­ño­ri­to, que po­pu­la­ri­za­ra Ma­ría Ma­nue­la.

An­dan­do a Te­rra, que é o tí­tu­lo des­te pro­xec­to dis­co­grá­fi­co, pre­ten­de ser­vir de es­col­ma dun per­co­rri­do po­los ca­mi­ños, pe­ga­das, com­pro­mi­so coa te­rra e emo­cións que Ma­nuel Ma­ría dei­xou na súa es­cri­ta e é a ho­me­na­xe da pro­pia Uxía nun ano en que Ou­tei­ro de Rei con­vér­te­se no epi­cen­tro da cul­tu­ra ga­le­ga po­lo Día das Le­tras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.