«Na no­sa lin­gua ta­mén é po­si­ble voar al­to»

LE­DI­CIA COS­TAS, PRE­MIO NA­CIO­NAL DE LI­TE­RA­TU­RA INFANTIL Y JU­VE­NIL

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - PORTADA - OLA­LLA SÁN­CHEZ

| Le­di­cia Cos­tas (Vi­go, 1979) re­co­ñe­ce con or­gu­llo que o 2015 foi un ano que non vai es­que­cer, tan­to po­los ga­lar­dóns ob­ti­dos como po­lo emo­cio­nan­te re­ci­bi­men­to co que a aco­lle­ron en máis de cen es­co­las galegas. Men­tres sa­bo

rea o enor­me éxi­to de Es­car­la

ti­na, a co­ci­ñei­ra de­fun­ta, un­ha no­ve­la coa que lo­gra con hu­mor que a mor­te re­sul­te de fá­cil di­xes­tión pa­ra os ne­nos e po­la que ob­ti­vo en ou­tu­bro o Pre­mio Na­cio­nal de Li­te­ra­tu­ra Infantil, a au­to­ra ten a pi­ques de saír do forno a súa pre­cue­la (tí­tu­lo que apa­re­ce des­pois pe­ro que na cro­no­lo­xía é an­te­rior), Es­me­ral­di­na, a pe­que­na de­fun­ta, un­ha obra que ex­pli­ca o fa­le­ce­men­to da pro­ta­go­nis­ta, un­ha es­pe­li­da co­ci­ñei­ra que nes­te ca­so de­be­rá apren­der a ser un­ha pan­tas­ma.

—¿Que lle su­pu­xo a con­ce­sión do Pre­mio Na­cio­nal?

—Cam­bio­ume a vi­da no sen­so de que co­me­zan a con­tar con­ti­go pa­ra pro­xec­tos real­men­te ilu­sio­nan­tes, nos que te­ño moi­ta fe. Ta­mén em­pe­zas a es­tar en es­pa­zos ou fo­ros aos que non ac­ce­de­rías dou­tro xei­to. En maio, por exem­plo, vou ir con­vi­da­da po­lo Ins­ti­tu­to Cer­van­tes e po­la Uni­ver­si­da­de de No­va York a es­ta ci­da­de, un­ha opor­tu­ni­da­de moi emo­cio­nan­te. De to­das for­mas, pa­ra min o me­llor foi que me ou­tor­ga­sen o ga­lar­dón cun­ha no­ve­la es­cri­ta en ga­le­go, o que con­fir­ma que na no­sa lin­gua ta­mén é po­si­ble voar al­to. Des­pois do pre­mio che­gou a in­clu­sión na lis­ta de hon­ra IBBY (In­ter­na­tio­nal Board on Books for Young Peo­ple) o que lle ga­ran­te un­ha gran vi­si­bi­li­da­de no mundo.

—Lo­go do éxi­to de Es­car­la­ti­na, ¿é un re­to aín­da maior atraer de no­vo aos ne­nos cun­ha obra de te­má­ti­ca si­mi­lar e sem­pre di­fí­cil como é a da mor­te?

—Den­de lo­go. Pri­mei­ro, por­que eu que­ría es­cri­bir un li­bro que pui­de­se fun­cio­nar de for­ma in­de­pen­den­te, sen ne­ce­sa­ria­men­te ter li­do o de Es­car­la­ti­na. Ti­ven moi­tas dú­bi­das con am­bos tí­tu­los. O pri­mei­ro pa­re­cía­me ao co­me­zo un­ha obra ab­so­lu­ta­men­te dis­pa­ra­ta­da. Non sa­bía tam­pou­co, ao tra­tar un te­ma tan de­li­ca­do como a mor­te, se con- se­gui­ría trans­mi­tir o que que­ría e, so­bre to­do, di­ver­tir. Aín­da así, ti­ña cla­ro que o hu­mor sem­pre fun­cio­na, ao per­mi­tir­lles aos ne­nos go­zar da lec­tu­ra por me­dio do di­ver­ti­men­to. No de Es­me­ral­di­na era to­do aín­da máis di­fí­cil ao cen­trar­se na mes­ma te­má­ti­ca, pe­ro hai que ti­rar de ima­xi­na­ción e tra­ba­llar moi­to. O pro­ce­so da es­cri­ta pa­ra min é un­ha au­tén­ti­ca mon­ta­ña ru­sa por­que du­bi­do moi­to e ta­mén su­fro. Sen em­bar­go, creo que is­to é ne­ce­sa­rio pa­ra que o tex­to fun­cio­ne e o día que per­da iso, mal imos.

—Aín­da así, un­ha cons­tan­te na súa tra­xec­to­ria é a va­len­tía, con apos­tas como o aco­so es­co­lar. ¿É un­ha obri­ga do es­cri­tor tra­tar te­mas con­tro­ver­ti­dos e des­mi­ti­fi­car ta­bús?

—Pa­ra min, si. Hai que ser va­len­tes na es­cri­ta, intentar fo­men­tar a ca­pa­ci­da­de crí­ti­ca e ache­gar te­mas di­fí­ci­les, a pe­sar de que ha­xa epi­so­dios que po­den re­me­xer ao lec­tor po­la car­ga que te­ñen. Cos máis no­vos pó­de­se, e é ne­ce­sa­rio, abor­dar cal­que­ra con­ti­do, non fa­cér­lle­lo in­vi­si­ble. A cha­ve é o xei­to de con­ta­lo, o re­xis­tro.

—Es­te ano ta­mén pu­bli­ca­rá «Ju­les Ver­ne e a vi­da se­cre­ta das Fem­mes Plan­te», un­ha obra coa que lo­grou en no­vem­bro o Pre­mio La­za­ri­llo. ¿Agar­da­ba o no­vo ga­lar­dón?

—Pa­ra na­da, su­pu­xo a con­sa­gra­ción do ano, cun tí­tu­lo, ade­mais, ta­mén es­cri­to en ga­le­go e am­bien­ta­do no Vi­go do sécu­lo XIX. A mi­ña in­ten­ción con el é ren­der­lle un­ha ho­me­na­xe a Ju­lio Ver­ne e as súas no­ve­las de aven­tu­ras. Ao ter es­ta­do na ci­da­de dúas ve­ces, pa­re­cía­me in­tere­san­te ti­rar dese fío e pre­sen­tar un­ha his­to­ria de ton fan­tás­ti­co so­bre un­has mu­lle­res me­ta­de hu­ma­nas me­ta­de plan­tas. No re­la­to qui­xen in­cluír os in­ven­tos, tan atrac­ti­vos, do es­cri­tor e re­flec­tir o seu ca­ris­ma. Ta­mén se de­fen­de nel ou­tro te­ma in­tere­san­te, que po­de re­sul­tar con­tro­ver­ti­do, como é o amor na ve­llez.

—¿Os pre­mios esí­xen­lle máis?

—Non me de­be pa­sar iso. Hai que dar­lles im­por­tan­cia pe­ro sen per­der a pers­pec­ti­va e ter cla­ro que o úni­co que me de­be preo­cu­par é tra­ba­llar moi­to os tex­tos e nun­ca da­los por re­ma­ta­dos ale­gre­men­te. Tam­pou­co creo que ha­xa un­ha re­cei­ta má­xi­ca de éxi­to. Se es­cri­bi­se así, creo que se­ría un fra­ca­so. O plan que si­go é non ter plan. Te­ño un­ha idea xe­ral do te­ma e des­pois guío­me po­lo meu ins­tin­to e de­dí­co­lle moi­tas ho­ras. Em­pá­po­me de­sa aven­tu­ra e ca­se me ob­se­siono con ela.

—¿Vol­ve­rá ao re­xis­tro adul­to?

—Si, a mi­ña in­ten­ción é es­cri­bir es­te ano un­ha no­ve­la de cor­te realista am­bien­ta­da na épo­ca ac­tual. Te­ño un par de ideas pe­ro se­gu­ro que cam­bia­rán…

—O sec­tor da li­te­ra­tu­ra infantil ga­le­ga go­za de boa saú­de, pe­ro ¿xa che­gou ao cu­mio ou aín­da po­de cre­cer máis?

—É cer­to que vi­vi­mos un mo­men­to ex­ce­len­te pe­ro non creo que che­ga­ra­mos á cús­pi­de. Non nos po­de­mos con­for­mar. Te­mos que se­guir pe­le­xan­do por ter un­ha pre­sen­za moi­to máis só­li­da. Ade­mais, te­mos o hán­di­cap da lin­gua. Que che tra­du­zan se­gue cus­tan­do moi­to. Ás ve­ces pre­gún­tan­che que por que es­cri­bes en ga­le­go, un ter­mó­me­tro da pro­ble­má­ti­ca que xi­ra arre­dor da lin­gua. Eu fun un­ha ne­na es­co­la­ri­za­da en ga­le­go. To­mei con­cien­cia e de­ci­dín es­cri­bir nes­ta lin­gua aos 14 anos. Co sis­te­ma edu­ca­ti­vo que te­mos creo que se­ría di­fí­cil que na ac­tua­li­da­de se vol­ve­se a dar esa si­tua­ción. Aín­da así, e pe­se ás di­fi­cul­ta­des, estamos moi ben con­si­de­ra­dos e a no­sa li­te­ra­tu­ra ten moi­ta ca­li­da­de.

COS MÁIS NO­VOS PÓ­DE­SE, E É NE­CE­SA­RIO, ABOR­DAR CAL­QUE­RA CON­TI­DO, NON FA­CÉR­LLE­LO IN­VI­SI­BLE»

—O edi­tor Ma­nuel Bra­ga­do (Xe­rais) xa fa­la da «xe­ra­ción da es­pe­ran­za». ¿Con­fír­ma­se o sal­to xe­ra­cio­nal?

—So­mos un­ha xe­ra­ción que co­rro­bo­ra que hai moi­to fu­tu­ro pa­ra a li­te­ra­tu­ra ga­le­ga. É ou­tro mo­ti­vo pa­ra es­tar tran­qui­los, pe­ro non po­de­mos es­que­cer que moi­to do éxi­to ac­tual lle­lo de­be­mos a eses gran­des es­cri­to­res que abri­ron ca­mi­ño e que se­guen ache­gan­do moi­to. Eles per­mi­ti­ron que nós for­me­mos par­te da mes­ma ca­dea.

—Vos­te­de coor­di­na a re­vis­ta «Cria­tu­ras», un es­pa­zo de de­ba­te so­bre a li­te­ra­tu­ra infantil. ¿Hai un ba­lei­ro nes­te ei­do?

—Pa­re­cía­nos que fal­ta­ba un pun­to de co­ne­xión, un­ha pu­bli­ca­ción que es­ti­ve­se cen­tra­da no sec­tor e que xun­ta­se a todos os seus ac­to­res. Con to­do, e a pe­sar des­tes in­con­ve­nien­tes, eu in­sis­to e de­fen­do un dis­cur­so po­si­ti­vo, de fe­li­ci­tar­nos po­lo tra­ba­llo co­lec­ti­vo que fa­ce­mos.

XOÁN CAR­LOS GIL

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.