«A vi­da é o sen­ti­do»

MA­RÍA DO CE­BREI­RO CONS­TRÚE UN­HA ME­TÁ­FO­RA DA VI­DA NUN DOS LI­BROS MÁIS SA­LIEN­TA­BLES DA SÚA CELMOSA TRA­XEC­TO­RIA POÉ­TI­CA: «O DE­SER­TO», UN LI­BRO PA­RA LER E TO­CAR

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - [ LETRAS ] - MA­RÍA DO CE­BREI­RO

RA­MÓN NI­CO­LÁS | In­ter­nar­se po­las pá­xi­nas des­te li­bro su­pón un de­sa­fío, un re­to su­xes­ti­vo que con­le­va, im­pli­ci­ta­men­te, pre­dis­por os sen­ti­dos pa­ra ato­par ou­tra cou­sa: al­go, sen dú­bi­da, esi­xen­te mais ase­gu­ro que na­da frus­tran­te; al­go di­fe­ren­te mes­mo no per­co­rri­do crea­ti­vo que ex­hi­biu, até o de ago­ra, Ma­ría de Ce­brei­ro.

E os sen­ti­dos que pri­mei­ro se esi­xen son a vis­ta e o tac­to por mor dese sin­gu­lar «con­ti­nen­te» no que se en­vol­ve: o deseño que Apia­rio ideou in­cor­po­ra un­ha dis­po­si­ción acaí­da ao es­pí­ri­to do li­bro: un­ha in­vi­ta­ción a es­ta­ble­cer un­ha lec­tu­ra pa­re­lla á que se fa­cía co for­ma­to dos de­vo­cio­na­rios: ora­cións que se con­ver­ten aquí en ver­sos pa­ra me­di­tar, pa­ra os que aín­da acre­di­ta­mos na poe­sía. Des­te xei­to ar­ti­cú­la­se un en­con­tro su­xes­ti­vo e ri­caz en­tre a lin­gua­xe ver­bal e a ico­no­grá­fi­ca, ex­plo­ran­do os lí­mi­tes de­sa con­fluen­cia que, nes­te úl­ti­mo ca­so, alu­den á tra­di­ción ci­ne­ma­to­grá­fi­ca e á pic­tó­ri­ca de ins­pi­ra­ción re- li­xio­sa, ago­chan­do sor­pre­sas como es­tam­pas ou pá­xi­nas des­do­bra­das que de­fi­nen un tra­ba­llo editorial es­plén­di­do.

É na di­men­sión ver­bal on­de O de­ser­to adop­ta un dis­cur­so poe­ti­ca­men­te sub­ver­si­vo, abei­ra­do ás se­cuen­cias de ca­rác­ter na­rra­ti­vo con no­tas ao pé do poe­ma, arrou­pán­do­se cun­ha to­na­li­da­de ele­xía­ca e mís­ti­ca. Trans­mí­te­se con lim­pe­za un­ha es­cul­ca vi­ta­lis­ta na­qui­lo que a exis­ten­cia nos doa, mais ta­mén na mor­te e no cor­po: na doen­za, na fe­ri­da, na dor, no san­gue, na pel; na ma­ter­ni­da­de e nas iden­ti­da­des, na soi­da­de e na co­mu­ni­da­de. Con to­do iso erí­xe­se un­ha reflexión to­ta­li­za­do­ra que per­co­rre os es­ta­dios da me­mo­ria e das lec­tu­ras, do vi­vi­do ou ima­xi­na­do, da vi­da sem­pre. Nun poe­ma afír­ma­se que «a vi­da non ten sen­ti­do. A vi­da é o sen­ti­do»: ve­laí o com­pen­dio, tal­vez, do de­ser­to que es­te li­bro, con fon­du­ra, nos apren­de a atra­ve­sar.

BALLESTEROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.