Seis ho­ras de chea com­pos­te­lá con dous ti­pos do máis fres­co

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - [ MÚSICA ] - SAN­TIA­GO

SERXIO GON­ZÁ­LEZ | An­das enredando por un tre­men­do pra­do sen fin en Or­des, tra­tan­do aín­da de asi­mi­lar que un fes­ti­val mes­tu­re no mes­mo es­ce­na­rio a Boi­kot, Bur­ning, aque­les Eu­ro­pe que fo­ron epí­to­me das gue­de­llas con sua­vi­zan­te dos oi­ten­ta, e pa­ra re­ma­tar a fes­ta na­da me­nos que Lo­co­mía. E de sú­pe­to to­pas con es­tes ti­pos. Ca­lor du­ro de ve­rán, o sol aín­da no ceo, e bai­xo un­ha car­pa dous fu­la­nos re­ci­tan os seus ver­sos acom­pa­ña­dos de mú­si­ca de ma­qui­ni­llo men­tres un bo lo­te de per­so­na­xes bai­lan ao seu re­dor. Al­gúns sim­ple­men­te me­nean a ca­be­za, que is­to vai xa pa­ra va­rios días. Un par de ri­mas abondan pa­ra apre­ciar a ca­ta­du­ra do asun­to. «Mo­rren es­tu­dan­tes, pi­po­tes de Ba­rran­tes»; «fes­ta ma­lan­dró­mi­ca, mú­si­ca elec­tró­ni­ca, vas que­dar afó­ni­ca». Aqui­lo acon­te­cía en agos­to do 2011, en pleno Brin­ca­dei­ra, e seis anos des­pois o de­pó­si­to de Ma­lan­dró­me­da se­me­lla se­guir cheo.

De cheas vai pre­ci­sa­men­te a cou­sa, xa que He­vi —fon­tes ben in­for­ma­das ase­gu­ran que che­ga­rá di­rec­to de No­va York— e Cal­dei­ra­da pre­sen­tan ma­ñá, dun­ha soa cou­ce, dous no­vos dis­cos: Ca­da Can Que Lam­ba O Seu Ca­ra­llo e Os Co­ren­ta E Oi­to No­mes Do Inimi­go. Aten­tos á fór­mu­la es­co­lli­da pa­ra a oca­sión po­los hip­ho­pei­ros com­pos­te­láns: un­ha fe­no­me­nal es­mor­ga que co­me­za­rá ás cin­co da tar­de no bar Ol­vi­do pa­ra re­ma­tar pa­sa­da a me­dia noi­te no Ca­chán. Ca­da pa­ra­da des­ta aven­tu­ra de más de seis ho­ras ca­ra á noi­te —A Reixa Ten­da, El Mue­lle, Cal­pe, Mi­ran­da Dis­cos, A Reixa Bar, Bo­rri­qui­ta de Be­lem, Ca­ma­lea, Re­sas, Frag­gle Rock, O Po­zo, Bar To­lo, Her­vor & Fer­vor— se­rá es­ce­na­rio da in­ter­pre­ta­ción dun te­ma. Bo­ni­ta ma­nei­ra de re­ma­tar con cin­co anos de si­len­cio, que de­be­ría po­der es­coi­tar­se den­de ho­xe en Sound­cloud.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.