Fa­cía un sol de ca­ra­llo e ago­ra le­van­tou­se un ven­to do de­mo

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - [ MÚSICA ] - OU­REN­SE

CAR­LOS CRES­PO | Con­fe­sa An­tón Reixa que un­ha dé­be­da pen­den­te que aín­da man­ti­ña co seu pú­bli­co era a de re­vi­si­tar e ac­tua­li­zar o re­per­to­rio his­tó­ri­co dos Re­sen­ti­dos. «Sem­pre fo­mos moi dog­má­ti­cos cos di­rec­tos. Fa­ciá­mo­los o máis se­me­llan­tes po­si­bles aos dis­cos. Nun­ca fo­mos ca­pa­ces de dar­lle un­ha vol­ta ás no­sas can­cións».

Pois ben, aca­bá­ron­se os dog­mas. A vol­ta es­tá máis que da­da. E de que ma­nei­ra. O gru­po máis ve­te­rano do rock ga­le­go, Os Re­sen­ti­dos, xún­ta­se coa máis ve­te­ra­na das ban­das mu­si­cais de Ga­li­cia, A Li­ra de Ri­ba­da­via, pa­ra pre­sen­tar Fai un sol de ca­ra­llo-Sui­te, un con­cer­to que non é se­nón un per­co­rri­do po­lo em­ble­má­ti­co can­cio­nei­ro do gru­po vi­gués, ao que se lle en­ga­den seis te­mas no­vos com­pos­tos pa­ra a oca­sión. «Foi un en­con­tro moi en­tra­ña­ble en­tre dous ex­po­ñen­tes moi dis­tin­tos, pe­ro que se de­mos­trou com­ple­men­ta­rios, da no­sa cul­tu­ra po­pu­lar».

A se­lec­ción dos te­mas a in­cluír non foi cues­tión sin­xe­la. «Din­me con­ta de que, des­pois de trin­ta anos, as can­cións que aguan­ta­ron me­llor o pa­so do tem­po son aque­las cun son máis ra­di­cal e de le­tras máis com­ba­ti­vas», ex­pli­ca o pai das cria­tu­ras.

Adap­ta­las a un­ha so­no­ri­da­de que con­xu­gue a con­tun­den­cia dun­ha ban­da de rock and roll e o swing e os ventos dun­ha big band foi res­pon­sa­bi­li­da­de de Pi­ti Sanz, quen ago­ra se su­ma ta­mén ao plan­tel re­sen­ti­do. «Des­ta con­xun­ción xur­diu un­ha vi­sión das can­cións como máis bal­cá­ni­ca», co­men­ta Reixa.

O con­cer­to se­rá gra­va­do e es­tá pre­vis­ta a súa edi­ción en for­ma­to de ce­dé e deu­ve­dé pa­ra o mes de maio. Des­pois, gru­po e big band em­bar­ca­ran­se nun­ha xi­ra por Ga­li­cia en ple­na tem­pa­da es­ti­val.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.