Moi­tas gra­zas, Xoha­na To­rres

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS • EN GALEGO - TEX­TO: RAMÓN NI­CO­LÁS

lec­tu­ra, sá­be­se ben, po­si­bi­li­ta moi­tas ve­ces des­cu­ber­tas ma­ra­bi­llo­sas, de­sas que dei­xan pou­so pa­ra sem­pre. A mi­ña ex­pe­rien­cia coa obra de Xoha­na To­rres —nun­ca a tra­tei, nun­ca a co­ñe­cín, nun­ca a vin— mo­dú­la­se nun­ha di­rec­ción que tal­vez non se­xa a ha­bi­tual, mais tam­pou­co re­sul­ta pri­va­ti­va. No ano 1988 a pro­fe­so­ra Ma­ría do Car­me Ríos Pa­nis­se exer­cía co­mo pro­fe­so­ra na Fa­cul­ta­de de Fi­lo­lo­xía da USC: nun­ha lis­ta­xe de li­bros de obri­ga­da lec­tu­ra que fa­ci­li­tou ao seu alum­na­do apun­ta­ba o tí­tu­lo A ou­tra ban­da do Íberr, de Xoha­na To­rres. O car­tu­cho ti­ña dúas car­gas: a pri­mei­ra reivin­di­ca­ba o tea­tro, ese xé­ne­ro tan deos­ta­do; a se­gun­da apun­ta­ba á tra­xec­to­ria dun­ha au­to­ra da que ca­se na­da sa­bia­mos.

Tras se­rios atran­cos pa­ra ato­par al­gún exem­plar, pois o li­bro pu­bli­cá­ra­se por Ga­la­xia ca­se vin­te e cin­co anos atrás, con cu­ber­ta e ilus­tra­cións de Xohán Le­do, de­mos con el. A bus­ca pa­gou a pe­na pois aquel li­bri­ño foi fas­ci­nan­te: era po­si­ble tan­ta mo­der­ni­da­de con­cep­tual no tea­tro ga­le­go da­que­la al­tu­ra? Era po­si­ble su­xe­rir tan­tas cou­sas nun­ha es­cri­ta que con­xu­ga­ba á man­ten­ta dis­to­pía e reali­da­de? Era, sen dú­bi­da. Sem­pre é pre­ci­sa a faís­ca pa­ra pren­der o lu­me. Esa faís­ca, ese ac­to de me­dia­ción do que fa­la o pe­da­go­go fran- cés Phi­lip­pe Mei­rieau, re­ga­lóu­no­la Ríos Pa­nis­se. Eu nun­ca lle dei as gra­zas e fá­goo aquí con sin­ce­ri­da­de por­que aque­la in­vi­ta­ción dis­fra­za­da de lec­tu­ra obri­ga­to­ria desatou en min a ne­ce­si­da­de de sa­ber máis dun­ha voz úni­ca que, xa por for­za, se­guín e ad­mi­rei des­de a igual­men­te in­no­va­do­ra no­ve­la Adiós, Ma­ría, pa­san­do po­los li­bros pio­nei­ros na li­te­ra­tu­ra in­fan­til

KO­PA

e xu­ve­nil ata, cla­ro é, a súa poe­sía: de Do sul­co a Ele­xías a Lo­la, quen o du­bi­da, la­te­xa o es­pí­ri­to crea­dor in­dó­mi­to de To­rres de mans dun­ha an­sia re­bor­dan­te de ori­xi­na­li­da­de e per­fec­cio­nis­mo. Por ex­ten­sión, dei­xou un ron­sel no ei­do do ma­xis­te­rio li­te­ra­rio sen ter von­ta­de de ser mes­tra de na­da. E is­to oco­rre moi pou­cas ve­ces.

Se ca­dra po­lo que con­ta­ba, sem­pre que po­do, reivin­di­co a im­por­tan­cia de ler a Xoha­na To­rres. Un cur­so tras ou­tro o alum­na­do de cuar­to da ESO es­trá­ña­se dian­te da lec­tu­ra do cé­le­bre poe­ma Pe­né­lo­pe, in­cluí­do en Tem­po de ría e que re­ma­ta « Eu ta­mén na­ve­gar» . De­se­gui­do ve­ñen as pre­gun­tas: «Que é un orácu­lo?», «quen é Pe­né­lo­pe?, pe­ro hai va­rias Pe­né­lo­pes?». As máis das ve­ces res­pón­den­se sen que eu in­ter­ve­ña e re­sul­ta ma­ra­bi­llo­so asis­tir a eses diá­lo­gos. Ne­ses mo­men­tos gús­ta­me pen­sar que vai ha­ber al­guén, de alí a un tem­po, que ca­mi­ñe po­la vi­da acom­pa­ña­da por es­ta no­va Pe­né­lo­pe que Xoha­na To­rres nos en­si­nou a amar. A poe­sía ta­mén é iso. Ca­mi­ña­rán máis sa­bias, li­bres e in­de­pen­den­tes, cons­cien­tes de quen son gra­zas a un­ha es­cri­to­ra cu­xa vi­da se apa­gou es­te mér­co­res pa­sa­do, pe­ro que la­te­xa con for­za en to­do aqui­lo que re­pou­sa nos seus li­bros.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.