Pe­che en for­ma­to gran­de pa­ra a súa tri­lo­xía do mun­do

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA . CONCIERTO - TEX­TO: DO­LO­RES VÁZ­QUEZ

Un­ha fin de xi­ra en gran for­ma­to é a pro­pos­ta coa que des­pi­de Gua­di Ga­le­go O Mun­do es­tá pa­ra­do, un­ha des­pe­di­da que coin­ci­de tem­po­ral­men­te co avan­ce do seu novo tra­ba­llo Bola de Cris­tal, do que xa pre­sen­tou, co­mo adian­to, Fron­tei­ras. Ese EP con cin­co pe­zas pe­cha un­ha tri­lo­xía, na que es­tán Lúas de ou­tu­bro e agos­to e o Mun­do

es­tá pa­ra­do, coa que es­ta com­po­si­to­ra, que xa ti­ña o re­co­ñe­ce­men­to con ou­tras so­no­ri­da­des, tran­si­tou po­lo pop os úl­ti­mos ca­tro anos con éxi­to e sen com­ple­xos. Se co pri­mei­ro, con te­mas co­mo Ma­triar­cas, con­ver­teu­se nun­ha no­va re­fe­ren­te pa­ra un­ha xe­ra­ción que non ten me­mo­ria bio­ló­xi­ca pa­ra te­la co­mo ico­na do mun­do folk, co se­gun­do lo­grou ca­llar aín­da máis no re­co­ñe­ce­men­to da crí­ti­ca a un­ha pro­pos­ta sen ata­du­ras, e co ter­cei­ro pre­ten­de po­ñer­lle o re­ma­te a un ci­clo do que ago­ra se sa­be que ti­ña da­ta de pe­che. «É co­mo a fin dun­ha eta­pa, que co­me­za con Lúas, que é o mun­do máis da en­so­ña­ción, o pe­tis­co que fa­go en­tre que na­cen os meus fi­llos, des­pois O mun­do

es­tá pa­ra­do é es­te mun­do máis da reali­da­de, da in­cohe­ren­cia, a ne­ce­si­da­de de pa­rar e ve­lo den­de ou­tra óp­ti­ca, e

Bola de cris­tal, que é o mun­do que de­se­xo», re­su­me Ga­le­go so­bre es­ta pro­pos­ta que con­clúe cun for­ma­to de dis­co máis ca­ti­vo. É un ter­cei­ro tra­ba­llo, o cuar­to co­mo so­lis­ta, que man­tén a mes­ma pro­pos­ta mu­si­cal, aín­da que se ca­dra al­go máis arris­ca­da.

«Non vou xi­rar co EP novo», di, e xus­ti­fí­cao po­la gran­de apos­ta des­ta fin de xi­ra, acom­pa­ña­da por un­ha ban­da de 12 mú­si­cos. «Eu fa­go sem­pre a mú­si­ca que me ape­te­ce fa­cer e di­cir, fa­go sem­pre o dis­co que me sae e é cer­to que es­te úl­ti­mo EP com­ple­men­ta eses dous dis­cos, é con­ti­nuís­ta e por iso non que­ro fa­lar dun dis­co só, se­nón de tri­lo­xía, que fa­la do mun­do que me ro­dea e que de­se­xo. Non sei se no se­guin­te fa­rei arro­los ou trans­me­tal», di a mo­do de pu­lla en­tre gar­ga­lla­das.

«Des­pois dis­to pre­ci­so pa­rar pa­ra vol­ver a crear, bus­car ou­tro son e ato­par­me a min nou­tro ca­mi­ño, vou se­guir fa­cen­do mú­si­ca de au­to­ra, pe­ro pre­ci­so pa­rar un pou­co», ad­mi­te, tras uns tra­ba­llos am­pa­ra­dos po­la res­pos­ta do seu pú­bli­co, que sem­pre re­co­ñe­ce co­mo «fiel». «Pre­ci­so un cam­bio, e por iso es­tou coa ilu­sión des­ta fin de xi­ra e de fa­ce­la con es­ta ban­da­za, con cor­das, ven­tos e cin­co de ban­da», ase­gu­ra.

Gua­di Ga­le­go le­va dúas dé­ca­das so­bre os es­ce­na­rios cun­ha tra­xec­to­ria sen erros, in­cues­tio­na­ble e cohe­ren­te. Tra­ba­llou de­fen­den­do li­bre­men­te os es­ti­los po­los que tran­si­tou den­de aque­les co­me­zos con Be­rro­güet­to, un­ha for­ma­ción re­fe­ren­te do folk máis van­gar­dis­ta, a Es­pi­do, no que se acom­pa­ña­ba de Gui­ller­me Fer­nán­dez, un­ha pro­pos­ta a dúo que se am­plia­ría a cuar­te­to bai­xo o no­me de aCa­daCan­to, xun­to a Xabier Díaz e Xo­sé Lois Ro­me­ro. Es­ta com­po­si­to­ra xa fi­xe­ra un­ha in­cur­sión en so­li­ta­rio con Ben­zón, an­tes de abor­dar es­ta tri­lo­xía a que po­ñe­rá fin cun­ha xi­ra que se pre­su­me con pou­cas ci­tas, pe­ro que pon un co­lo­fón po­ten­te den­tro dun mun­do pop en ga­le­go que se­gue es­ca­so de re­pre­sen­tan­tes.

MAR­COS CREO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.