No­vo­ney­ra aín­da ten máis que con­tar­nos

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS | EN GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NICOLÁS

Ma­ni­fes­tar al­go dis­tin­to ou no­vi­do­so res­pec­to do uni­ver­so irre­pe­ti­ble e sen­llei­ro que se trans­mu­ta en pa­la­bra e emo­ción n’Os ei­dos é, pro­ba­ble­men­te, un­ha prác­ti­ca que non con­du­ce a nin­gu­res. Tal­vez non o se­xa tan­to, can­do xa ca­se nos aso­ma­mos ao vin­te ca­bo­dano de No­vo­ney­ra, re­ler ho­xe aquel li­bro, pois sem­pre nos di­rá cou­sas dis­tin­tas; nin tam­pou­co o é lem­brar a re­cen­te re­edi­ción des­te li­bro cru­cial que se aco­lle no se­lo Bi­blio­te­ca de Me­so­po­ta­mia, di­ri­xi­do por An­tón Lo­po e im­pul­sa­do por Chan da Pól­vo­ra Edi­to­ra: un­ha ini­cia­ti­va sin­gu­lar que con­tou co apoio de nu­me­ro­sos con­ce­llos do te­rri­to­rio da Ribeira Sa­cra xun­to con ou­tras en­ti­da­des ins­ti­tu­cio­nais. A voz da poe­ta Ol­ga No­vo é a que pre­ce­de es­ta edi­ción, que in­clúe Os

ei­dos, Os ei­dos II e mais esa saí­da ca­se bio­ló­xi­ca e úni­ca en­tre poe­sía e pin­tu­ra que su­pón Ca­li­gra­mas. No­vo captura evo­ca­cións des­de a me­mo­ria e a poe­sía e re­dac­ta un li­miar ines­que­ci­ble a xei­to de diá­lo­go pre­so­crá­ti­co en­tre aque­la ne­na de Vi­lar­mao que foi ela. A ne­na aso­má­ba­se a un­ha fies­tra e ima­xi­na­ba un ar­co da ve­lla trans­for­ma­do nun­ha xeo­me­tría po­la que des­de O In­cio se po­día ac­ce­der a ou­tra fies­tra se­me­llan­te, si­tua­da ago­ra nun­ha ca­sa de Pa­ra­da do Cou­rel. Ne­se ceo en­tre te­sos cu­mes es­crí­be­se un­ha par­ti­tu­ra per­soal que es­tor­de­ga o sig­ni­fi­ca­do úl­ti­mo das pa­la­bras de No­vo­ney­ra e que se aden­tra no que el sig­ni­fi­cou e sig­ni­fi­ca ho­xe. Por ou­tro la­do, é Emi­lio Araú­xo quen in­cor­po­ra, a xei­to de di­cio­na­rio no­vo­ney­riano, un va­lio­so glo­sa­rio de vo­ces ti­ra­das de tra­ba­llos seus an­te­rio­res que re­ve­lan in­ten­cións, ac­ti­tu­des e opi­nións de No­vo­ney­ra res­pec­to da crea­ción e in­ter­pre­ta­ción d’Os ei­dos e do uni­ver­so que ro­dea O Cou­rel. Des­ta co­da de Araú­xo ex­tra­io só un­ha re­fe­ren­cia tras sen­tir días atrás o mun­do coure­lao: ese lu­gar do que o poe­ta di­cía que os ca­mi­ños par­tían «coma se fo­sen se­res vi­vos».

Re­fí­ro­me á ca­sa por­que des­de ela en­tén­de­se me­llor o mun­do to­do de No­vo­ney­ra: a ca­sa da Fon­te, da Ri­ba­dai­ra ou do Cre­go; a ca­sa das ala­ce­nas en­ca­nas­tra­das; a ca­sa dos si­len­cios, das pre­sen­zas e au­sen­cias, das vo­ces apa­ga­das; a dos ca­dros e dos li­bros que ate­sou­ran a me­mo­ria; a ca­sa do pai, a de Uxío, Ar­tu­ro e Bran­ca, a de El­ba Rei e Oro­za, a de quen a ima­xi­na ta­mén. Per­mi­tí­ron­nos, hos­pi­ta­la­ria­men­te, «to­car­lle as maos ós an­te­pa­sa­dos» que alí ha­bi­tan: ví­mo­los pa­sar dian­te de mans da­das co pre­sen­te e foi ines­que­ci­ble.

N’Os ei­dos es­tá is­to e moi­to máis, ben sa­bi­do é.

SI­RO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.