Que­ce­men­to do mar

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - MEDIO AMBIENTE -

Igual que a no­sa at­mos­fe­ra, ta­mén o mar se quen­ta. Faino, por un­ha ban­da, de for­ma na­tu­ral e cí­cli­ca. É o que su­ce­de, so­bre to­do, co fe­nó­meno cha­ma­do O Neno no océano Pa­cí­fi­co. Pe­ro o que máis preo­cu­pa na ac­tua­li­da­de é o seu que­ce­men­to por mor de cam­bio cli­má­ti­co. Al­go tan gra­ve que a mes­mí­si­ma NASA ad­ver­tiu do seu al­can­ce. Se­gun­do os seus cien­tí­fi­cos, o ni­vel do mar xa subiu oi­to cen­tí­me­tros de me­dia en to­do o pla­ne­ta des­de 1992. E a ten­den­cia é a que si­ga as­cen­den­do. Dé­be­se is­to á maior tem­pe­ra­tu­ra das súas au­gas. Así como o frío as con­trae, a ca­lor ex­pán­deas. E des­xea os cas­que­tes po­la­res. É o que su­ce­deu es­te ano por exem­plo ao sur de Gren­lan­dia: os ma­pas do que­ce­men­to do pla­ne­ta mos­tran como en ca­se to­das par­tes as tem­pe­ra­tu­ras me­dias son su­pe­rio­res ao me­di­do ata ago­ra. Sal­vo ne­sa re­xión oceá­ni­ca. Alí o mar es­tá moi­to máis frío. ¿Por que? Por­que o xeo po­lar es- ta­se des­con­xe­lan­do, e esas au­gas moi frías bai­xan ca­ra ao sur. O problema é que no seu ca­mi­ño van­se ato­par coa cá­li­da co­rren­te do Gol­fo, ese río ma­ri­ño que des­de Amé­ri­ca amor­na as cos­tas eu­ro­peas. Se a in­ter­rom­pe e a cor­ta como un coite­lo, cam­bia­rá o cli­ma do no­so con­ti­nen­te.

Nes­ta web po­des com­pro­bar como que­da­rían as no­sas cos­tas nun­ha subida de tem­pe­ra­tu­ras de en­tre 2 e 4 graos: http:// bit.ly/1NbZL05

KITTY TERWOLBECK

Des­xeo en Gren­lan­dia

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.