Un xo­go sim­bó­li­co, ga­ña o que se atreve a per­der

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA 2 -

1. Di­ví­de­se o gru­po de cla­se en ca­tro sub­gru­pos de cin­co alum­nos ca­da un. 2. A ca­da sub­gru­po en­tré­gan­se­lle dúas car­to­li­nas ta­ma­ño cuar­ti­lla: nun­ha, con ro­tu­la­dor, es­crí­be­se un X ben gran­de, ben vi­si­ble pa­ra to­do o gru­po; nou­tra, un Y igual de gran­de e vi­si­ble a to­do o gru­po. 3. Ca­da sub­gru­po fa­bri­ca 25 pa­pe­li­ños ou bi­lle­tes de 100 eu­ros ca­da un. 4. Ca­da sub­gru­po ten así un ca­pi­tal ini­cial de 2.500 eu­ros en bi­lle­tes de 100 do Ban­co do Xo­go. 5. O ban­co ten ta­mén 2.500 € en bi­lle­tes de 100. 6. Trá­ta­se de que ca­da un dos ca­tro sub­gru­pos te­ñan es­te ob­xec­ti­vo no xo­go: ga­ñar a maior can­ti­da­de de di­ñei­ro po­si­ble e arrui­nar aos de­mais sub­gru­pos e, so­bre to­do, ao ban­co. 7. Pa­ra con­se­gui­lo, ha­be­rá dez opor­tu­ni­da­des de xo­go. En ca­da un­ha de­las, can­do o con­du­tor de gru­po di­ga: «¡Xa!», un por­ta­voz de ca­da sub­gru­po (¡si­mul­ta­nea­men­te os ca­tro!) le­van­ta un dos dous car­tóns: o X ou o Y. 8. O con­du­tor de gru­po ten un­has re­gras de xo­go es­cri­tas (pe­ro se­cre­tas) que obri­ga­rán ao ban­co a pa­gar ou co­brar di­ñei­ro a ca­da sub­gru­po. 9. As re­gras de­tá­llan­se a con­ti­nua­ción. O con­du­tor te­rá que apli­ca­las en ca­da ca­so se­gun­do os car­tóns X ou Y que os sub­gru­pos le­van­ten, pe­ro nun­ca ex­pli­ca­rá por que pa­ga ou per­de: te­rán que ilo de­du­cin­do os sub­gru­pos.

RE­GRAS

4X Ca­da X (ca­da sub­gru­po que a le­van­te) per­de 100 € 3Xe1Y Ca­da X ga­na 100 €. Ca­da Y per­de 300 € 2Xe2Y Ca­da X ga­na 200 € e ca­da Y per­de 200 € 1Xe3Y Ca­da X ga­na 300 € e ca­da Y per­de 100 € 4Y Ca­da Y ga­na 100 €. Se re­pi­ten o ban­co cre­ba

10. Des­pois de ca­da vo­ta­ción e pa­ga­men­to/co­bro de di­ñei­ro, os sub­gru­pos fa­lan un mi­nu­to en­tre si e dis­cu­ten a for­ma de ga­ñar máis di­ñei­ro, le­van­tan­do X ou Y. Des­pois do mi­nu­to, o con­du­tor vol­ve di­cir: «¡Xa!», e se­gue o xo­go. 11. Os xo­gos 5, 8, 10 son es­pe­ciais: o que se ga­ña ou per­de mul­ti­plí­ca­se por 3, 5, 10, res­pec­ti­va­men­te.

Como se ve, o Y per­de sem­pre, me­nos en se saen os ca­tro. Por iso os sub­gru­pos bus­can só o X. É po­si­ble que, con iso, al­gún poi­da ga­ñar ata 7.500 eu­ros, pe­ro os res­tan­tes per­de­rían 2.500. Se todos que­ren ga­ñar, hai que arris­car­se a per­der in­di­vi­dual­men­te pa­ra que ga­ñe to­do o gru­po.

RAWDONFOX

Cu­rio­so ca­len­da­rio pa­ra só 40 anos, que con­tem­pla os anos bi­ses­tos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.