Re­cur­sos e lec­tu­ras pa­ra co­ñe­cer a Ma­nuel Ma­ría

O Día das Le­tras Ga­le­gas do 2016 de­dí­ca­se ao es­cri­tor na­do en Ou­tei­ro de Rei

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Car­los Ocam­po car­los.ocam­po@la­voz.es

Na web da Real Aca­de­mia Ga­le­ga po­de­des bai­xar o discurso de re­cep­ción de Ma­nuel Ma­ría, li­do o 15 de fe­brei­ro do 2003. Non tar­da­mos moi­to en ato­par as dúas cla­ves pa­ra en­ten­der ao poe­ta que a dou­ta ins­ti­tu­ción ce­le­bra es­te ano. A pri­mei­ra es­tá no tí­tu­lo do discurso, «A Te­rra Chá: poe­sía en pai­sa­xe», eé o te­ma da con­fe­ren­cia. A se­gun­da, aos pou­cos de co­me­zar, lo­go de con­fe­sar as súas li­mi­ta­cións co­mo au­to­di­dac­ta e «ga­le­go nor­ma­li­za­do»: «Es­cri­bín por irre­pri­mí­bel afán de co­mu­ni­ca­ción cos meus se­me­llan­tes».

Afán de co­mu­ni­ca­ción que que­dou cla­ro nun­ha das súas pri­mei­ras obras, Mo­rren­do a ca­da in­tre (1952), es­cri­ta nun­ha soa noi­te, frus­tra­do po­la ex­pe­rien­cia de em­pe­zar a es­tu­dar De­rei­to con­tra a súa von­ta­de, á que se im­pu­xe­ra a do seu tío Xo­sé, o pá­rro­co que o cria­ra des­de os 12 anos tra­la mor­te do seu pai. Un xei­to de com­po­ñer, o fa­ce­lo do ti­rón, que se re­pe­ti­ría ou­tras ve­ces máis adian­te.

Mer­los e ru­las, ca­bras pa­cen­tes, abe­llas e li­las que re­co­llen os ra­pa­ces, ven­tos, sou­tos e on­das de agros, vei­gas e pe­ne­dos e o xar­dín de to­xos es­tam­pan as im­pre­sións vi­suais da pai­sa­xe que o can­tor da Te­rra Chá trans­for­ma­rá, fer­mo­sea­da, esa­xe­ra­da po­los ver­sos, en sen­ti­men­tos. De­bu­lla es­tas cla­ves Ma­nuel Ma­ría, xa en­tran­do en ma­te­ria, ao ex­pli­car­se a si mes­mo co­mo «par­te in­se­pa­rá­bel» da pai­sa­xe. Ao igual que o gru­po de poe­tas chai­re­gos que se ex­pre­sa­ron a tra­vés da súa pai­sa­xe na­ti­va, en­tre os que ci­ta máis adian­te a Xo­sé Cre­cen­te Ve­ga, Aqui­lino Igle­sia Al­va­ri­ño e Xo­sé Ma­ría Díaz Castro.

Te­rra Chá (1954) lém­bra­me o sim­bo­lis­mo de An­to­nio Ma­cha­do, a quen ta­mén ci­ta, e a sin­xe­le­za for­mal do se­vi­llano. Al­gúns con­si­de­ran es­te o seu poe­ma­rio máis im­por­tan­te, ma­lia ser un dos pri­mei­ros, por ser o que inau­gu­ra a eta­pa de aper­tu­ra á pai­sa­xe, en com­pa­ñía do va­te dou­tra te­rra pro­di­xio­sa, Uxío No­vo­ney­ra, o can­tor do Cou­rel.

Das múl­ti­ples fa­cia­nas que ofre­ce a poe­sía de Ma­nuel Ma­ría, eu que­do con es­ta, á que de­di­cou es­te discurso de in­gre­so na Aca­de­mia un ano an­tes de mo­rrer. Ben po­de­ría ter es­co­lli­do cal­que­ra ou­tra na súa vas­tí­si­ma ex­ten­sión, pe­ro hai ma­te­rial abon­do fá­cil de ato­par e con­sul­tar na In­ter­net pa­ra com­pren­der as raí­ces da súa for­ma­ción li­te­ra­ria, o seu con­tex­to e as eta­pas, te­má­ti­cas e for­mais, po­las que tran­si­tou o es­cri­tor; a súa vo­ca­ción ga­le­guis­ta e a po­lí­ti­ca; a súa loi­ta a prol da dig­ni­da­de da lin­gua. Ha­be­rá quen pre­fi­ra a súa ver­ten­te exis­ten­cia­lis­ta ou a so­cial, ou a súa poe­sía amo­ro­sa, de­di­ca­da á com­pa­ñei­ra da súa vi­da, Sa­le­ta Goy. Aín­da que é ad­mi­ti­do por moi­tos es­tu­do­sos que o ho­me­na­xea­do es­te ano po­las Le­tras Ga­le­gas tran­si­tou po­las dis­tin­tas eta­pas sen dei­xar nun­ca de re­co­rrer a te­mas e mes­mo for­mas das an­te­rio­res, sen es­que­cer nun­ca a súa ori­xe chai­re­ga.

FO­COS DE SA­BER

Da web da Aso­cia­ción de Es­cri­to­res en Lin­gua Ga­le­ga col­ga a uni­da­de di­dác­ti­ca pa­ra se­cun­da­ria Ma­nuel Ma­ría: fe­rra­dos de co­ra­zón, fa­ne­gas de al­ma, de An­xo Gó­mez e Mer­ce­des Quei­xas:

http://bit.ly/24tu­sTy Ta­mén se po­de bai­xar co­mo PDF úni­co da web da Ca­sa Mu­seo Ma­nuel Ma­ría:

http://bit.ly/23gO9eG Hai, ase­ma­de, na AELG una ver­sión pa­ra pri­ma­ria, de Ma­ría Xo­sé Bra­vo, Ma­ría Cal­vo e Car­me Vi­lla­ri­ño:

http://bit.ly/1Q JIiay Pa­ra a bio­gra­fía de Ma­nuel Ma­ría, a pá­xi­na web da RAG (http://aca­de­mia. gal/le­tras-ac­tual), on­de ta­mén po­de­rá des­car­gar­se o discurso de in­gre­so do que par­ti­mos nes­ta pre­sen­ta­ción:

http://bit.ly/1rq­hQhy É im­pres­cin­di­ble fa­cer un­ha vi­si­ta á súa Ca­sa Mu­seo en Ou­tei­ro de Rei. O me­llor se­ría co­ller o au­to­bús to­da a cla­se, pe­ro te­des a op­ción de fa­ce­la vi­si­ta, ao me­nos vir­tual, nes­te en­de­re­zo:

http://www.ca­sa­mu­seo­ma­nuel­ma­ria.gal/por­ta­da.htm

E nes­te en­de­re­zo do Se­mi­na­rio Galán, ten­des un­ha mo­rea de ac­ti­vi­da­des pa­ra to­dos os ni­veis, pa­ra im­pri­mir e mes­mo pa­ra fa­cer en li­ña:

http://se­mi­na­rio­ga­lan.org/ini­cio/por­ta­da

Ma­nuel Ma­ría con Ar­ca­dio Ló­pez Ca­sa­no­va e Uxío No­vo­ney­ra no Cou­rel

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.