Nin nós nos en­ten­de­mos

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - MEJOR PERIODISTA JUVENIL 2016 - > Ana Ber­mo Sán­chez

O no­so mes­tre de Lin­gua Ga­le­ga e Literatura man­dou­nos fa­cer co­mo tra­ba­llo se­ma­nal du­ran­te o se­gun­do tri­mes­tre ar­ti­gos de opi­nión, e te­ño que di­cir que só ti­ven ga­nas de fa­cer o pri­mei­ro. Tras pro­bar a dar a mi­ña opi­nión so­bre o mun­do, non ti­ven ga­nas de fa­cer nin­gún máis, e de quen é a cul­pa? Mi­ña ou do mes­tre? O mes­tre di­rá que é mi­ña cla­ra­men­te, e en ca­sos co­ma es­te o estudante, é di­cir eu, di­ría que é a do mes­tre. Pe­ro non, sei que a cul­pa é mi­ña.

Ago­ra po­de­mos pen­sar que non te­ño ga­nas de fa­cer es­te tra­ba­llo por­que non te­ño opi­nión e dá­me igual o que su­ce­de ao meu re­dor. Pe­ro se pen­sa­des iso equi­vo­ca­ré­des­vos. Te­ño opi­nións, e adoi­to aca­dar pos­tu­ras fir­mes an­te as cues­tións que se me plan­te­xen. O pro­ble­ma é es­cri­bi­las. As per­soas pa­sa­mos o día pen­san­do so­bre o que nos arro­dea e un sim­ple tra­ba­llo no que tes que pre­sen­tar a túa opi­nión xa é un­ha mo­les­tia que atra­sa as de­mais cou­sas pen­den­tes.

Así que ago­ra, que me amo­so cul­pa­ble, di­rei que is­to non me pa­sa a min soa. Os meus com­pa­ñei­ros da ESO pro­tes­ta­ban can­do des­pois de ler un li­bro ti­ñan que fa­cer o tra­ba­llo so­bre es­te no que se pe­día un­ha aná­li­se das per­so­na­xes e opi­nión per­soal. Un tra­ba­llo que men­tal­men­te xa es­ta­ba fei­to. E non por­que o su­po­ña, se­nón por­que no au­to­bús can­do lles pre­gun­ta­ra po­lo li­bro xa me di­xe­ran que lles pa­re­ce­ra un li­xo. Un­ha opi­nión de ese ca­li­bre ten que vir acom­pa­ña­da dun­ha me­di­ta­ción pre­via so­bre el, o que che pi­den no exa­me, que va­lo­ras que ti­vo de bo, e de ma­lo...? Só é es­cri­bi­lo.

De to­do is­to ti­ro un­ha con­clu­sión cla­ra. Non nos gus­ta fa­cer o que te­mos que fa­cer. A min des­de ben pe­que­ni­ña en­can­tá­ba­me ler, e cal­que­ra cou­sa, pe­ro dei­xei es­ta afec­ción po­las obri­gas es­co­la­res, con­ver­teu­se pa­ra min nun­ha obri­ga en lu­gar dun pra­cer. O meu gus­to po­los li­bros mu­dou can­do ti­ven que ler á for­za «obras li­te­ra­rias» co­ma

Gue­de­llas de se­da e li­ño. E así co­ma coa literatura acon­te­ce con to­do o re­la­cio­na­do coas obri­gas; non nos gus­ta es­tu­dar, aos adul­tos non lles gus­ta ir a tra­ba­llar, os ín­di­ces de lec­tu­ra di­mi­núen... Es­tou com­ple­ta­men­te se­gu­ra de que se se me oco­rre­se fa­cer un ar­ti­go de opi­nión po­la mi­ña con­ta en­can­ta­ría­me fa­ce­lo, e se non ti­vé­se­mos opor­tu­ni­da­de de es­tu­dar e apren­der, es­ta­ría­mos co­ma to­los pro­cu­ran­do, en lu­gar de pro­tes­tar.

En con­clu­sión, nin nós nos en­ten­de­mos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.