«En­trei nun cur­so de po­da e aca­bei ten­do dúas ade­gas»

Un­ha xor­na­da de vin­te e ca­tro ho­ras dá moi­to de si pa­ra Fi­na Ca­ba­lei­ro, fun­cio­na­ria do Ser­gas, nai de tres fi­llos, mu­ller de ma­ri­ñei­ro e pro­pie­ta­ria de dúas ade­gas de vi­ño, un­ha en Ardán (Marín) e ou­tra en Belesar (Chan­ta­da). Xun­to con ou­tros ade­guei­ros d

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS - Su­sa­na Lua­ña

Fi­na Ca­ba­lei­ro vi­ve nun­ha mon­ta­ña ru­sa den­de que hai uns días se fi­xo ofi­cial a con­ce­sión, por par­te da Unión Eu­ro­pea, do se­lo de ca­li­da­de da in­di­ca­ción xeo­grá­fi­ca pro­te­xi­da pa­ra os vi­ños de Ri­bei­ras do Mo­rra­zo, es­for­zo que a vi­ti­cul­to­ra de Marín com­par­tiu con ade­guei­ros da zo­na co­mo Gui­ller­mo Martínez, da ade­ga Os Areei­ros de Vi­la­boa, ou Ser­gio Fer­nán­dez, de Viñas do Mos­tei­ro de Poio. A mar­ca pro­te­xe os cal­dos dos con­ce­llos de Bueu, Can­gas, Marín, Moa­ña, Pon­te­ve­dra, Poio, Re­don­de­la e Vi­la­boa. Fo­ron quin­ce anos de tra­ba­llo aos que Fi­na Ca­ba­lei­ro su­mou­se can­do des­cu­briu que o seu mun­do era o do vi­ño. «En­trei nun cur­so de po­da e aca­bei ten­do dúas ade­gas». Así co­me­zou to­do.

—Can­do e co­mo des­cu­briu a súa pai­xón?

—Ha­bía vi­ñe­dos da va­rie­da­de caí­ño tin­to que era un­ha má­goa que non se pui­de­ran co­mer­cia­li­zar. Foi un­ha loi­ta, pe­ro eu son un­ha per­soa que can­to máis se me pon un­ha ba­rrei­ra dian­te, máis for­za te­ño. Son técnico de la­bo­ra­to­rio no hos­pi­tal Ál­va­ro Cun­quei­ro e is­to é un­ha se­gun­da ac­ti­vi­da­de. Te­ño o meu tra­ba­llo pe­ro sem­pre me cha­ma­ron a aten­ción os vi­ñe­dos; sem­pre fun em­pren­de­do­ra. A mi­ña pri­mei­ra ilu­sión é a mi­ña fa­mi­lia, e lo­go o tra­ba­llo. O pri­mei­ro foi co­mo au­xi­liar de En­fer­me­ría e non pa­rei ata ter a mi­ña pra­za en pro­pie­da­de. E lo­go es­tán as em­pre­sas. Ha­bía uns vi­ñe­dos que xa eran da fa­mi­lia nos que se fa­cía vi­ño pe­ro só pa­ra au­to­con­su­mo, e ou­tros que me dei­xa­ron en her­dan­za e fin­cas que es­ta­ban a mon­te, e res­tau­rá­mo­lo to­do. En­tras nun cur­so de po­da, lo­go nou­tro de pa­trón de plan­ta­ción e mé­tes­te tan­to nes­te mun­do que as tra­bas xa non te frean.

—Que tra­bas?

—Non es­ta­ba­mos am­pa­ra­dos po­la de­no­mi­na­ción de ori­xe Rías Bai­xas; en­ten­do que por ra­zóns po­lí­ti­cas. Can­do em­pe­za­mos, no 2012, os ou­tros ade­guei­ros do Mo­rra­zo xa es­ta­ban tra­ba­llan­do no pro­xec­to da in­di­ca­ción xeo­grá­fi­ca pro­te­xi­da, e acom­pa­ñei­nos en to­do.

—Iso pa­ra Ade­ga Ardán, que xa for­ma par­te de­sa in­di­ca­ción xeo­grá­fi­ca pro­te­xi­da, pe­ro co­mo co­me­zou esa ou­tra aven­tu­ra vi­ti­vi­ní­co­la na Ribeira Sa­cra, tan lon­xe da súa te­rra?

—Foi pre­ci­sa­men­te por non po­der en­trar en Rías Bai­xas. De­mo­rá­ba­se moi­to y xur­diu a opor­tu­ni­da­de de com­prar un­ha ade­ga en Belesar. Nós com­prá­mo­la po­la ubi­ca­ción, e a no­sa sor­pre­sa, can­do en­tra­mos, foi ato­par que ha­bía ba­rrís e cu­bas sen es­trear. Ti­ña to­dos os apei­ros pa­ra fa­cer vi­ño, pe­ro non es­ta­ba fun­cio­nan­do. Iso foi hai tres anos. Son so­cia xun­to cos meus fi­llos de Ade­gas Ardán, que co­mer­cia­li­za as mar­cas Por­ta do Con­de, men­cía; 3 Her­ma­nos, al­ba­ri­ño; e Adol­fi­na, caí­ño tin­to, am­pa­ra­das ago­ra po­la in­di­ca­ción xeo­grá­fi­ca pro­te­xi­da. Na Ribeira Sa­cra es­tá a ade­ga Pi­la­res de Belesar, en Chan­ta­da, que co­mer­cia­li­za Aso­la­ga­dos e da que son pro­pie­ta­ria úni­ca. As bo­te­llas te­ñen un­ha re­pre­sen­ta­ción moi bo­ni­ta por­que, co­mo pa­sa co po­bo de Belesar, can­do es­tá chea non se ve a se­ri­gra­fía, pe­ro se­gun­do se vai con­su­min­do apa­re­ce o muí­ño, a pon­te an­ti­ga de cin­co ba­ses e un­ha ca­bra que re­pre­sen­ta o deus do vi­ño. Te­mos 1,5 hec­tá­reas en ca­da lado e en Ardán co­mer­cia­li­za­mos 6.000 ou 7.000 bo­te­llas ao ano. Ten ca­pa­ci­da­de pa­ra máis, pa­ra 60.000 ou 80.000 bo­te­llas, e es­pe­ra­mos che­gar ago­ra que te­mos a in­di­ca­ción xeo­grá­fi­ca pro­te­xi­da. O deseño das bo­te­llas e das eti­que­tas, co po­bo de Belesar en Aso­la­ga­dos ou os re­tra­tos dos seus fi­llos en 3 Her­ma­nos, é un­ha pro­ba do mi­mo que le adi­ca Fi­na Ca­ba­lei­ro aos seus vi­ños.

—Coi­dar o deseño im­pli­ca coi­dar o pro­du­to, non é cer­to?

—Así é. Coi­da­mos o deseño por­que se coidas a mar­ca, coidas o vi­ño; as eti­que­tas son do Rei Zen­to­lo e pen­so que van gus­tar moi­to. Ta­mén te­mos un enó­lo­go fan­tás­ti­co, Pa­blo Es­té­vez, que é o mes­tre prin­ci­pal dese va­lor. Dúas fir­mas que apor­tan va­lor en­ga­di­do

—Que su­pón pa­ra os vi­ños do Mo­rra­zo a in­di­ca­ción xeo­grá­fi­ca pro­te­xi­da?

—Can­do co­ñe­zo aos ou­tros ade­guei­ros xa ti­ñan ini­cia­do o pro­xec­to. Gui­ller­mo Martínez bus­cou un técnico pa­ra o pre­go de con­di­cións e lo­go hou­bo en­tre­vis­tas coa con­se­llei­ra do Me­dio Ru­ral, Án­xe­les Váz­quez, coa di­rec­to­ra xe­ral de Agri­cul­tu­ra, Be­lén do Cam­po, hou­bo que apro­ba­lo en to­dos os con­ce­llos... E por fin o lo­gra­mos e é moi im­por­tan­te por­que aca­da­mos un se­lo que abre por­tas; non é o mes­mo ven­der un bran­co que un al­ba­ri­ño, por moi boa ima­xe que te­ñan as bo­te­llas.

—Que­da moi­to tra­ba­llo por dian­te?

—Moi­to. Ago­ra o máis im­por­tan­te é ac­tua­li­zar o re­xis­tro vi­ti­vi­ní­co­la por­que hai moi­tos agri­cul­to­res aos que non lles po­des com­prar por non ter o re­xis­tro. A ver se na vin­dei­ra ven­di­ma...

—Por que en­gan­cha tan­to o mun­do do vi­ño?

—Non sa­be­ría ex­pli­ca­lo, pe­ro eu co­llo o co­che e vou a Belesar, e son dúas ho­ras de via­xe, pe­ro che­go alí e pá­sa­se­me tan ben o día... Lo­go vas á fei­ra de Chan­ta­da e ato­pas con tan­tos ami­gos que vi­ven dis­to que é al­go es­pec­ta­cu­lar.

—A súa fa­mi­lia com­par­te o seu en­tu­sias­mo?

—Si, es­ta­mos to­dos moi con­ten­tos. O meu ho­me es­tá em­bar­ca­do, pe­ro can­do es­tá na ca­sa co­la­bo­ra e a fi­lla máis pe­que­na ten 14 anos e fai­lle moi­ta ilu­sión ver­se na bo­te­lla. Os meus fi­llos maio­res te­ñen 26 o ra­paz e 30 ela. Aca­ba de ca­sar e ten que fa­cer a súa vi­da, pe­ro si, es­te é un pro­xec­to no que par­ti­ci­pa e com­pro­mé­te­se to­da a fa­mi­lia.

«Aca­da­mos un se­lo que abre por­tas; non é o mes­mo ven­der un bran­co que un al­ba­ri­ño»

| RA­MÓN LEIRO

Fi­na Ca­ba­lei­ro é fun­cio­na­ria do Ser­gas de pro­fe­sión e un­ha apai­xoa­da dos cal­dos ga­le­gos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.