«Que­ría­mos un mer­ca­do ex­ce­len­te, que lle dese va­lor á ca­li­da­de»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS - M. A.

Nes­tes úl­ti­mos anos, Eurolaton con­se­guiu rein­ven­tar­se. O pro­ce­so non foi sin­xe­lo, re­co­ñe­ce o seu xerente. Por­que foi pre­ci­so ad­qui­rir no­va ma­qui­na­ria, adap­tar a que xa exis­tía e man­ter­se en evo­lu­ción constante. De fei­to, na fá­bri­ca de Cal­das es­tan­se fa­cen­do ago­ra al­gun­has re­for­mas pa­ra po­der dar ca­bi­da a no­vos pro­du­tos.

—Sem­pre ti­ve­ron cla­ro que ti­ñan que cam­biar a súa li­ña de ne­go­cio.

—Den­de o ini­cio pran­te­xa­mos a ne­ce­si­da­de de di­ver­si­fi­car a pro­du­ción, de bus­car ou­tros mer­ca­dos e ou­tras li­ñas de ne­go­cio di­fe­ren­tes á fe­rra­xe. Coma fa­bri­can­tes ti­ña­mos a ca­pa­ci­da­de pro­du­ti­va, por­que sem­pre ti­ve­mos má­qui­nas de úl­ti­ma xe­ra­ción, e per­soal moi cua­li­fi­ca­do. Por iso ti­ña­mos que bus­car al­gún sec­tor que va­lo­ra­se esas for­ta­le­zas. Que­ría­mos un mer­ca­do máis ex­ce­len­te, que lle dese va­lor á ca­li­da­de do pro­du­to.

—E ne­se mer­ca­do con­se­gui­ron che­gar ao máis al­to.

—Es­ta xen­te o que bus­ca é a ex­clu­si­vi­da­de e aí lles vai dar igual pa­gar 50 que 60 por un xo­go de ma­ni­llas. Nós ofre­cé­mos­lle a po­si­bi­li­da­de de dar­lle co­lor, de per­so­na­li­zar to­dos os ar­ti­gos e hai moi pou­ca xen­te que lles poi­da ofre­cer iso mes­mo.

—Iso im­pli­ca cam­bios e adap­ta­cións cons­tan­tes.

—Mer­ca­mos equi­pa­men­tos no­vos e adap­ta­mos os que xa ti­ña­mos. No sec­tor den­tal, por exem­plo, tra­bá­lla­se con ti­ta­nio, que é du­rí­si­mo. Pe­ro asu­mi­mos esa evo­lu­ción por­que vi­mos que ti­ña­mos al­go que apor­tar e que o clien­te fi­nal cho va­lo­ra.

| M. M.

Vi­lla­ver­de é ac­tual­men­te un dos so­cios da em­pre­sa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.