«Fo­ron as em­pre­sas as que nos apun­ta­ron á co­mer­cia­li­za­ción»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS - T. Mon­te­ro

Iván Ro­drí­guez Ver­de é dou­tor en en­xe­ña­ría quí­mi­ca e di­rec­tor téc­ni­co de Icoda, que ga­ñou o pre­mio Ar­gos que con­ce­de a Uni­ver­si­da­de de San­tia­go a no­vos proxectos em­pre­sa­riais.

—Co­mo se che­ga á con­clu­sión de que un re­sul­ta­do de in­ves­ti­ga­ción ten que ser ex­plo­ta­do co­mer­cial­men­te?

—Den­tro do pro­gra­ma Ar­gos for­ma­mos un equi­po de cin­co per­soas de di­fe­ren­tes dis­ci­pli­nas. Eu pui­den par­ti­ci­par no de­sen­vol­ve­men­to da tec­no­lo­xía, por­que fi­xen o dou­to­ra­men­to en en­xe­ña­ría am­bien­tal so­bre es­te te­ma. Tan­to eu co­mo os meus su­per­vi­so­res, Juan Le­ma e Mar­ta Car­ba­llo, ava­lia­mos os re­sul­ta­dos du­ran­te a in­ves­ti­ga­ción e vi­mos que eran moi fa­vo­ra­bles.

—Fi­xe­ron pro­bas pi­lo­to en dúas ins­ta­la­cións.

—Fo­mos pre­sen­tar­lles os re­sul­ta­dos un­ha vez con­cluí­do o pro­xec­to por­que co­la­bo­ra­ran con nós. Amo­sá­mos­lle os re­sul­ta­dos e den­de as em­pre­sas apun­tá­ron­nos que non ha­bía al­go que se pui­de­se co­mer­cia­li­zar. Ese foi o pun­to no que co­me­za­mos a ma­du­rar a idea. Ins­cri­bí­mo­nos no pro­gra­ma Ar­gos pa­ra ver is­to.

—Pa­ra que ser­viu par­ti­ci­par en Ar­gos?

—Do­tou­nos de fe­rra­men­tas pa­ra fa­cer un es­tu­do de mer­ca­do, de­ter­mi­nar se en reali­da­de era via­ble ou non le­var es­te ser­vi­zo que con­tem­pla­ba­mos ao mer­ca­do. Gra­zas a iso crea­mos un plan de ne­go­cio. Des­pois di­so vi­mos que se­ría via­ble e que ache­ga­ría be­ne­fi­cios aos clien­tes den­de o pun­to de vis­ta eco­nó­mi­co e am­bien­tal.

| FIR­MA

Iván Ro­drí­guez Ver­de é o di­rec­tor téc­ni­co de Icoda

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.