El ac­tor Cel­so Pa­ra­da, co­fun­da­dor de Tea­tro do Mor­ce­go, es­tre­na hoy obra en Can­gas

O co­fun­da­dor de Tea­tro do Mor­ce­go sube só ao es­ce­na­rio pa­ra pro­ta­go­ni­zar «Hou­se», a obra que es­trea ho­xe en Can­gas

La Voz de Galicia (Vigo) - Vigo local - - PORTADA - BE­GO­ÑA R. SOTELINO

Que nin­guén se le­ve a en­gano se vai ver un monólogo de Cel­so Pa­ra­da (Moa­ña, 1958) e non ri. Ago­ra ben, ta­mén po­de ser que saia máis con­ten­to do tea­tro que se ía coa idea de ver a un ac­tor em­pa­tan­do un chis­te tras ou­tro. O sa­be­rá acu­din­do ho­xe ás 21.00 ho­ras ao au­di­to­rio de Can­gas, on­de bai­xo a mar­ca de Tea­tro do Mor­ce­go es­trea a obra Hou­se. Se non, ta­mén po­de ve­la ma­ñá, sá­ba­do, á mes­ma ho­ra. O es­pec­tácu­lo é froi­to dun es­for­zo co­la­bo­ra­ti­vo dun­ha equi­pa po­lí­glo­ta.

—¿Co­mo xur­diu es­te pro­yec­to tan in­ter­na­cio­nal?

—É o cuar­to monólogo que fa­go e o di­ri­xe o ca­na­den­se Ke­vin Orr, que tra­ba­lla en Ot­ta­wa. O co­ñe­cín a tra­vés do pro­fe­sor Ma­nuel Gar­cía Martínez, que me de­ra un más­ter na Uni­ver­si­da­de de San­tia­go. Iso foi hai dous anos. Fa­la­mos de fa­cer al­go xun­tos e xur­diu a opor­tu­ni­da­de de mon­tar un­ha obra que par­te dun tex­to dun au­tor ta­mén ca­na­den­se, Da­niel Ma­cI­vor.

—¿Cal é a his­to­ria que con­ta? ¿Ten al­go que ver co Hou­se da se­rie de te­le­vi­sión?

—Non. O pro­ta­go­nis­ta é un ho­me ao que lle vai to­do mal na vi­da, que fai es­for­zos por ato­par un fo­gar e com­par­ti­lo con al­guén. É un pro­xec­to moi con­tem­po­rá­neo.

—É un­ha co­me­dia, pe­ro non de ri­sa, en­tón.

—Non, por­que é un­ha co­me­dia que ema­na da tra­xe­dia. O re­pa­so á súa vi­da é un­ha tra­xe­dia, en to­do ca­so, con tin­tes de hu­mor ne­gro. Pe­ro fi­nal­men­te triun­fa e se li­be­ra dos con­flic­tos pa­ra saír do su­mi­doi­ro e ver a luz men­tres soa un­ha can­ción de Johnny Cash.

—Co­lleu a cos­tu­me de tra­ba­llar con di­rec­to­res de fó­ra.

—Si, é que me in­tere­sa ver dis­tin­tas ma­nei­ras de tra­ba­llar e dis­tin­tas es­té­ti­cas. Un monólogo sem­pre é un desafío por non di­cir que é o maior desafío que po­de afron­tar un ac­tor. Coin­ci­de que sem­pre os fi­xen con di­rec­to­res ex­tran­xei­ros. Mis­te­rio có­mi­co, co que em­pe­cei hai 28 anos, o di­ri­xiu o por­tu­gués Ju­lio Car­do­so; Os pa­tios da me­mo­ria foi adap­ta­do po­lo uru­gua­yo Bernardo Ga­lli, ex­di­rec­tor do Tea­tro Gal­pón de Mon­te­vi­deo; O la­za­ri­llo de Tor­mes, co ta­mén uru­gua­yo An­drés Pa­zos. E ago­ra Hou­se, que é o cuar­to que fa­go. Nes­te ca­so ten que ver con que a com­pa­ñía Tea­tro do Mor­ce­go vai cum­prir 30 anos no 2018. É co­mo re­to­mar o seu na­ce­men­to e vol­ver a fa­ce­ta de ac­tor de pa­peis uni­per­soais, de mo­no­lo­guis­ta tea­tral.

—Non dos que con­tan chis­tes. O ter­mo monólogo, ho­xe, po­de le­var a con­fu­sión

—Xa. Non. É un­ha obra tea­tral na que un ac­tor in­ter­pre­ta un per­so­na­xe. Ten un tex­to moi po­ten­te e ta­mén hai que men­cio­nar ou­tra apos­ta in­tere­san­te. A escritora ga­le­ga Ma­ría Rei­món­dez tra­du­ciu o tex­to e na axu­dan­tía de di­rec­ción es­tá ade­mais a pro­fe­so­ra e escritora In­ma Ló­pez Silva. Fai esa la­bor por­que eu non fa­lo in­glés e pa­ra que ha­xa un­ha co­mu­ni­ca­ción fluí­da un­ha fi­gu­ra así é, nes­te ca­so, im­pres­cin­di­ble pa­ra non per­der ma­ti­ces.

—E nas fa­ses pre­vias, ¿có­mo se co­mu­ni­ca­ban?

—Co­mo se po­día, vía Goo­gle Trans­la­te e cou­sas así, pe­ro pa-

ra as cou­sas im­por­tan­tes as fa­cía­mos a tra­vés de­las.

—¿Quen avan­zou mais na apren­di­za­xe do idio­ma do ou­tro?

—Non ti­ve­mos moi­to tem­po di­so. Che­gou a fi­nais de agos­to e foi moi in­ten­so, aín­da que el ten máis fa­ci­li­da­de pa­ra os idio­mas ca min. Fu­mos ás ve­ces a to­mar al­go á Ta­ber­na do Je­fe, en Can­gas, e fa­la­ba coa xen­te sen pro­ble­ma. A ex­pe­rien­cia foi moi bo­ni­ta. A ver­da­de é que to­das as dos mo­nó­lo­gos que fi­xen o fo­ron, por­que son un re­to e un pra­cer. Coa ida­de dis­fru­tas máis o tea­tro, vas­te fa­cen­do un ani­mal de es­ce­na e é un­ha ne­ce­si­da­de e ese oco o en­che o monólogo. O me­do se per­de, que­da esa ten­sión mí­ni­ma. Eu dis­fru­to es­tan­do só. Ac­tuar con máis xen­te é máis en­tre­ti­do pe­ro a vi­ven­cia é moi dis­tin­ta, ca­se un ritual.

—A pi­ques de cum­prir 30 anos, ¿cal é a si­tua­ción ac­tual de Tea­tro do Mor­ce­go?

—Se­gui­mos vi­vos. So­mos dous os so­cios fun­da­do­res, pe­ro hai moi­tos ac­to­res li­ga­dos ao pro­xec­to. Pa­sa­mos de fa­cer obras con 17 ac­to­res a pro­duc­cións pe­que­nas. Nas cir­cuns­tan­cias ac­tuais, tal co­mo es­tá o tea­tro ga­le­go, va­mos a mon­ta­xes pa­ra le­var a to­das par­tes. É un pa­so atrás que por ou­tra ban­da te de­vol­ve á esen­cia.

—¿O sal­to atrás de que de­pen­de?

—Dos re­cor­tes nos pre­su­pos­tos nos con­ce­llos, da fal­ta de apoio de re­des cul­tu­rais e do IVE, que se re­du­ciu a un 10 % pe­ro nas en­tra­das, non nas pro­duc­cións, que non é o mes­mo, aín­da que axu­da.

JORGE PARRI

Cel­so Pa­ra­da le­va máis de 30 anos nos es­ce­na­rios.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.