A vía xu­di­cial co­mo fór­mu­la máis axei­ta­da

La Voz de Galicia (Vigo) - - A Fondo -

aso­cia­ción ga­le­ga de con­su­mi­do­res e usua­rios Acou­ga na­ceu por afec­ta­dos por pro­du­tos fi­nan­cei­ros que de­ci­di­mos do­tar­nos da fe­rra­men­ta que nos pro­cu­ra­ra, co­mo con­su­mi­do­res e usua­rios, dun­ha in­for­ma­ción co­rrec­ta, o ase­so­ra­men­to axei­ta­do, per­so­na­li­za­do e de pro­xi­mi­da­de, ade­mais da per­so­na­li­da­de xu­rí­di­ca pa­ra exer­cer co­lec­ti­va­men­te a de­fen­sa dos no­sos de­rei­tos.

A pos­tu­ra de Acou­ga na re­cla­ma­ción dos in­tere­ses co­bra­dos de xei­to in­de­bi­do po­la apli­ca­ción da cláu­su­la chan é moi cla­ra: a vía xu­di­cial é o ca­mi­ño.

Acou­ga ten ad­mi­ti­da a trá­mi­te, des­de fe- brei­ro do pa­sa­do ano, un­ha de­man­da co­lec­ti­va por es­te con­cep­to, que se re­sol­ve­rá en bre­ve e fa­vo­ra­ble­men­te, xa que a sen­ten­za do Tri­bu­nal de Xus­ti­za Eu­ro­peo así fa­llou. Ao ser o TXUE un­ha ins­tan­cia su­pe­rior a cal­que­ra xul­ga­do dun Es­ta­do mem­bro, o fa­llo, aten­den­do á xu­ris­pru­den­cia, non po­de ser ou­tro.

Des­de Acou­ga non con­tem­pla­mos as pro­pos­tas ex­tra­xu­di­ciais que es­tán a pro­por des­de o ám­bi­to po­lí­ti­co-fi­nan­ciei­ro co­mo a so­lu­ción axei­ta­da xa que non ga­ran­ten nin a pre­mu­ra nin a to­tal res­ti­tu­ción dos car­tos co­bra­dos in­de­bi­da­men­te. A no­sa ex­pe­rien­cia coas par­ti­ci­pa­cións pre­fe­ren­tes así o ma­ni­fes­ta: men­tres a vía aber­ta da re­cla­ma­ción no Ins­ti­tu­to Ga­le­go de Con­su­mo só deu acu­bi­llo ao 30 % dos afec­ta­dos, e os acor­dos ex­tra­xu- di­ciais su­pu­xe­ron a car­ga de ter que des­con­tar dos car­tos res­ca­ta­dos as co­rres­pon­den­tes mi­nu­tas dos avo­ga­dos por con­ta dos re­cla­man­tes, as re­cla­ma­cións que se fi­xe­ron po­la vía xu­di­cial su­pu­xe­ron a re­cu­pe­ra­ción do 100 % dos car­tos ao te­ñen­se ga­ña­do os xuí­zos en cos­tas, sen­do os ho­no­ra­rios das de­fen­sas abo­na­dos po­las en­ti­da­des fi­nan­cei­ras.

Xa se­xa a tra­vés desa de­man­da co­lec­ti­va, ou a tra­vés de de­man­das in­di­vi­duais, o xei­to de re­cu­pe­rar a can­ti­da­de exac­ta que se lle ade­be­da a ca­da afec­ta­do non é ou­tra que a dun­ha sen­ten­za xu­di­cial. Que non nos ame­dren­ten aos con­su­mi­do­res nin nos en­ga­nen con can­tos de se­rea; in­for­mé­mo­nos, ase­so­ré­mo­nos e re­cla­me­mos na de­fen­sa dos no­sos de­rei­tos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.