«De­be­ria­mos ter un­ha axen­cia pa­ra vin­cu­lar in­ves­ti­ga­ción e do­cen­cia»

Pro­pón un Ins­ti­tu­to de In­ves­ti­ga­ción Edu­ca­ti­va de Ga­li­cia co­mo co­rrea de trans­mi­sión en­tre uni­ver­si­da­de e au­la

La Voz de Galicia (Vigo) - - Galicia - SA­RA CA­RREI­RA RE­DAC­CIÓN / LA VOZ

Pro­fe­sor e in­ves­ti­ga­dor du­ran­te dé­ca­das, Mi­guel Án­gel Santos Re­go é o edi­tor da ter­cei­ra en­tre­ga do in­for­me so­bre In­ves­ti­ga­ción edu­ca­ti­va en Ga­li­cia (20022014), que vén de pu­bli­car Ga­la­xia e que com­ple­ta trin­ta anos (den­de 1989) de es­tu­dos uni­ver­si­ta­rios so­bre os máis va­ria­dos as­pec­tos da do­cen­cia ga­le­ga. Is­to per­mí­te­lle a Santos Re­go ter un­ha vi­sión xe­ral do que acon­te­ce na edu­ca­ción ga­le­ga, e moi­tas ideas pa­ra me­llo­ra­la. —Trin­ta anos ava­lian­do a in­ves­ti­ga­ción edu­ca­ti­va. Que con­clu­sión des­ta­ca­ría? —Non é un tra­ba­llo só meu, se non de 40 in­ves­ti­ga­do­res re­par­ti­dos en do­ce áreas de co­ñe­ce­men­to. E te­mos moi­tas con­clu­sións, cla­ro, pe­ro eu des­ta­ca­ría que a in­ves­ti­ga­ción edu­ca­ti­va ga­le­ga es­tá a un ni­vel no só digno, se non ta­mén im­por­tan­te no mar­co es­pa­ñol e in­ter­na­cio­nal. Ga­li­cia so­bre­sae do con­xun­to do Es­ta­do, te­mos ar­ti­gos nun­ha por­cen­ta­xe moi im­por­tan­te en re­vis­tas de me­dio-al­to re­co­ñe­ce­men­to a ni­vel mun­dial, o que se de­no­mi­na de im­pac­to. Nos úl­ti­mos anos no­tou­se un­ha me­llo­ra nes­te sen­ti­do, moi­tas ve­ces vin­cu­la­da ao fi­nan­cia­men­to [hai que pu­bli­car en re­vis­tas de pres­ti­xio pa­ra op­tar a be­cas e axu­das]. —E por que non os co­ñe­ce­mos os ga­le­gos? —Po­de ser un­ha cues­tión de ca­rác­ter, non gus­ta­mos de pre­su­mir. Fa­lla­mos no mar­ke­ting, pe­ro ago­ra fan­se tra­ba­llos moi in­tere­san­tes. —Di no in­for­me que un país sen in­ves­ti­ga­ción edu­ca­ti­va per­de repu­tación e fai­se de­pen­den­te. —Es­tou con­ven­ci­do do que di­go: aque­les paí­ses que te­ñen máis e me­llor in­ves­ti­ga­ción so­cial e edu­ca­ti­va ofre­cen pa­tróns, ideas, que ser­ven ao sis­te­ma edu­ca­ti­vo á ho­ra de pre­sen­tar pro­gra­mas e plans en sin­to­nía coas prio­ri­da­des que se que­ren mar­car, ade­mais de de­tec­tar de­fi­cien­cias. —Sei­ca ás ve­ces o tra­ba­llo que se fai en in­ves­ti­ga­ción non che­ga á au­la, e vi­ce­ver­sa. —Hai al­gun­ha que si che­ga ou que es­tá fei­ta nas au­las, pe­ro esa é a cues­tión, e ten moi­to que ver coa his­to­ria do te­rri­to­rio. Por iso creo que de­be­ria­mos ter un or­ga­nis­mo pa­ra vin­cu­lar in­ves­ti­ga­ción e prác­ti­ca do­cen­te, un Ins­ti­tu­to de In­ves­ti­ga­ción Edu­ca­ti­va que sir­va de co­rrea de trans­mi­sión en­tre uni­ver­si­da­de e au­la pa­ra que ca­mi­ñen xun­tas. Un ca­ta­li­za­dor das in­ves­ti­ga­cións que ta­mén mar­que prio­ri­da­des en am­bos os dous cam­pos. E pór en mar­cha es­ta axen­cia non é un pro­ble­ma de car­tos. —E un­ha quei­xa fre­cuen­te: o que se fai non se ava­lía cien­ti­fi­ca­men­te e o que se in­ves­ti­ga non cam­bia as cou­sas nos co­le­xios... —De aí a im­por­tan­cia dese ins­ti­tu­to, que re­dun­da­ría en be­ne­fi­cios ex­tra­or­di­na­rios: ne­ce­si­ta­mos un­ha axen­cia que mar­que os ob­xec­ti­vos máis con­cre­tos e os pro­ble­mas reais. —Por on­de cre vos­te­de que ten que ir a in­ves­ti­ga­ción edu­ca­ti­va? —Ó máis im­por­tan­te atin­xe ao éxi­to edu­ca­ti­vo, a ca­li­da­de do pro­fe­so­ra­do, a fa­cer da uni­ver­si­da­de un­ha ins­ti­tu­ción máis edu­ca­ti­va e non tan ins­tru­to­ra e afon­dar nas di­dác­ti­cas apli­ca­das. —Can­do fa­la de «éxi­to edu­ca­ti­vo» se re­fi­re a... —A que to­dos e ca­da un dos apren­di­ces al­can­cen o má­xi­mo do que poi­dan al­can­zar se­gun­do a súas ca­pa­ci­da­des. É pa­ra iso hai que fo­men­tar a ca­li­da­de da es­co­la e a súa equi­da­de. Aín­da que os in­for­mes co­mo PI­SA din que non nos vai mal de to­do, te­mos que me­llo­rar en mo­bi­li­da­de, a apren­di­za­xe de lin­guas, a edu­ca­ción das fa­mi­lias e pe­char a fen­da di­xi­tal.

S. ALON­SO

Santos Re­go ana­li­za os tra­ba­llos ga­le­gos de edu­ca­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.