Ga­lác­ti­cos

La Voz de Galicia (Vigo) - - Galicia - In­ma Ló­pez Sil­va

En Ga­li­cia te­mos un­ha equi­pa de ga­lác­ti­cos máis se­du­to­ra ca eses ra­pa­ces do Real Ma­drid. Sen es­tou­tros ga­lác­ti­cos, eu non se­ría quen son.

Moi­tas ve­ces me dá por pen­sar no que pa­sa­ría se aque­la noi­te non co­ñe­ce­se a Car­los Ca­sa­res. Ho­xe se­ría un­ha gris tra­du­to­ra da ONU sen na­da que ver con es­ta lin­gua máis cá re­mi­nis­cen­cia dun tem­po no que es­cri­bía con­tos. Ou­tras ve­ces ma­tino nos ca­pri­chos da con­fian­za, can­do al­guén te eli­xe e che dá un­ha vi­da. Iso foi pa­ra min Víc­tor Frei­xa­nes, ese ser que aga­ri­ma a máis va­lio­sa das vir­tu­des: ma­lia a súa ba­ga­xe cul­tu­ral e os au­to­ma­tis­mos xe­ra­cio­nais, nun­ca dei­xa de bus­car iso que des­co­ñe­ce, tei­man­do en que aí po­de es­tar a cla­ve da con­ti­nui­da­de, a saú­de e a pro­xec­ción ao mun­do da cul­tu­ra ga­le­ga. A esa in­tui­ción ca­se má­xi­ca dé­bo­lle a mi­ña ca­rrei­ra li­te­ra­ria. E ta­mén un círcu­lo de com­pli­ci- da­des que te­ceu na Editorial Ga­la­xia con­ver­ti­da en fo­gar ao que vol­ver sem­pre.

Desa mes­ma in­tui­ción ta­mén pro­ce­de Fran­cis­co Cas­tro, o ter­cei­ro ga­lác­ti­co des­ta his­to­ria que non é nin a dun­ha es­cri­to­ra nin a dun­ha editorial cal­que­ra, se­nón a da ca­sa da cul­tu­ra ga­le­ga des­de 1950. Por­que di­ri­xir Ga­la­xia non é só li­dar cun­ha em­pre­sa. É ta­mén car­gar cun sím­bo­lo par­ti­cu­lar, di­fí­cil, es­tra­ño: nor­mal­men­te os sím­bo­los non le­van nas al­for­xas quin­ce nó­mi­nas, un al­ma­cén cheo de li­bros, au­to­res que atu­rar, lec­to­res que atraer a un­ha li­te­ra­tu­ra que é un­ha cau­sa e un mer­ca­do. Ve­laí o re­to ga­lác­ti­co ao que se en­fron­ta Fran­cis­co Cas­tro quen, igual ca Ca­sa­res e Frei­xa­nes, é un deses en­tu­sias­tas da vi­da e da cul­tu­ra que se pro­pu­xo ato­par a luz da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga pa­ra sem­pre nas es­tre­las que sem­pre es­cin­ti­lan, por­que os no­sos li­bros fi­can.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.