Fra­ca­sa o gol­pe

La Voz de Galicia (Vigo) - - Opinion - Si­ro

Ogol­pe em­pe­zou a fra­ca­sar por mo­ti­vos es­té­ti­cos. A cá­ma­ra que gra­vou a es­per­pén­ti­ca en­tra­da de Te­je­ro no Con­gre­so, a fa­lli­da cam­ba­de­la ao mi­nis­tro Gu­tié­rrez Mellado, os dis­pa­ros con­tra o tei­to e as or­des que aten­ta­ban con­tra os depu­tados e o idio­ma mos­tra­ron uns sal­va­pa­trias pro­pios dun tea­tro de mo­ni­cre­ques. E sen em­bar­go, pui­do saír ben, ma­lia os in­ten­tos da Ca­sa Real, de al­tos man­dos do Exér­ci­to e do Go­berno pro­vi­sio­nal, por abor­ta­lo.

A se­de de Ra­dio Te­le­vi­sión Es­pa­ño­la na Ca­sa de Cam­po xa fo­ra ocu­pa­da po­lo Re­xe­men­to Vi­lla­vi­cio­sa 14 e a Di­vi­sión Aco­ra­za­da Bru­ne­te, pe­za cla­ve da ope­ra­ción, non to­mou Ma­drid por­que, can­do os ca­rros es­ta­ban dis­pos­tos pa­ra saír, sóu­boo o xe­ne­ral Sáenz de Te­ja­da e ad­ver­tiu ao ca­pi­tán xe­ral Quin­ta­na La­ca­ci. En­tre os dous, con­tra re­lo­xo, cha­ma­ron aos man­dos das uni­da­des e im­pe­dí­rono. O cu­rio­so é que Sáenz de Te­ja­da sou­bo da in­mi­nen­te saí­da da Di­vi­sión Aco­ra­za­da por­que o co­ro­nel San Mar­tín creu que ta­mén el es­ta­ba no gol­pe, e in­for­mouno.

O 23-F fra­ca­sou de­fi­ni­ti­va­men­te can­do Te­je­ro se ne­gou a acep­tar o Go­berno pre­vis­to por Ar­ma­da e im­pe­diu­lle o pa­so á Cá­ma­ra. Nin se­que­ra aten­deu as or­des de Mi­láns pa­ra que o fi­xe­se. El em­pe­zá­rao e el re­ma­touno.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.